Calendario
Info da proba

Nigrán

03/08/2019 10:30 - 12:00
Regulamento IX NIGRAN AREA
NIGRAN, 3 AGOSTO de 2019
REGULAMENTO DA CARREIRA
Art. 1) A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Nigrán, organizan o día 3 de agosto do 2019 o IX Nigrán Area de atletismo pola area,que dará comezo as 10:30h.
Art.2) Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas. 2º Poderán participar cantas persoas o desexen estean ou non federados. Non poderán participar atletas españois con axuda económica da RFEA nin atletas extranxeiros que houbesen realizado ( durante a presente tempada ou as dúas anteriores) unha marca igual ou mellor a 950 puntos de táboa IAAF, segundo recolle o artigo 3.4 do Regulamento para as competicións de campo a través, marcha, carreiras en estrada e reunión en pista cuberta e aire libre para competicións autonómicas da RFEA(1). Esta prohibición non afecta aos atletas que teñan licenza federativa pola FGA.
(1) http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06_ReglamentoCompeticiones.pdf
O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Art.3) Os circuitos discorrerán entre o Muelle de Panxón e Praia América, son circuitos llanos sobre a area mollada da praia, coa marea baixa.
Art.4) CATEGORÍAS, DISTANCIA, HORARIOS E ORDEN DE SAIDA.
CATEGORÍA ANO DISTANCIA
10:30 Sub 16 Femininos/Masculinos 2004/2005 2.000 m
10.15 Sub 14 Femininos/Masculinos 2006/2007 1.500 m
10.30 Sub 12 Femininos/Masculinos 2008/2009 1.000 m
10.45 Sub 10 Femininos/Masculinos 2010/2011 500 m
11:00 Sub 8 Femininos/Masculinos 2012/2013 300 m
11:15 Pitufos Femininos/Masculinos 2014/2015 100 m
11:30 CARREIRA ABSOLUTA 2003/anteriores 6.000 m
12:00 ENTREGA DE PREMIOS
Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
Sub 18 2002/2003 Máster A de 35 a 44 anos Fem/Mas.
Sub 20 2000/2001 Máster B de 45 a 54 anos Fem/Mas.
Sub 23/Sénior 99 ata Máster Fem/Masc. Máster C de 55 anos en adiante Fem./Mas
Art.5) LUGAR DE SAIDA E PERCORRIDO.
Os circuítos discorrerán entre o Muelle de Panxón e Praia América, son circuítos llanos sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.
Art.6) INSCRICIÓNS.
Será obrigatorio: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, dni ou pasaporte, sexo, nº de licenza federativa si a ten, teléfono de contacto e nome do club no caso de non ser independente.
O prazo remata o martes martes 30 de xullo ás 23:59 horas, a organización será rigorosa co período de peche das inscricións.
INSCRIPCIONS CARREIRA ABSOLUTA DE SUB 18 A MÁSTER
Terán un custe de 7 €.
Farase acCedendo a páxina web da Federación Galega de Atletismo no enlace: www.carreirasgalegas.com, onde será
obrigatorio facer o ingreso dos 7€ con tarxeta na pasarela de pago e cubrir os datos solicitados no formulario.
A carreira absoluta, está limitada a 1.000 participantes.
INSCRIPCIONS CARREIRAS MENORES DE PITUFOS A SUB 16
Tamén se poderá facer na Piscina Mancomunada do Val Miñor en A Ramallosa –Nigrán (Serviocio).
Nos mesmos lugares indicados anteriormente, ou na oficina de turismo de Praia América.
Art.7) RETIRADA DE DORSAIS.
Os dorsais , serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira) debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e respectar a publicidade impresa se a houbese durante toda a proba. Ante calquer dúbida e imprescindible presentar o xustificante de pago para retirar o dorsal.
Art.8) PREMIOS.
CATEGORÍA ABSOLUTA
Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta .
Outorgaranse trofeos ao primeiro de cada categoría tanto feminina como masculina SUB 18, SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER A,B,C .
Os trofeos non serán acumulativos
CATEGORÍAS MENORES
Entregarase trofeo ao primeiro clasificado nas seguintes categorías menores tanto masculina como feminina:
SUB 8, SUB 10, SUB 12, SUB 14, SUB16, e medalla conmemorativa a todos os pitufos ata fin de existencias.
Os premios individuais non serán acumulables.
Haberá camiseta conmemorativo para os 500 primeiros inscritos da carreira absoluta.
A organización poderá esixir a documentación de todas/os aquelas/es participantes que leven premio.
Art.9) Todo corredor que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 50 minutos do comezo da proba.
Art.10) Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
Art.11) As reclamacións ós resultados oficias, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Art.12) SERVIZOS.
• Avituallamento o fin da carreira.
• Haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.
• A proba conta cun seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes. A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan
acontecer aos participantes desta carreira.
• Haberá servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de.Panxón
Art.13) Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento. Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.
ORGANIZACIÓN: SOCIEDAD ATLÉTICA VAL MIÑOR E CONCELLO DE NIGRAN–CONCELLARÍA DE DEPORTES
PATROCINIO: CONCELLO DE NIGRAN