Calendario
Info da proba

Rianxo

11/08/2019 10:30 - 14:00
Regulamento IV TRAIL SUBIDA PICO MURALLA – CONCELLO DE RIANXO
Artigo 1.
A Sociedade Deportiva Barbantia Roda, coa colaboración do Concello de Rianxo,
organiza a cuarta edición do TRAIL SUBIDA PICO MURALLA – CONCELLO DE
RIANXO, coa finalidade de promover esta modalidade deportiva. Paralela ao Trail, e co
fin de fomentar hábitos saudables, terá lugar unha andaina non competitiva cun
percorrido similar ao do Trail. O evento non é federado.
Artigo 2.
A proba celebrarase o domingo 11 de agosto de 2019. A distancia é de
aproximadamente 15 km cun desnivel acumulado de 671 m.
Artigo 3. Sedes e Programa
Sede 1.
Pavillón polideportivo de Rianxo
 8 h. Entrega de dorsais andaina e servizo de gardarroupa.
 8:30 h. Saída da andaina na Praza Virxe da Guadalupe.
 9 h. Entrega de dorsais e servizo de gardarroupa.
 10:30 h. Saída neutralizada do trail (Praza Virxe da Guadalupe – Irmáns
Insua – Rinlo )
 14 h. Fin da proba
Vestiarios, duchas, avituallamento final e entrega de trofeos
Sede 2.
Lugar da Ermida (O Araño)
 Avituallamento intermedio.
Sede 3.
Alto do Pico Muralla (O Araño)
 Chegada e traslado á sede 1 ao remate da proba. Servizo gratuíto de
autobús.
Artigo 4. Participación e categorías
Poderán participar todas aquelas persoas que así o desexen, e para poder optar a algún
dos premios será condición indispensable ter rematado a carreira.
Trail: as categorías serán as seguintes (teranse en conta os anos
cumpridos o día do trail).
• Sénior masculino e feminina: 18-40 años.
• Veteranos/as 1 : 41-55 años.
• Veteranos/as 2 : 56 e maiores.
Andaina: categoría única. Poderán participar persoas a partir dos 14 anos (teranse en
conta os anos cumpridos o día da andaina). Entre os 14 e 18 anos precisarase
autorización por escrito dos proxenitores.
Non se permite levar animais de compañía.
Artigo 5. Inscricións
Prazo:
Ata o xoves 8 de agosto de 2019 ás 22 h. Non se aceptarán inscricións fóra de
prazo ou con datos incompletos.
Onde:
emesports.es
Prezo:
Andaina: 3 €.
Trail: 6 €.
Límite prazas: 250 prazas para o trail e 250 para a andaina.
Artigo 6. Clasificación e trofeos
As reclamacións aos resultados oficiais da carreira deberán formularse verbalmente á
Organización, non máis tarde de 10 minutos despois da súa publicación. Todo o non
previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en
vigor para cada caso. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o
descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
Serán motivo de descualificación:
 Correr co dorsal doutra persoa.
 Non estar inscrita na proba e participar nela.
 Realizar a inscrición alterando os datos.
 Non atender as indicacións da organización.
 Manifestarse con conduta antideportiva e/ou contra o medio ou se reitere en
protestas ante a organización.
 Toda participante que non realice o percorrido completo.
 O acompañamento das participantes con vehículos de apoio.
A organización do evento está facultada para retirar, durante a proba, a calquera atleta
que manifeste un mal estado físico por indicación do servizo médico.
Recibirán trofeo :
1. Os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta.
2. Os tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
3. A primeira e primeiro corredor/a local.
4. A corredora e corredor máis veteranos.
Os premios son acumulables, podendo levar mais dun trofeo unha mesma persoa
participante.
Para a andaina non se fará clasificación nin haberá trofeos.
Artigo 7. Servizos
Servizo de gardarroupa
Pavillón polideportivo Municipal de Rianxo
Vestiarios e duchas
Pavillón polideportivo Municipal de Rianxo
Publicación dos resultados
Taboleiro anuncios pavillón polideportivo municipal de Rianxo
emesports.es
Servizo gratuíto de autobús
Desde o Pico Muralla ao pavillón de Rianxo.
Artigo 8. Información
• emesports.es
• concelloderianxo.gal
• facebook do servizo de deportes do Concello de Rianxo
• facebook de Barbantia Roda
Para máis información ou calquera dúbida relacionada coa organización do evento,
poderán chamar aos teléfonos 629869217 (Barbantia Roda) ou no 981866381 (Servizo
de Deportes do Concello de Rianxo).
Artigo 9. Outras consideracións
A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes coas
coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.
A proba conta cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico.
A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así
como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade
(alerta laranxa, IRDI -Índice diario de risco de incendio-. No caso de suspensión
buscarase unha nova data e non se devolverán os cartos da inscrición.
As persoas participantes que, durante o transcurso da carreira/andaina, circulen por fóra
do espazo delimitado polos vehículos de sinalización/monitores para a carreira ou
andaina, considéranse a todos os efectos usuarias normais da vía.
Toda persoa que corra/ande sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da
proba.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do tórax, e non se poderá
facer nel ningunha modificación.
A organización e as persoas colaboradoras non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen as participantes na carreira.