Calendario
Ver carrera

Bande

04/08/2019 9:00 - 22:00

[ Go Back ]

Descripción XII ANDAINA E V TRAIL ``CONCELLO DE BANDE´´ Data: Domingo, 4 de agosto do 2019. Hora: a partir das 9:00 Lugar: Mercado Xurés (Bande). Distancia: Andainas: - Andaina Larga aproximadamente 16 Km. - Andaina curta aproximadamente 12 Km Trail: - Trail Largo aproximadamente 28 Km Zona intercambio de relevos 15 km. - Trail Corto aproximadamente 16,5 km Organiza: Concello de Bande e Deputación de Ourense Inscrición: Límite 400 inscritos. Aboarase 12€ para participar na andaina e 15€ no trail. Poderán anotarse na casa do Concello de Bande, aula CeMIT (primeira planta) tel 988 443 001 en horario de luns a venres de 9.00h. a 14.30h. ou en: http://championchipnorte.com para máis información teléf.: 650 959 784 Andaina Solidaria a favor do Club Badminton Athlos Ourense a favor do deporte adaptado: Parabádminton. Ignacio Fernandez Enriquez. REGULAMENTO 1.- XERAL: Aproveitando o medio rural e o entorno paisaxístico no que se encontran localizadas as zonas de municipio de Bande, o concello organiza a XII Andaina popular e o V Trail. Participación: Poderán participar os maiores de idade ou maiores de 16 anos con autorización dos seus pais/nais ou titores. Horario: Sábado: 10:30 / 13:30→ Recollida de dorsais (andaina/trail). Runmaniak (Ourense) 18:00 / 20:00→ Recollida de dorsais (andaina/trail). Casa de Concello (Bande) Domingo: 8:00 / 9:00→ Recollida de dorsais (andaina/trail). Mercado Xurés (Bande) 9:00 → Saída conxunta andaina/ trail 13:30→ Entrega de trofeos, sorteos de material deportivo (bastóns, mochilas, riñonera...) e diversos pinchos de degustación. 2.- CATEGORÍAS: Estableceranse as seguintes categorías: - Senior ( masculino / feminino). < 36 anos. - Veterano A ( masculino / feminino). de 36 a 45. - Veterano B ( masculino / feminino). de 46 a 55. - Veterano C ( masculino / feminino). de 56 > - Parellas por relevos: Tamén se poderá competir formando parellas por relevos, facendo a metade do percorrido un/ha membr@ da parella, ata o kilómetro 15, aproximadamente, para a partir dese punto coller o testigo @ segund@ corredor/a e chegar á meta con el. As parellas estarán formadas da seguinte maneira: - Parellas femininas - Parellas masculinas - Parellas mixtas 3.- INSCRICIÓNS : Pódese inscribir na páxina http://championchipnorte.com/, ou no Concello de Bande ata o 31 de xullo. O custe da inscrición será de 12 euros para participar na andaina e 15€ no trail. 4.- PREMIOS: - No trail trofeo para @s tres primeir@s clasificad@s absulut@s (masculino e feminino, tanto na modalidade do trail longo como de curto e para os primeiros das categorías establecidas do trail longo (senior e veteranos de A a C). - Trofeos para as primeiras parellas por relevos de cada categoría gañadoras. - Trofeos para o/a atleta máis veterán do trail longo. - Trofeos para o primeiro/a extranxeiro/a clasificado/a do trail longo. Os premios non son acumulativos. OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU PASAPORTE. 5.- AGASALLOS - Camisetas para os 300 primeiros inscritos da proba, avituallamento para tódolos participantes e sorteos de diverso material deportivo. 6.- SERVIZOS · Entrega de dorsais. · Puntos kilométricos sinalizados no trail longo · Avituallamento cada 4 Km aproximadamente, dependendo da dureza do terreo. . Roupeiro. · Vestiarios e duchas. · Aparcamentos. · Entrega de premios. . Música . Sorteo de material deportivo. . Comida conxunta fin de proba. . Seguro accidentes e R.C. . Servizo masaxista postcarreira. . Bañeiras de xeo (crioterapia). 7.- SINALIZACIÓN E CONTROIS - O percorrido estará sinalizado con cintas de alta visibilidade, estacas, sinais, sendo obrigatorio o paso por tódolos controis establecidos. - Estará sinalizado o recorrido cada 300 m ou en puntos cconflitivos Control no 15km, zona de intercambio. Quedarán fóra da competición tódol@s atletas que nos superen o primero tramo en menos de 2:45 debendo entregar o dorsal e quedar en dita zona para regresar a Bande. 8.-AVITUALLAMENTOS Por respeto ao entorno será obrigatorio depositar os restos de lixo en zonas habilitadas para tal fin. Haberá 6 avitullamientos o longo do percorrido: - Tres líquidos. - Tres sólidos e líquidos. 9- OUTRAS CONSIDERACIÓNS - A organización reservase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas obrigan ou por forza maior. Os participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados. - A organización declina toda responsabilidade no caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión. - A organización contará cos servizos de ambulancia, médico, comunicación e emerxencia de protección civil, así como una póliza de seguro de responsabilidade civil e de accidentes para cada un dos participantes de ambas probas. - A organización non se fará responsable de ningunha lesión que teña que ver ca NON preparación física ou mental do asistente. - Por o feito de tomala saída, tódol@s participantes/as aceptan o presente regulamento.

[ Go Back ]