Calendario
Info da proba

Lousame

29/06/2019 22:30 - 25:00
Regulamento O Club Lousame Deporte ca colaboración do Concello de Lousame, organizan o
I TRAIL NOCTURNO DE LOUSAME “FERVENZAS DE TOXOSOUTOS”, que se celebrará o
sábado, 29 de xuño, con saída e chegada, no entorno do Mosteiro de San Xusto de
Toxosoutos (San Xusto). A saída será ás 22:30 h.
Este evento nace co propósito de dar a coñecer a historia, patrimonio e beleza da
natureza do concello de Lousame, a través do deporte e promover a actividade física
entre a poboación.
 DATOS TÉCNICOS
A proba consta dun percorrido de 14 kms aprox., de dificultade media.
O tipo de terreo polo que discorre e variado, con algunha zona técnica, zonas rápidas,
…….. e cunha dificultade media.
Desnivel positivo 562 m, desnivel negativo 556 m, desnivel acumulado 1118 mts.
 REQUISITOS
o Ser maior de idade no día da proba
o Coñecer e aceptar o regulamento do evento. O descoñecemento do
mesmo, non exime do seu cumprimento.
o Posuír unha mínima condición física .
o Dispoñer do material mínimo que esixe esta disciplina ( zapatillas adecuadas,
…….. )
o Obrigatorio levar luz frontal, con batería suficiente para completar o percorrido.
o Obrigatorio levar teléfono móbil ó longo da carreira.
o Realizar correctamente tódolos pasos e requisitos para a inscrición
Antes da saída farase control do material obrigatorio, no caso de non cumprir cas
condicións esixidas, o/a corredor/a non poderá participar.
 INSCRICIÓNS
As inscricións realizaránse a través da páxina web www.emesports.es , coas
condicións e prazos que figuran en dita páxina.
O prezo de inscrición é de 12€, o cal, aparte doutras cousas (avituallamento,
seguros,..... ), inclúe cea ó remate da carreira, ofrecida pola empresa Kairos
( xestora do albergue de Toxosoutos ). É necesario ó formalizar a inscrición, sinalar
se se vai a quedar a cear ou non.
A inscrición implica o coñecemento e aceptación do regulamento do evento.
 RECOLLIDA DE DORSAIS E CHARLA TÉCNICA
 A tódolos/as participantes
Tempos de corte.- A partir das 1:00 h ( do domingo, 30 de xuño ), a organización non
se fai cargo dos/as deportistas que non chegasen a meta, e protección civil,
voluntariado e persoal da organización deixarán de estar operativos no percorrido.
o AVITUALLAMENTOS
1 avituallamento, sólido e líquido no kilómetro 7 aprox.
Dende a organización incidimos no respeto polo medio ambiente e o entorno no cal se
desenvolve a proba, e polo cal, solicitamos ós/as participantes que non tiren nada no mesmo.
En cada lugar dos avituallamentos haberá papeleiras onde depositar os residuos. É obriga de
cada participante levar os seus desperdicios ata a meta ou lugares sinalados nos
avituallamentos.
o TROFEOS
Haberá trofeos para os/as 3 primeiros/as clasificados/as na clasificación xeral.
Tamén haberá trofeo ó atleta de maior idade, tanto en categoría masculina coma
feminina.
Tamén realizaránse diferentes sorteos de material deportivo donado por Hoka One
One, a través do seu distribuidor Rekord Sport e Lurbel
o RETIRADAS E ABANDONOS
Calquera participante poderá retirarse da proba sempre que o desexe, avisando no
control máis próximo e entregando o dorsal á organización. A evacuación dos/as
participantes a meta efectuarase segundo a dispoñibilidade loxística da
organización.
No caso dalgunha urxencia en carreira, débese avisar ó teléfono de urxencias que
sae no dorsal, e a organización poñerá en funcionamento o protocolo para este
tipo de incidencias.
o EXCLUSIÓNS
Serán excluídos das probas todos aqueles que incumplan as seguintes
condicións: non seguir a ruta marcada pola organización; participar poñendo en risco
tanto ao entorno como aos demais participantes; non respetar a todos/as os/as
participantes; non cumprir as indicacións da organización; non respetar o medio
ambiente e a propiedade tanto pública como privada e non depositar os residuos nos
lugares que se habiliten para tal fin. Dado o carácter estrictamente popular, festivo e
deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu
deportivo.
o CAMBIOS E SUSPENSIÓN
A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias para un mellor desenvolvemento da actividade, así como a súa suspensión
ou aprazamento se as condicións meteorolóxicas o obrigan por casos de forza maior.
o OUTROS SERVIZOS
O servizo de duchas é moi limitado pola localización da saída e chegada do evento, co cal
disporemos dalgunhas duchas do albergue ( número sen concretar, según dispoñibilidade),
aínda que son escasas para un número tan elevado de participantes, co cal aconsellamos que
se teña en conta, para que cada participante actúe como considere para a súa hixiene persoal.
Habilitaránse as duchas do campo municipal de fútbol de cabanetán ( Lesende ), situadas a, 2,5
kms aprox.
o RESPONSABILIDADE
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e contratará outro de
accidentes, pero cada participante, polo mero feito de formalizar a inscrición, fáise
responsable individualmente dos danos que cause no desempeño da actividade,
sempre e cando esta non se realice nas condicións establecidas ou dentro dos
circuitos delimitados. A organización tampouco se responsabiliza dos obxectos
personais que poidan extraviarse ou danarse.
A organización declina toda responsabilidade, en caso de accidente por
neglixencia do /a participante.