Calendario
Info da proba

Santiago - Holi Gaiás

08/06/2019 12:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO HOLI GAIÁS
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia organizará, o sábado 8 de xuño , a terceira edición da
Carreira Holi Gaiás, unha proba lúdica que empregará polvos certificados Holi Gulal de cores
durante o percorrido, así como animación tanto antes como despois da mesma.
A proba estará suxeita ao seguinte regulamento:
1. Poderán participar atletas federados e non federados. As probas estarán baixo o
control técnico do Comité Galego de Xuíces (Federación Galega de Atletismo).
2. A SAÍDA e META da proba será na Cidade da Cultura.
3. A hora de SAÍDA DA CARREIRA será as 12 h na Cidade da Cultura.
4. A idade mínima para poder tomar parte na proba será a das persoas nadas antes do
31 de decembro do 2009. A organización non se fará responsable dos atletas menores
da idade mínima esixida neste regulamento (ano 2009, categoría sub-12), polo que
non poderán participar na proba.
5. CATEGORÍAS E HORARIOS Haberá unha proba conxunta única:
CATEGORÍA
ANOS DE
NACEMENTO
DIS TANCIA HORA
CATEGORÍA
ESCOLA RES
do 2004 ao 2009 5 km aprox. 12:0 0 h
CA T E G O R ÍA
ADUL TOS
2003 e anteriores 5 km aprox. 12:0 0 h
ENTREGA DE MEDALLAS AS 13 :4 5 HORAS APROX.
6. INSCRICIÓNS
PREZOS DA INSCRICIÓN TODAS AS CATEGORÍAS: 5 €/persoa
Descontos: 20% (4€) para membros do Club Gaiás, persoas xubiladas, persoas
en situación de desemprego, persoas con discapacidades, familias numerosas,
titulares do carné de estudante e Carné Xove.
Promocións: Pack Familiar (4x3): 15 €. Pack 3x2: 10 €.
As entradas para a proba estarán á venda no Museo Centro Gaiás, ataquilla.com no
teléfono de Ataquilla 902 504 500 e nos puntos físicos de Ataquilla ata o mércores 5
de xuño ás 23:59 h.
As persoas interesadas na carreira deberán cubrir o formulario cos datos requiridos e
finalizar o proceso de inscrición.
Máis información en www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal,
www.cidadedacultura.gal
A ORGANIZACIÓN ESTABLECERÁ UN LÍMITE DE 1000 PARTICIPANTES NA PROBA. UNHA
VEZ CHEGADA ESA CIFRA PECHARASE A PASARELA DE INSCRICIÓN
O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web
https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/10079--holigaias.html?preventa=7665d7217654969af21352f9a7a38cbfa812c38b
Para calquera dúbida ao respecto do proceso de inscrición poderán poñerse en
contacto no teléfono 881 997 584 (Centraliña Cidade da Cultura de Galicia), ou no
correo electrónico actividades@cidadedacultura.org
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido, marcado para o mércores 5
de xuño ás 23:59 h. n
8. DORSAIS DE PARTICIPACIÓN:
A recollida de dorsais de participación realizarase nos seguintes prazos e lugar:
 LUGAR: CIDADE DA CULTURA DE GALICIA. SALA EISENMAN
 Horarios e días: Venres 7 de xuño de 16:30 a 20:30 h.
Sábado 8 de xuño de 09:30 a 11:30 h.
RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O VENRES 4 PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS DE
ÚLTIMA HORA O DÍA DA CARREIRA.
9. CIRCUÍTO
O circuíto estará publicado na web www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal
10. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá
a total aceptación deste Regulamento. Queda totalmente prohibido correr na proba
sen estar previamente inscrito.
11. Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas en
ruta da FGA e da RFEA en vigor.
12. Está totalmente prohibido correr con animais.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por
imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade,
terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para
realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias
inherentes á proba.
CONFORME E AUTORIZACIÓN DE DATOS E IMAXES
Todos os corredores e corredoras mediante a aceptación expresa no proceso de inscrición aceptan a
publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Igualmente
coa inscrición, os participantes consenten que a publicación do seu nome e imaxe sexa cedida a
terceiras entidades colaboradoras da carreira para a publicación en medios de comunicación e/ou
internet aos únicos efectos de difundir e promover de forma específica ou xenérica a actividade e os
resultados da mesma. Para este fin, as entidades colaboradoras poderán contratar a profesionais que se
encarguen de facer fotografías e vídeos o día da actividade.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición
o corredor consente mediante a aceptación expresa no proceso de inscrición que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios
de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas
de ruta.