Calendario
Info da proba

O Gran Camiño

06/07/2019 19:00 - 21:45
Regulamento
Medio Maratón Arzúa - O Pino 2019


REGULAMENTO

6 de xullo de 2019

ARTIGO 1: Data e horario

Os Concellos de Arzúa e O Pino organizarán o sábado 6 de xullo de 2019 a III edición do Medio Maratón “O Gran Camiño”, proba que terá unha distancia aproximada de 21.097,50 metros (proba NON homologada). A proba dará comenzo ás 19:00 horas da tarde e transcorrirá polo “Camiño de Santiago” íntegramente.

ARTIGO 2: Circuito

A saída estará ubicada na localidade de Arzúa, antepenúltimo punto do Camiño Francés a Santiago de Compostela. A meta estará ubicada na localidade de Arca-Pedrouzo (Praza de Forcarei en Arca (Pedrouzo). O circuito transcurrirá pola penúltima etapa do Camiño de Santiago.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola Organización.

ARTIGO 3: Control técnico da proba

A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.

ARTIGO 4: Peche de control da carreira

O peche de control da proba realizarase ás 21:45 horas (2 horas e 45 minutos despois da súa saída). Pasado este tempo correspondente, o participante que siga en carreira deberá retirarse do circuito oficial de competición.

ARTIGO 5: Inscricións

a) Realizaranse ONLINE a través da páxina web www.emesports.es onde se poderá acceder a pasarela de pago da proba. Tamén poderán consultar información na web da Federación Gallega de Atletismo (Departamento de Carreiras Populares) www.carreirasgalegas.com. A inscrición estará aberta ate o 4 de xullo ás 14:00 horas non admitíndose inscricións fora do prazo establecido nin o día da proba.


b ) Os prezos de inscrición serán os seguinte:

Cotas de inscrición:

CARREIRA ATLETAS POPULARES E FEDERADOS
Ate o 23 de xuño 12 euros Do 24 ao 30 de xuño 15 euros Do 01 ao 04 de xullo 18 euros

ARTIGO 6: Entrega de dorsal/chip e bolsa de corredor

A entrega de dorsais/chip e bolsa de corredor realizarase con anterioridade no lugar de meta ubicado na Praza de Forcarei na localidade de Arca (Pedrouzo), lugar onde terán que coller o autobús que os trasladará ata a saída na localidade de Arzúa. Os horarios de entrega serán os seguintes:
• Sábado 06 de xullo de 16:30 a 18:00 horas.
ARTIGO 7: Categorías de competición

CATEGORIA AÑOS DE NACEMENTO
Sub 20 – Sub 23 masc/fmno De 1997 a 2001 incluidos
Senior masc/fmno Desde 1996 máster
Máster 1 masc/fmno De 35 a 39 anos cumpridos o día da proba
Máster 2 masc/fmno De 40 a 49 anos cumpridos o día da proba
Máster 3 masc/fmno De 50 anos cumpridos o día da proba en adiante

ARTIGO 8: Utilización dos dorsais

Os dorsais son persoais e intransferibles, debendo ir colocados na parte anterior do corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberá levarse durante toda a proba. O incumprimento deste artigo será motivo de descualificación.

Non serán admitidos pola organización corredores que non estean inscritos ou corran sen dorsal ou chip de zapatilla facilitados pola organización correspondentes a outra carreira.

ARTIGO 9: Sistema de cronometraxe

O cronometraxe realizarase mediante sistema de chip dorsal reciclable. Haberá punto de control no km 10 aprox. do percorrido, inda que a organización poderá establecer puntos de controis aleatorios ao longo do percorrido. Os participantes que non cumpran co paso polos puntos de control, serán descualificados.


ARTIGO 10: Colocación previa

Os participantes deberán situarse na liña de Saída, na localidade de Arzúa, 10 minutos antes da hora prevista pola organización para a saída da carreira. A hora da saida da proba se producirá ás 19:00 horas da tarde.

ARTIGO 11: Utilización de medios físicos naturais

Os participantes deberán competir cos seus propios medios físicos, sen ningún material de apoio. Calquera dúbida sobre iso poderán consultala á organización no momento de formalizar a inscrición. Non se admitirá o acompañamento por calquera vehículo alleo á organización. As bicicletas, patíns ou persoas non autorizadas pola organización non poderán seguir a carreira, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Así mesmo non se permitirá a participación con coches, sillas de bebés, animais nin correr acompañados de éstos en ningún momento.

ARTIGO 12: Avituallamentos

Estableceranse puntos de avituallamento durante o percorrido aproximadamente nos puntos kilométricos 5, 10, 15 e Meta para favorecer a hidratación dos participantes. Estos puntos poderán moverse levemente dos puntos kilométricos indicados en función da orografía do percorrido.

ARTIGO 13: Servizos médicos

A proba dispondrá dos servizos médicos regulamentarios así como de ambulancias e coches de apoio.

ARTIGO 14: Outros servicios

A organización porá a disposición dos participantes avituallamentos intermedios e na meta, servizo de guardarroupa na zona de saída e meta que trasladará á zona de meta todo o depositado nel, servicio de duchas e autobuses para facilitar o traslado dos atletas desde o punto de meta á zona de SAIDA.

