Calendario
Info da proba

V Legua Irmandiña - Vimianzo

29/06/2019 21:00 - 22:30
Regulamento REGULAMENTO V LEGUA IRMANDIÑA
VIMIANZO, SÁBADO 29 DE XUÑO DE 2019
1. IDEOLOXÍA
Ao abeiro da festa do Asalto ao Castelo, a celebrar no seu día central o sábado
6 de xullo de 2019, XXIV edición, organízase esta carreira popular vertebrada
co Castelo e cunha distancia baseada nas antigas unidades de medida.
Por suposto, a carreira nace imbuída do espírito do Asalto, de tal xeito que a
chegada ao Castelo estará ambientada e decorada, máis alá dese momento
final monumento e da competición organizada no morrer do día.
Tamén por suposto, todas as idades terán acubillo nas distintas categorías que
conforman a carreira.
Os actos da proba concluirán coa cerimonia de entrega de premios e do
avituallamento líquido e sólido de rigor.
Desde o máis amable ánimo irmandiño convidámosvos a participar e a asaltar
ás carreiras o castelo. Arde Soneira!
2. CATEGORÍAS-DISTANCIAS-HORARIOS-PERCORRIDOS
Categorías Datas nacemento Categorías Datas nacemento
Pitufos (2012-2016) Cadete (2004-2005)
Benxamín (2010-2011) Xuvenil (2002-2003)
Alevín (2008-2009) Absoluta (2001 e anteriores)
Infantil (2006-2007)
Probas Horario Distancia
Irmandiña Pitufos 21:00 100 m aprox.
Irmandiña Benxamín e Alevín 21:15 1200 m aprox.
Irmandiña Infantil, Cadete e Xuvenil 21:40 2200 m aprox.
Legua Irmandiña 22:00 5500 m aprox.
3. NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE
1. Rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da
Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos
para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto
1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de
decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto
849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de
responsabilidade civil e de accidentes).
2. Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do
Concello de Vimianzo. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá
as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.
3. Contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e
un médico, como proba que non supera os 750 participantes.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou
percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima
oportuno por razóns de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta
laranxa a proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data
adecuada para desenvolvela e non se devolverán os cartos da inscrición.
6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira,
considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade
e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará
amparada polos seguros da proba.
8. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba non se
admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación
do Regulamento Xeral da proba. A Comisión Organizadora non se fará
responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a
participación nesta carreira. O non recollido no mesmo resolverase segundo
o criterio da comisión organizadora, sendo as súas decisións inapelables.
9. A organización porá a disposición dos participantes na carreira unha
instalación para que se poidan cambiar e duchar, así como un servizo de
garda roupa.
10.Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola
organización.
11.Descualificacións:
 O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba
a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
 Todo atleta que non realice o percorrido completo.
 O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en
protestas ante a organización.
4. DEREITOS DE IMAXE, USOS DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente
regulamento e calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade ou con
incapacidade xudicial deberá ir acompañada dunha autorización paterna
Regulamento V Legua Irmandiña
segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase
descargar da páxina web www.galitiming.com
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os
compromisos que a continuación se expoñen:
 O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os
pertinentes recoñecementos de saúde.
 Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...)
deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
 O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a
súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet, (…) para a
promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización
da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
5. SISTEMA DE CRONOMETRAXE, CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
 Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip.
Todas as probas, agás a categoría pitufo, serán cronometradas por
Galitiming. A proba de categoría pitufo iniciarase no mesmo punto en que
finaliza, isto é, na praza do concello. O resto das carreiras terán a saída na
praza do concello e a meta no castelo de Vimianzo.
 Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola
organización), agás pitufo.
 Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola
organización).
 O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación.
 O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a
dirección de carreira.
 O horario de apertura das mesas: a mesa de recollida de dorsais abrirá ás
19:30 e estará situada na Casa do Concello. Os dorsais e chips poderanse
recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba.
 A retirada de dorsal e chip deberá realizarse como mínimo con 30 minutos
de antelación ao inicio da carreira.
 Os chips son persoais e intransferibles polo que a suplantación da
personalidade dos atletas, sancionarase coa descualificación do portador e
do/a atleta suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos na inscrición.
6. INSCRICIÓNS
O prazo de inscrición para todas as categorías pecharase o xoves 27 de
xuño ás 23:59h., e non se aceptará ningunha inscrición unha vez
rematado dito prazo.
As inscricións para os atletas realizaranse a través da páxina web
www.galitiming.com tanto para os deportistas de categoría absoluta coma os
deportistas das categorías de base.
Cotas de inscrición:
 5€ para a categoría absoluta.
 Gratis para as categorías de base.
Regulamento V Legua Irmandiña
O prazo de inscrición para todas as categorías pecharase o xoves 27
de xuño ás 23:59h., e non se aceptará ningunha inscrición unha vez
rematado dito prazo.
7. CLASIFICACIÓNS, TROFEOS/MEDALLAS e ENTREGA DE PREMIOS
 Clasificacións da proba absoluta:
 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
 Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as
na categoría xeral (os tres primeiros e primeiras que entren na meta).
 Clasificacións das probas de base:
 Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros e primeiras
clasificados/as en cada unha das categorías (benxamín, alevín, infantil,
cadete e xuvenil).
 Ademais na categoría pitufo, benxamín e alevín recibirán medalla
conmemorativa e/ou premio afín todos os participantes na proba.
 Entrega de premios:
 A entrega de premios está prevista para ás 22h 00´ para as categorías
inferiores (agás pitufos) e ás 23h 00´ para a categoría absoluta. A entrega
de premios terá lugar no Castelo de Vimianzo, lugar no que se habilitará
un podio.