Calendario
Info da proba

Monforte de Lemos

11/08/2019 19:00 - 20:30
Regulamento III MILLA URBANA MONFORTE DE LEMOS
REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Club A Gándara de Monforte organiza a II Milla Urbana Monforte de Lemos. A proba organizarase o vindeiro
Domingo 11 de agosto de 2019, con saída e meta na Rúa Reboredo.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todo os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta
participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2013 e posteriores) 20.00 h 150m
PROMOCIÓN (2010-2012) 19.00 h 1 volta (600m)
SUB 12 (2008-2009) 19.10 h 1 volta (600m)
SUB 14 (2006-2007) 19.20 h 2 voltas (1200m)
SUB 16/18 (2002-2005) 19.20 h 2 voltas (1200m)
SENIOR (2001 e anteriores ata máster) 20.10 h 3 voltas (1609m)
MÁSTER A 35-44 anos 19.30 h 3 voltas (1609m)
MÁSTER B 45-54 anos 19.40 h 3 voltas (1609m)
MÁSTER C +55 anos 19.50 h 3 voltas (1609m)
Artigo 4: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo. (poremos o enlace da
páxina web de inscrición).
• A inscricións pecharase o XOVES día 8 de agosto ás 23:59 horas.
• A inscricións na proba é persoal e intransferible
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en man
da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados para descualificar a
calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para
a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo. (poremos o enlace da
páxina web de inscrición)
Os dereitos de inscrición serán GRATUÍTOS.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de
empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado,
e neste caso facilitarase o número de licenza e o club.
Artigo 6: Retirada de Dorsais:
Os dorsais retiraranse o día da proba na zona habilitada na Rúa Reboredo ata 45’ antes da saída de cada proba.
Artigo 7: Premios:
• Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos.
• Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría
nin se farán clasificacións.
• Nas categorías de PROMOCIÓN-SUB12-SUB14-SUB16/18 darase medalla a todos os participantes, así
como trofeo aos tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
• A entrega de premios será aproximadamente, ás 20.20h.
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Vestiarios, baños e duchas no campo de fútbol a escasos metros do circuíto.
3. Roupeiro, os participantes poderán deixar no local de recollida dos dorsais a roupa, que será custodiada por
voluntarios da organización.
4. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan
convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Artigo 9: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que
cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa
da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a
compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza
de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o
interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito
ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Organiza: Club A Gándara de Monforte
.Colaboran: Concello de Monforte de Lemos, La Caixa, Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo)