Calendario
Ver carrera

Paderne

07/07/2019 9:30 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO III CARREIRA TRAIL E ANDAINA DO BRANCO LEXÍTIMO

A III CARREIRA TRAIL E ANDAINA DO BRANCO LEXÍTIMO terá lugar o 7 de
Xullo de 2019 en Esperela, Paderne, con saída e meta no mesmo centro da
aldea. Para chegar recomendamos a utilización de Google Maps
Esta carreira organízase coincidindo coa MOSTRA DO BRANCO LEXÍTIMO, polo
que os inscritos e os seus acompañantes poderán gozar de todo o que ésta
mostra ofrece, ademáis de degustar o seu famoso viño. Toda a información e
programa da mosta na web http://www.brancolexitimopaderne.com

1. ORGANIZACIÓN:
A III CARREIRA TRAIL E ANDAINA DO BRANCO LEXÍTIMO está organizada en
conxunto polo Club Ciclista Cariño e Concello de Paderne.

2. PROGRAMA:
- 8:15 a 9:15h. Apertura de secretaría na zona de saída/meta.
- 9:30 h. Saída Trail Largo e curto e a continuación as Andainas.
- 11:00 h. Apertura de duchas (no pavillón de San Pantaleón das Viñas)
- 12:00 h. Entrega de trofeos.
- 13:30 h. Peche de meta.

3. DISTANCIAS, PERCORRIDOS E ENTORNO:
Esta proba conta con 2 percorridos e 4 modalidades:
• Trail Longo: 21 km con 840 metros de desnivel positivo.
• Andaina longa: 21 km con 840 metros de desnivel positivo.
• Trail Curto: 11 km con 450 metros de desnivel positivo.
• Andaina: 11 km con 450 metros de desnivel positivo.
Ambos circuítos son circulares e desenvólvense maiormente en terreo de
monte, exceptuando algún tramo de asfalto para enlazar camiños e sendas.
Onde se crucen estradas dispoñerase de persoal para regular o tráfico.
Publicaranse os perfís da carreira antes da súa celebración e facilitarase a
información necesaria a través de redes sociais, web e correo electrónico.
A proba transcorre por paraxes de alto valor ecolóxico, polo que se deben
seguir as pautas de comportamento habituais nos espazos protexidos: non
deixar residuos, non acender lume, non producir ruídos que molesten á fauna,
non acampar, non saírse do percorrido sinalizado… en definitiva non deixar
rastro da nosa actividade.
A hora de peche de meta será ás 13:30 horas, polo que os participantes
que excedan o tope de tempo establecido pasarán a non formar parte desde
ese momento da proba.
Disponse dunha hora de corte pensando nos participantes da andaina
longa, no que se a partir dunha determinada hora non excederon ese punto
deberán de atender ás indicacións da organización e recortar o percorrido para
non excederse no tempo límite da proba. Devandito punto de corte será
avisado previamente pola organización.

4. DUCHAS:
Na zona de meta non existe infraestrutura para poder ofertar o servizo de
ducha, polo que o Concello de Paderne poñerá a disposición dos participantes
da III CARREIRA TRAIL E ANDAINA DO BRANCO LEXÍTIMO un servizo de
duchas no Polideportivo de San Pantaleón das Viñas. Para desprazarse desde
meta ata este polideportivo será necesario ir en coche.

5. CONDICIÓNS:
Os participantes participan baixo a súa propia responsabilidade, realizando toda
ou parte da proba. A organización non se fai responsable dos accidentes ou
danos que poidan recibir ou producir os participantes, aínda que se dispoñerá
dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os mesmos, estean
ou non federados en montaña ou atletismo.
En caso de retirada, deberase avisar ao persoal da organización. No suposto de
lesión ou impedimento para regresar polos propios medios a meta, pedirase
axuda á organización que xestionará o rescate. Facilitaranse teléfonos de
contacto para emerxencias. O circuíto non estará pechado ao tránsito de
vehículos, polo que todo participante está obrigado a cumprir as normas de
circulación viaria, sendo cada quen responsable de cantas infraccións puidese
cometer, e deberase respectar o paso de gandos, persoas e vehículos.

6. PARTICIPACIÓN, CATEGORÍAS E TROFEOS:
- Únicamente poderase participar en categoría INDIVIDUAL.
- A cronometraxe realizarase por medio de chip electrónico.
- Tanto no percorrido longo como no curto, entregarase un trofeo a cada
un dos 3 primeiros clasificados, masculino e feminino en categoría
ABSOLUTA.
- Na Andaina non haberá entrega de premios.
- Os menores de idade só poderán participar na andaina e deberán ir
acompañados dun adulto ou titor legal INSCRITO NA PROBA.
- Está permitida a participación de menores de idade na modalidade de
TRAIL CURTO a partir dos 16 anos sempre e cando se asine a
autorización pertinente adxunta o final deste regulamento.

7. INSCRICIÓNS E PRECIOS:
As inscricións poderanse realizar na páxina web de GALITIMING ata as 22:00
do Xoves 4/07/19 ou ata chegar aos 400 inscritos entre as 4 modalidades.
Non será posible inscribirse o día da proba.
O prezo da inscrición será de:
● Trail longo: 15€ ata o Luns 1/07/2019 ás 23:59:59 e 18€ ata peche de
inscricións.
● Trail curto: 10€ ata o Luns 1/07/2019 ás 23:59:59 e 13€ ata peche de
inscricións.
● Andaina longa: 10€ ata o Luns 1/07/2019 ás 23:59:59 e 13€ ata peche
de inscricións.
● Andaina curta: 7€ ata o Luns 1/07/2019 ás 23:59:59 e 10€ ata peche de
inscricións.
A inscrición dá dereito aos avituallamentos, asistencia sanitaria durante e ao
finalizar a proba, transporte a meta dos participantes que abandonen a proba,
agasallo para o corredor, gardarroupa, duchas, e avituallamento adicional en
meta.

8. POLÍTICA DE CANCELACIÓN, SUSPENSIÓN DA PROBA,
ACEPTACIÓN E DEREITOS DE IMAXE:
En caso de anulación da proba por causas de forza maior e cunha antelación de
máis de 7 días respecto a data de saída, pospoñerase para outra data pactada
e, no caso de quen así o solicite, realizarase un reembolso parcial dos dereitos
de inscrición. O importe fixarase en función da capacidade de reembolso da
organización tras facer fronte aos gastos fixos non recuperables.
Se estando a proba en marcha as condicións meteorolóxicas vólvense adversas,
a organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no
percorrido ou mesmo a suspensión da proba. Neste caso os dereitos de
inscrición non serán reembolsados. Así mesmo, tampouco se fai responsable
das decisións que, a título persoal, tomen os participantes como consecuencia
da suspensión da mesma.
Nos casos cancelación por parte do participante, terá dereito a devolución total
do importe da inscrición se o notifica nun prazo de, polo menos, 15 días previos
á proba, asumindo o participante os gastos derivados de comisións bancarias.
Se a notificación comunícase na última quincena ata as 48 horas previas á
proba devolveráselle o 50% da inscrición. Calquera solicitude realizada despois
deste período non terá dereito a ningún tipo de devolución.
No caso de querer cambiar o titular do dorsal para adxudicarllo a outro
participante, poderase realizar ata o momento do peche de inscricións.
Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamento
imposto pola organización e autoriza á utilización de imaxes e vídeos
fotográficos filmados.

9. ENTREGA DE DORSAIS:
A entrega de dorsais realizarase O MESMO DÍA DA PROBA, DE 8:15 A 9:15 NA
ZONA DE SAÍDA/META.

10. AVITUALLAMENTOS:
Dispoñeranse varios avituallamentos;
- Tres (3) para a modalidade de trail e andaina longos.
- Dous (2) para trail e andaina curtos.
Cada un deles estarán provistos de contedores para depositar os residuos
orgánicos e envases de plástico. Non existirá ningún punto para depositar lixo
pasado o control de avituallamento, sendo este inicio e fin do mesmo. Está
prohibido o avituallamento e a axuda externa durante o desenvolvemento da
carreira de calquera persoa, competidora ou non, estando permitido
unicamente o avituallamento que cada participante leve consigo desde a saída
ou repoña nas áreas de avituallamento establecidas pola organización. Así
mesmo, está prohibido saír da zona de avituallamento con calquera tipo de
envase ou envoltorio.

11. MATERIAL ACONSELLABLE:
Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que
pode desenvolverse baixo posibles condicións climáticas de frío, choiva e/ou
vento. Por tanto, debe prever que a súa indumentaria, calzado e condicións
físicas sexan as máis apropiadas para realizar a proba. Faise recomendable o
uso ou polo menos o porteo de roupa de abrigo.
No caso de que a previsión meteorolóxica sexa adversa, a organización pode
esixir material obrigatorio que será comunicado con tempo de antelación
suficiente.

12. SINALIZACIÓN:
Todo o percorrido atoparase balizado con cintas de cor branca e vermella
facilmente visibles, que se acompañarán con marcas e sináis con frechas en
cruces de camiños. Toda a marcaxe será retirada pola organización o mesmo
día da proba.

13.SEGURIDADE:
A organización dispón dun seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes
para todos os participantes. Haberá un servizo de Atención Sanitaria para casos
de accidente ou necesidade de evacuación do corredor. Unha Corredor Escoba
da organización actuará como peche de carreira a un ritmo suficiente para
cumprir co horario previsto. Ao longo do percorrido, naqueles puntos que
poidan resultar conflitivos, haberá persoal da organización para orientar aos
participantes.

14. METEOROLOXÍA:
O mal tempo non será impedimento para a celebración da proba. A
organización poderá interromper a proba en calquera punto se considera que
poida haber serio perigo para a integridade física dos participantes, ou en casos
de forza maior.
Terase previsto un percorrido alternativo.
En caso de interrupción ou anulación da proba, porque as condicións
climatolóxicas así o requiran, e resulten impracticables todos os itinerarios
alternativos, os dereitos de inscrición non serán devoltos.

15. OBRIGACIÓNS:
Os corredores están obrigados:
- A levar o dorsal facilitado pola organización. Este levaráse nun lugar visible e
na parte dianteira durante toda a proba e non poderá ser dobrado nin
recortado.
- A socorrer a outro corredor en perigo ou accidentado e a comunicalo á
organización.
- A seguir as instrucións dos membros da organización, mostrándose
respectuosos con estes e cos demais corredores.
- A non saírse do itinerario sinalizado.
- A comunicar a súa retirada nun control ou avituallamento, entregando o
dorsal. Neste caso, o corredor asume toda a responsabilidade desde que
abandona voluntariamente a proba ou é descualificado. Se decide continuar no
percorrido será baixo a súa absoluta responsabilidade.
- A levar consigo calquera residuo que xere: envases, papeis, residuos
orgánicos, etc., ata os lugares sinalados e habilitados pola organización.
Será motivo de descualificación do corredor:
- Abandonar residuos fóra das papeleiras situadas nos avituallamientos.
- Non auxiliar a outros participantes no caso de que o necesiten.
- Non obedecer as indicacións do persoal identificado como da organización.
- Atallar, saírse do itinerario sinalizado.
- Non identificarse nos controis de paso que determine a organización.
- Non realizar o percorrido completo.
-Ter un comportamento non deportivo, irrespetuoso con corredores ou
membros da organización.
- Provocar un accidente voluntariamente
-Abandonar a carreira sen comunicación á organización comportará a
imposibilidade de participar en futuras edicións da proba.

16. RECLAMACIÓNS:
Poderanse presentar reclamacións referentes ás clasificacións provisionais ata
30 minutos despois da súa publicación.

17. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación colgarase nun taboleiro de anuncios en Meta conforme vaian
chegando os corredores. Aquilo non regulado neste regulamento rexerase polo
Regulamento da FGDM.

18. DESCARGO DE RESPONSABILIDADE:
Cada participante, coa inscrición manifesta atoparse nunha forma física
e mental que lle permite afrontar o esforzo, e asume o risco desta práctica
deportiva. Os participantes, polo feito de inscribirse libre e voluntariamente,
declaran coñecer e aceptar plenamente o presente Regulamento. En caso de
dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, prevalecerá o
que dispoña para o efecto a Organización.
Autoriza ademais a que a Organización faga uso de fotos, vídeos e nome na
clasificación da proba, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar
pago, compensación ou retribución algunha por este concepto.
A información solicitada para a inscrición (correo e datos persoais, só serán
utilizados única e exclusivamente para informar sobre esta competición).

AUTORIZACIÓN PATERNA Ou TITOR LEGAL PARA PARTICIPACIÓN DE
MENORES DE IDADE COMPRENDIDOS ENTRE OS 16 E 18 ANOS EN
EVENTOS DEPORTIVOS


D/Dª_________________________________________________________
(nome e apelidos do pai, nai ou titor legal do menor), maior de idade e con DNI
___________________ , con domicilio
en___________________________________________________ e número de
teléfono ___________________ , na súa condición de pai-nai-titor legal
(táchese o que non proceda) do menor
_____________________________________________ (nome e apelidos) con
DNI ______________________ e nacido o _____________________ , polo
presente:

MANIFESTO A miña CONFORMIDADE EXPRESA E AUTORIZACIÓN a que o meu
fillo/tutelado cuxos datos foron apuntados, poida participar na proba ” TRAIL E
ANDAINA DO BRANCO LEXÍTIMO” do Concello de Paderne, con arranxo ás
condicións, normas, límites e dispoñibilidades previstas polas Normativas e
Ordenanzas aplicables e ás institucións ditadas polo Club Ciclista Cariño,
eximindo expresamente ao citado organismo dos accidentes que, con calquera
tipo de resultado, poida sufrir o meu fillo/tutelado durante o desenvolvemento
do evento.

Así mesmo, AUTORIZO a gravación e difusión por parte da organización das
reportaxes fotográficas ou de vídeo que se produzan durante o
desenvolvemento do evento para ser compartidos publicamente a través de
internet nas redes sociais da organización, co fin de facelos chegar a todos os
participantes e/ou aquelas persoas que o desexen.

A tales efectos, SOLICITO sexan tramitadas as autorizacións pertinentes de
participación ao seu favor e ao do meu fillo/tutelado.

En Paderne, a _____ de _________________ do 2019.

FIRMA DO PAI/TITOR LEGAL

[ Go Back ]