Calendario
Ver carrera

Lugo

14/06/2019 23:59 - 24:59

[ Go Back ]

Descripción III CARREIRA NOCTURNA MURUS LUCIS
“ROMANOS VS CASTREXOS”
• Data: Venres 14 de Xuño de 2019
• Hora: 23:59 h
• Lugar: Rampla acceso Adarve Muralla-Porta Santiago
• Proba cronometrada (chip)
• 1 VOLTA.
• 200 prazas
o 100 Romanos/as
o 100 Castrexos/as
• Inscricións online entre o 1 de Xuño e o 11 de Xuño en
www.championchipnorte.com
o Recollida de dorsais e vestimenta:
 CENTRO FORUS LUGO (Rúa Iglesias Otero, 52, 27004 Lugo) Estrada
Vella de Santiago
 MÉRCORES 12 a partires das 16:00 h da tarde / 13 e 14 de
Xuño en horario de apertura.
• Custo da Inscrición: 3 € que inclúe:
o Vestimenta de caracterización (100 Romano/a - 100 Castrexo/a)
 A elixir á hora da inscrición Romano ou Castrexo
 As prazas e a vestimenta se irá agotando por rigurosa orde de
inscrición.
o Avituallamento Líquido o finalizar a proba
o Seguro de Responsabilidade Civil
• Desenrolo da proba:
o Unha vez convocad@s os corredores/as no lugar da proba (rampla da
Muralla da Porta de Santiago) ás 23:45 h, escollerase a un
representante dos Romanos e a un dos Castrexos en presenza dos que
se fará o sorteo para elixir o sentido da súa carreira a escoller
cara á dereita ou cara á esquerda.
o 1 volta polo Adarve da Muralla correndo cada grupo no sentido
contrario, un grupo sairá cara a dereita, e o outro grupo sairá cara
á esquerda.
o Durante 250 mts aproximadamente, no tramo oposto da saída,
dividirase o adarve en dous mediante conos para que os/as
corredores/as de ambos equipos circulen obrigatoriamente pola súa
dereita, preferentemente deberán de correr sempre pola súa dereita
desde o primeiro momento en que se atopen de fronte ós/as
corredores/as do equipo contrario.
o Este tramo oposto á saída, estará iluminado por voluntarios da
organización pois é o máis conflitivo no que se cruzan .
o Haberá un gañador e unha gañadora absolutos en cada categoría:
 Categoría Romana
• 1º/ 1ª- Trofeo + coroa de loureiro
• 2º/ 2ª- Medalla + coroa de loureiro
• 3º/ 3ª -Medalla + coroa de loureiro
 Categoría Castrexa
• 1º/ 1ª- Trofeo Viga + coroa de loureiro
• 2º/ 2ª -Medalla + coroa de loureiro
• 3º/3ª –Medalla + coroa de loureiro
 Equipo Gañador resultará da suma dos 15 mellores tempos
masculinos e dos 10 mellores tempos femininos de cada
categoría (Romana e Castrexa), total 25 corredores/as
puntuarán para o seu equipo, que conservará o estatus de
Campión durante todo o ano.
o Punto de encontro Rampla acceso á Muralla na Porta de Santiago o
venres 14 de xuño ás 23:45 h.

[ Go Back ]