Calendario
Ver carrera

Boborás-Nocturno

02/11/2019 18:30 - 21:00

[ Go Back ]

Descripción O Concello de Boborás organizará o sábado 2 de novembro de 2019 o Trail Nocturno de
Boborás. A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o
control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
A proba rexirase polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. HORARIOS, LUGAR DE SAÍDA e META
O Trail Nocturno de Boborás terá os seguintes horarios e lugares de saída/meta:
HORA PROBA DISTANCIA SAIDA META
18:30 h
TRAIL
NOCTURNO
16,1 km aprox.
Ponte da Cruz
(Pazos de Arenteiro)
Polideportivo Municipal
de Boborás
Os participantes no TRAIL NOCTURNO serán trasladados en autobús desde a zona ubicada a
carón do polideportivo municipal do Concello de Boborás ate o punto de SAÍDA ubicado na
parte inferior da Ponte da Cruz a partir das 17:30 horas.
Artigo 2. CATEGORIAS e IDADE MINIMA DE PARTICIPACION
CATEGORIAS INDIVIDUAIS PARA O TRAIL
CATEGORIA DATAS DE NACEMENTO
SENIOR MASC/FMNO De 18 anos cumpridos o día da proba ate máster
MASTER 1 MASC/ FMNO Nados entre 1979 e 1984
MASTER 2 MASC/ FMNO Nados entre 1970 e 1978
MASTER 3 MASC/ FMNO Nados en 1969 e anteriores
ABSOLUTA MASC/FMNO Calquera das categorías anteriores
Artigo 3. PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os participantes
tanto no Trail como na Andaina inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de
Trail Runnning que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As
probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo
cal os deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa
correspondente licencia. Para o resto de participantes suscribirase un seguro licenza de día.
Artigo 4. DISTANCIA E DESNIVEL
 DISTANCIAS:
Trail: 16,10 km aprox.
 DESNIVEL POSITIVO:
Trail: 735 m aprox.
 DESNIVEL ACUMULADO:
Trail: 1115 m aprox.
Artigo 5. INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS
 APERTURA DE INSCRICIONS: xoves 15 de agosto ás 10.00 h
 PECHE DE INSCRICIONS: xoves 31 de outubro ás 23.59 h
 PREZO DA INSCRICION: 11 €
Artigo 6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais poderán recollerse a partir das 16.30 horas no polideportivo municipal de
Boborás (pista polideportiva (no caso de choiva no interior do polideportivo municipal)).
Artigo 7. TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO PUNTO DE SAIDA DO TRAIL
Os participantes serán trasladados desde o polideportivo municipal de Boborás (lugar de
meta) ata as inmediacións da Ponte da Cruz do seguinte xeito:
PROBA HORA DE SAÍDA DOS AUTOBUSES LUGAR DE SAÍDA DOS AUTOBUSES e
DIRECCIÓN
TRAIL A partir das 17.30 horas Polideportivo Municipal de Boborás en
dirección a Pazos de Arenteiro
Artigo 8. PREMIOS e AGASALLOS
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:
 Premios aos 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento.
 Premios aos 3 primeiros clubes da clasificación final do Trail.
 AGASALLO TÉCNICO pola participación no Trail; poderán recollelo xunto o dorsal de
competición antes de coller os autobuses.
_____________________________________________________________________________
A entrega de premios realizarase a partir das 20.45 horas nas inmediacións do polideportivo
municipal do Concello de Boborás ou en caso de choiva, no interior do mesmo.
PREMIOS ECONÓMICOS PARA EQUIPOS
EQUIPOS EQUIPOS MIXTOS IMPORTE PREMIO
TRAIL
1º EQUIPO CLASIFICADO 125,00 €
2º EQUIPO CLASIFICADO 100,00 €
3º EQUIPO CLASIFICADO 75,00 €
4º EQUIPO CLASIFICADO 60,00 €
 PREMIOS ESPECIAIS A EQUIPOS / CLUBES: Darase trofeo aos 3 primeiros equipos
tanto federados como populares (deberán inscribirse coa mesma denominación e igual
indumentaria) e premio en metálico aos 4 primeiros clubes da clasificación do Trail.
Para elo tomarase como referencia os 6 primeiros/as clasificados/as de cada equipo, a
suma dos seus postos (no caso de empate tomarase como referencia o 6º/ª mellor
clasificado/a do equipo. Os equipos poderán ser mixtos.
Artigo 8. TRACK DA RUTA:
TRAIL: PROXIMAMENTE
Artigo 9. MATERIAL OBRIGATORIO
Será obrigatorio o uso de luz frontal e teléfono móvil con batería cargada.
Establecerase un control de saída para revisar este material. Ninguén poderá
participar sen este material obrigatorio.
Recoméndase ademáis levar hidratación propia, inda que non será obrigatorio pois a
organización establecerá un punto de avituallamento intermedio e outro en meta.
Artigo 10. SERVIZO DE DUCHAS
Haberá servizo de duchas no polideportivo municipal de Boborás.
Artigo 11. AVITUALLAMENTOS
Haberá 2 puntos de avituallamento no Trail (1 no percorrido aproximadamente na metade, e
outro na meta). Recomendable levar avituallamento propio ou mochila de hidratación:
AVITUALLAMENTO 1: LÍQUIDO e SOLIDO KM 8 APROX.
AVITUALLAMENTO META: LÍQUIDO E SÓLIDO META
Artigo 12. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis tarde
de 30’ despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para
probas de Trail Running.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os
participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara,
baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle
permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da
devandita responsabilidade. A organización dispón dun Seguro de Accidentes e
Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

[ Go Back ]