Calendario
Info da proba

Tríatlon O Porriño

08/06/2019 17:00
Regulamento http://triatlonconcellodoporrino.com/regulamento/

A Concellería de Deporte do Concello do Porriño en colaboración co Concello de Tui, pon en marcha a sexta edición do Triatlón Tui – Porriño. Tras a suspensión da proba do ano pasado polo terrible suceso acontecido na parroquia tudense de Paramos, o Triatlón Concello do Porriño volve este ano con máis forza se cabe. Estás preparado?

Regulamento

IMPORTANTE: Unha vez rematada a proba e pasados 30 minutos, procederase a desmontar o operativo para permitir a normalización do tráfico, polo que os deportistas deben recoller os seu material ca maior brevidade posible.
DATAS E HORARIOS DAS CARREIRAS

Sábado 8 de xuño, ás 17:00h.

No caso de superar os 300 participantes haberá dúas saídas, unha para triatletas federados e outra para non federados 5 minutos despois. A hora de remate da proba será sobre as 19:20 horas.

17:00 saída masculina

17:10 saída feminina
DISTANCIAS

Sprint: 0,750 km. de natación (1 volta) – 20,2 km. en bicicleta (1 volta)– 5 km. de carreira a pé (2 voltas).
INSCRICIÓNS

Dende o 4/04/2019 ás 0:01 ao 4/06/2019 ás 23:59. Máximo 350 participantes.
FORMA DE INSCRICIÓN

A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións/Inscricións, o que se pode acceder dende aquí. A cota de inscrición de federados será de 13€.
LICENZAS 1 DÍA

Unha vez no apartado COMPETICIÓNS picarase en Regulamentos/Inscricións para acceder á carreira. Dentro da Carreira picarase na ligazón INSCRICIÓN e introduciranse os datos.

O Pagamento realizarase a través de TPV con tarxeta bancaria. (Custe licenza de 1 día de 12 €+ 13€ Inscrición) Total ingreso *25€ (*Cadetes só 6 euros de licenza de un día) , para que a inscrición sexa válida, imprescindible enviar a copia do DNI en vigor á Federación (fegatri@hotmail.com).
AUTOBÚS

Os participantes deben dirixirse a Tui polos seus medios, a maioría faio en grupos e en bicicleta, ou ben no autobús da organización que sae ás 15:45 h. das inmedicións do Centro Cultural Municipal do Porriño (as prazas do autobús adxudícanse por rigorosa orde de chegada).

SAÍDA, TRANSICIÓN 1

Porto deportivo de Tui.

TRANSICIÓN 2

Avenida Domingo Bueno, Porriño.

META

Praza Antonio Palacios, Porriño.

RECOLLIDA DE DORSAIS E XESTIÓN DO MATERIAL DEPORTIVO


O día da proba, os corredores deben presentarse no Centro Cultural Municipal do Porriño, para a recollida de dorsais e material deportivo (camiseta do evento, gorro de natación… ), entre as 14.00 h. e as 15.45 h.
A continuación deben dirixirse a Tui, ben polos seus medios, a maioría faio en grupos e en bicicleta, ou ben no autobús da organización que sae ás 15:45 h. das inmedicións do Centro Cultural Municipal do Porriño (as prazas do autobús, adxudícanse por rigorosa orde de chegada). Á transición de Tui debe levarse unicamente a roupa de ciclismo e o neopreno para a auga, unha vez acabada a proba de natación, será depositado o material na cesta habilitada para tal fin, traído a O Porriño pola organización co dorsal de cada corredor e posto a disposición para a recollida no Centro Cultural Municipal do Porriño, unha vez finalizada a proba.
REUNIÓN TÉCNICA

As 16:30h na zona de saída.
CONTROL DE MATERIAL

T1 (Tui): De 15:45h a 16:45h.
T2 (Porriño): De 15:00h a 16:00h.
CATEGORÍAS

Cadete, junior, absoluta e veteráns.
TROFEOS

-Trofeos para os tres primeiros de cada categoría.
-Trofeo para o primeiro e primeira corredores locáis.
-Todos os que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo da proba.

Os/as deportistas e/ou clubs que non estean na entrega de premios (salvo causa de forza maior) non os recibirán, e serán sancionados por desconsideración ao organizador e ao resto dos deportistas (segundo os estatutos en vigor). Aquel deportista ou club que non estea presente na chamada ao podio será sancionado con 25 e 50 euros respectivamente e non poderá participar ata o seu abono.
NORMAS DE COMPETICIÓN

A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición das Federacións Galega e Española de Tríatlon.