Calendario
Info da proba

A Estrada - Nocturna Estradense

22/06/2019 23:00
Regulamento Reglamento
REGULAMENTO VIII NOCTURNA ESTRADENSE 2019
Concello da Estrada, en colaboración co Club Deportivo San Paio, Atletismo A Estrada e CAI A Estrada, organizan o sábado día 22 de Xuño a VIII Carreira Nocturna Concello da Estrada; a proba será a primeira carreira puntuable para o VII Circuito “Corre A Estrada Corre” en todas as categorías.
A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas patronais de San Paio 2019 nun circuito urbano de asfalto de 4 km. Nesta edición o participante terá duas opcións a hora de inscribirse: 4K, dando una volta o circuito ou 8K dando as duas voltas.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuitos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.
1. CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:
 PITUFOS:Atletas nados/as no ano 2014 e posteriores.
 PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2012 e 2013.
 BENXAMÍN/SUB 10: Atletas nados/as nos anos 2010 e 2011.
 ALEVÍN/SUB 12: Atletas nados/as nos anos 2008 e 2009.
 INFANTIL/SUB 14: Atletas nados/as nos anos 2006 e 2007.
 CADETE/SUB 16: Atletas nados/as nos anos 2004 e 2005.
 XUVENIL/SUB 18: Atletas nados/as nos anos 2002 e 2003.
 JUNIOR/SUB 20: Atletas nados/as nos anos 2000 e 2001.
 PROMESA/SUB 23: Atletas nados/as nos anos 1997, 1998 e 1999.
 SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1985 e 1996.
 MASTER A: Atletas nados/as entre 1975 e 1984.
 MASTER B: Atletas nados/as entre 1965 e 1974
 MASTER C: Atletas nados/as no ano 1964 e anteriores.

2. HORARIOS E PERCORRIDOS:

21:00 h / PITUFOS / 80 m
21:10 h / PREBENXAMÍN / 150 m
21:20 h / BENXAMÍN / 400 m (1 volta circuito A)
21:45 h / ALEVÍN / 800 m (2 volta circuito A)
22:00 h / INFANTIL / 900 m (1 volta circuito Ojo morado
22:30 h / ENTREGA DE PREMIOS CARREIRAS CATEGORÍAS INFERIORES

22:45 h / CADETE / 1.300 m (1 volta A+1 volta Ojo morado
23:00 h / XUVENIL E JUNIOR / 4.000 m (1 volta circuito C )
PROMESA,SENIOR E MASTER 4K e 8K 8.000 m (2 voltas circuito C )
0:30 h ENTREGA DE PREMIOS CARREIRA ABSOLUTA


3. INSCRICIÓNS:
* ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o xoves día 20 de Xuño de 2019 as 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da páxina, seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.
* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o xoves día 20 de Xuño de 2019 as 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar os datos da inscrición requeridos.
A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se aceptarán inscricións con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.
Haberá un límite de 600 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono 886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030 ou no correo deportes@aestrada.es
O PREZO da inscrición será o seguinte:
 ADULTOS (xuvenil e superiores): 4,00 €
 CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA
4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba nunha caseta habilitada para á organización da carreira, a partir das 19:00 horas na zona de saída/meta, que será o punto de saída e chegada.
* CONTROL CON CHIP: A proba absoluta (23:00 horas) estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO. (Agás propietarios de chip participantes no VII Circuito “Corre A Estrada Corre”).
5. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación farase nas seguintes categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, senior, master A, master B e master C; tanto masculina como feminina. Na proba 4K so haberá clasificación absoluta masculina e absoluta feminina. Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en meta.
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será descualificado.
* DESCUALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio dos xuices da FGA que farán a supervisión técnica da proba. Todas as reclamacións deberán ser dirixidas a organización da proba que as valorará cos xuices da FGA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.
6. PREMIOS E TROFEOS:
- Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias.
- Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías, excepto nas categorías pitufo e prebenxamin, que non haberá trofeos e si medalla para todos os participantes.
- Trofeo na proba 8K os tres primeiros/as estradenses en cruzar a liña de meta na proba absoluta.
- Trofeo na proba 4K os tres primeiros/as clasificados na proba masculina e na proba feminina.
- Trofeo na proba 4K os tres primeiro/as estradenses en cruzar a liña de meta.
- Os gañadores da carreira absoluta na categoría masculina e feminina levarán o seu peso en botellas de Sidra da Estrada, da Asociación Maceira e Sidra.
-Trofeo o clube con maior número de participantes inscritos. -Trofeo o centro educativo con maior número de inscritos.
- So se poderá optar a trofeo na categoría que corresponda o participante segundo a súa idade e na que figure inscrito en tempo e forma.
-Os premios non son acumulativos.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da sua proba.
- O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Haberá servizo de vestiarios e duchas no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro, sito na zona deportiva.
- Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
- A organización do VIII Carreira Nocturna Concello da Estrada non se fai responsable de perdas ou danos materiais que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou obxectos.
- Haberá un servizo de urxencia dispoñible durante a duración da carreira.