OS AUTOBUSES SAIRÁN DESDE O LUGAR DE META (PRAZA DE FORCAREI EN ARCA-PEDROUZO) CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 17.15 HORAS DA TARDE E EN DIRECCIÓN A ZONA DE SAÍDA UBICADA NO CAMIÑO DE SANTIAGO EN ARZÚA. A DERRADEIRA SAIDA SERÁ AS 18.30 HORAS. PREGASE NON DEIXAR O TRANSPORTE PARA A ÚLTIMA VIAXE.

Haberá servizo de duchas e vestiarios no polideportivo municipal de Reboredo e no Campo de Fútbol Municipal ubicado a carón do polideportivo desde ás 18.00 ata as 22.30 horas da noite.

ARTIGO 15: Clasificación

Realizaranse ás seguintes clasificacións:
- Clasificación xeral absoluta
- Clasificación por categorías Masculina e Femenina

ARTIGO 16: Premios en metálico e trofeos individuais

Categoría Posto Trofeo Premio
Absoluta homes/mulleres 1º/ª Si 300 €
Absoluta homes/mulleres 2º/ª Si 200 €
Absoluta homes/mulleres 3º/ª Si 150 €
Absoluta homes/mulleres 4º/ª Non 100 €
Absoluta homes/mulleres 5º/ª Non 75 €

Entregaránse trofeos aos tres primeiros/as clasificados/as absolutos da xeral individual e aos tres primeiros/as de cada unha das categorías establecidas no artigo 7 deste regulamento.

Premios en metálico e trofeos a clubes federados

CLUBES

Categoría Posto Trofeo Premio
Clubes Absoluta 1º Si 250 €
Clubes Absoluta 2º Si 175 €
Clubes Absoluta 3º Si 100 €
Clubes Absoluta 4º Non 75 €
Clubes Absoluta 5º Non 50 €

Entregaránse trofeos aos tres primeiros clubes da clasificación xeral absoluta.

A clasificación de clubes establecerase pola suma dos postos dos 6 primeiros clasificados do clube. Deberán rellenar a opción de “Participa na clasificación de clubes” no formulario de inscrición individual de cada un dos compoñentes do clube. Nesta clasificación só poderán tomar parte os clubes federados no deporte do atletismo con atletas con licencia federativa en vigor, feito que se comprobará unha vez remate o prazo de inscrición da proba. Os clubes poderán ser mixtos.
Todos os clubes que desexen optar a estas premiacións deberán remitir un correo electrónico antes de 4 de xullo ás 23:59 horas coa composición dos seus atletas (nome, apelidos, dni e licenza federativa) á dirección santiago@atletismo.gal . Sen este correo NON poderán entrar na premiación a clubes federados.

Os premios en metálico estarán suxeitos ás retenciónes legais vixentes.

Así mesmo entregaránse trofeos aos tres primeiros/as clasificados/as da xeral individual, aos tres primeiros clubes e os tres primeiros/as de cada unha das categorías establecidas no artigo 7 deste regulamento.

ARTIGO 17: Entrega de premios

A entrega de premios realizarase na zona de meta (Praza de Forcarei) a partir das 21:45 horas, sendo obrigatoria a presenza do corredor/a ou clube para percibir o premio.

ARTIGO 18: Agasallos “finisher”

Todos os participantes polo feito de inscribirse recibirán un agasallo técnico. A maiores todos aqueles que logren rematar a proba recibirán un agasallo de organización “FINISHER”. Este obsequio será personalizado De “O Gran Camiño” 2019.

ARTIGO 19: Reclamacións

Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro da competición, ubicado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da publicacións dos resultados oficiais que serán colocados nun taboleiro oficial da organización.

ARTIGO 20: Descualificacións

Os xuices da proba e membros da organización reservaranse a facultade de descalificar ao infractor que, comprobada calquer irregularidade: non leve visible o seu dorsal, o manipule ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización ou o xuiz árbitro con respecto aos que figuran no seu DNI ou ficha federativa, non completar o percorrido completo, manifeste un mal estado físico, non facilite á organización a documentación que se lle requira, ou incumpra calquer outra norma contemplada nas normas de competición vixentes da FGA e RFEA para probas en ruta.

Serán descualificados os corredores/as que non respeten as indicacións da policía local, protección civil, garda civil, xurado, servicios médicos ou membros da organización debidamente identificados.
Os corredores descualificados perderán o dereito a recibir calquera premio en metálico ou trofeo.

ARTIGO 21: Responsabilidade

A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara polo feito de inscribirse, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e accidentes deportivos que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

ARTÍGO 22: PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIONS AUTONÓMICAS E EXTRANXEIROS

Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do “REGLAMENTO PARA LAS COMPETICIONES DE CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA, TRAIL Y PISTA 2018-2019”. Máis información de esta norma no ligazón:

http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06_ReglamentoCompeticiones.pdf

ARTIGO 23: LOPD

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

CONSIDERACIÓN FINAL

Todo o non reflexado no presente regulamento rexirase polas normas vixentes da FGA e RFEA.


NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A Coruña.