Calendario
Ver carrera

Malpica

07/09/2019 18:00 - 19:30

[ Go Back ]

Descripción 1.- FINALIDADE DA IV CARREIRA PEDESTRE DO CONCELLO DE MALPICA
SABADO 7 de SETEMBRO
O obxectivo da IV Carreira Pedestre do Concello de Malpica é fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen.
A inscrición: Deberán facer unha única inscrición.
• Farase na Plataforma championchip www.championchipnorte.com.A autorización paterna para os menores de idade deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais (o chip terán que devolvelo despois de cada carreira nos espazo habilitados pola organización do Concello).

DISTANCIAS E HORARIOS :
Categorias de base
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Biberon Masculino 2014 e posteriores 100 m 20:10 H
Feminino
Benxamin Masculino 2013-2010 740 m 20:00 H
Feminino
Alevin Masculino 2009-2008 1.250 m 19:50 H
Feminino
Infantil Masculino 2007-2006 2.000 m 19:30 H
Feminino
Cadete Masculino 2005-2004 2.000 m 19:30 H
Feminino

9 K
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Xuvenil Masculino 2003-2002 9.000 m 18:00 H
Feminino
Sénior
Masculino 1977-2001 9.000 m 18:00 H
Feminino
Veteranos M40 Masculino 1970-1978 9.000 m 18:00 H
Feminino
Veteranos M50 Masculino 1969 (incluído) e anteriores 9.000 m 18:00 H
Feminino
2.- PERCORRIDO III Carreira Pedestre Concello de Malpica
a) As Categorias de base terán as súas carreiras no paseo da praia.
Ojo morado A proba 9 K terá un tempo máximo de remate da proba 1h e 30´.
Percorrido: Saída dende a Praza de Anselmo Vilar Amigo (enfrente do Concello), Guardia Pardines, Paseo da Praia, Rúa Canido, Cancela de Areas, Seaia, Estrada á Praia de Seaia, Instituto Urbano Lugris, Estrada de Santo Hadrian ata a Capela, Camiño do Santo, Canido, chegada no Paseo da Praia.
3.- NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE da IV Carreira Pedestre Concello de Malpica
1. A carreira rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes e a lei 10/2017 , de 27 de decembro, de espectácuos públicos e actividades recretativas de Galicia).
2. A proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do Concello correspondente neste caso do Concello de Malpica. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.
3. Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico no caso que superen os 750 participantes.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data axeitada para desenvolvela e non se devolverán os cartos da inscrición.
6. Os atletas que durante o transcurso da proba que circulen por fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía. Pese a que a organización fará o máximo esforzo no control do tráfico rodado, indicamos aos participantes a posibilidade que nalgún punto poidan coincidir cunha circulación mínima de vehículos. Solicitamos que se extreme a atención para mitigar posibles riscos.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva implícita a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo, por esta orde, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A.F. en vigor.M
9. O Concello de Malpica porá a disposición dos participantes na carreira o Pavillón Polideportivo municipal do Concello de Malpica para que se podan cambiar e duchar, así como un servizo de garda roupa no mesmo Pavillón Polideportivo Municipal do Concello de Malpica, lugar onde se recollerán os dorsais e chips.
10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
11. @s participantes na proba recibirán unha camiseta cando recollan os seus dorsais e chips.
12. Terán avituallamento final todos os participantes e un líquido intermedio na carreira 9K.
13. Respetarase a talla da camisetas a todos aqueles que se inscriban con dez dias de antelación.
Logo de cerrar as mesas de recollida de dorsais non se atendará ningunha reclamación sobre as camisetas.
14. Descualificacións:
 O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
 Todo atleta que non realice o percorrido completo.
 O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a organización.
4.- DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase descargar na páxina www.championchipnorte.com.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
 O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
 Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
 O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte.
 Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
5.- SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS na IV Carreira Pedestre Concello de Malpica
 Será obrigatorio o uso de chip para tódalas carreiras agás a Categoría Biberón. Para controlar a proba estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas).
 Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
 O atleta que non porte o chip nas carreiras non poderá entrar na clasificación da proba.
 O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de carreira.
 O horario de apertura das mesas de recollida de dorsais será de 11:00 a 13:00 e de 15:00 a 17:30 do día 7 de setembro no Pavillón Polideportivo municipal do Concello de Malpica (o pavillón está a 700 m da liña de saída). Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba de 9K .
 Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas, sancionarase coa expulsión da carreira do portador e do/a atleta suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición.


6.- INSCRICIÓNS na IV Carreira Pedestre Concello de Malpica.
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com data límite o Martes 3 de setembro ás 24h.
Cotas de inscrición:
 A inscrición para a carreira 9 K terá un custo de 4 € para aqueles corredores que posúan chip, e de 5 € para aqueles corredores que deban alugar o chip.
 A inscrición dos corredores das categorías de base será gratuita.
 1 € solidario. Por cada inscrito na carreira 9K a organización donará 1 € á AECC.

As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da plataforma championchip. A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com.
7.- CALIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS NA IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MALPICA
 Clasificacións das probas.
Nas carreiras de categorias de base
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes nas probas.
• Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías (Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete). Na categoría Biberón recibirán medalla todos conforme vaian entrando na meta.
Na carreira 9 K.
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
• Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías ( xuvenil, sénior, M40 e M50).
• Recibiran trofeo os tres primeiros/as clasificados/as na proba 9K.
• Recibiran trofeo o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello de Malpica.

 A entrega de trofeos no palco situado diante da Meta, se o tempo o permite, e no suposto que non fose así no Pavillón Polideportivo municipal do Concello de Malpica.
Cando remate este acto haberá un ágape no mesmo lugar para os participantes e os seus acompañantes.

O Concello de Malpica, organizador desta carreira aproveita a ocasión para agradecer a súa participación.

[ Go Back ]