Calendario
Info da proba

A Pobra do Caramiñal

25/08/2019 11:00 - 13:00
Regulamento O domingo 25 de agosto terá lugar no Concello da Pobra do Caramiñal a 11ª edición
da Carrreira popular deste Concello, que será á súa vez a 1ª proba do Circuíto de
carreiras populares Arousa Norte 2019. Esta proba pertence tamén ao VII Circuito
provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
As probas poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo como non
federados/as e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación
Gallega de Atletismo e seguirán o seguinte reglamento:
1- CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN:
As categorías de competición serán as seguintes:
CHUPETE 2014 e anteriores
PREBENXAMÍN anos 2012 e 2013
SUB 10 H/M anos 2010 e 2011
SUB 12 H/M anos 2008 e 2009
SUB 14 H/M anos 2006 e 2007
SUB 16 H/M anos 2004 e 2005
SUB 18 H/M anos 2002 e 2003
SUB 20 H/M anos 2000 e 2001
SUB 23 H/M anos 1997, 1998 e 1999
SENIOR H/M De 1996 ata máster
MASTER 1 H/M de 35 a 40 anos
MASTER 2 H/M de 41 a 49 anos
MASTER 3 H/M de 50 a 59 anos
MASTER 4 H/M de 60 anos en diante
2- HORARIO DAS PROBAS:
As probas seguirán o seguinte horario:
HORA CATEGORÍA ANOS DISTANCIA
11:00 h. SUB 12 –SUB 14 2006 – 2007
2008 – 2009
1,5 km. aprox.
(1º paso por meta)
11:00 h. SUB 16 2004 – 2005 5,4 km. aprox.
(1 volta ó circuíto)
11:00 h. “Zapatilla Inclusiva” Categoría Única 5,4 km. aprox.
(1 volta ó circuíto)
11:00 h. SUB 18, SUB 20, SUB 23,
SENIOR e MÁSTER 2003 e anteriores 10 km. aprox.
(2 voltas ao circuíto)
12.30 h. PREBENXAMIN 2012 – 2013 250 m. aprox.
12:45 h. SUB 10 2010 – 2011 650 m. aprox.
13:00 h. CHUPETES 2014 e anteriores 150 m. aprox.
13.30 h. ENTREGA DE PREMIOS
3- INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
As inscricións realizaranse online a través da páxina web www.emesports.es .
Os prezos de inscrición serán os seguintes:
CATEGORIA PREZO
ESCOLARES (de chupete a sub 16) GRATUÍTO
ADULTOS (de sub 18 a máster) 6 €
Todos/as aqueles/as atletas inscritos no Circuíto Arousa Norte 2019 non terán que
formalizar a inscrición nesta proba.
INFORMACIÓN
Para máis información poderán acudir ao Dpto. de Deportes do Concello da Pobra
do Caramiñal, na Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler” no horario de
9:30h. a 14:30h.
Para información telefónica poderán empregar o telf./fax: 981 832 590 / 981 831
545 ou o teléfono móbil 619 229 946.
Tamén poden consultar información relativa a proba e ao Circuíto na páxina web
http://www.arousa-norte.es .
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 22 de agosto ás 14 horas.
4- RECOLLIDA DE DORSAIS:
Os dorsais de competición poderán recollerse na Praza Maior da Pobra do Caramiñal
ata MEDIA HORA ANTES DO INICIO DE CADA CARREIRA.
5- SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS.
 A saída das probas estará ubicada na rúa da Paz. A meta estará ubicada
no interior da Praza Maior da Pobra.
 A categoría Sub 12 e Sub 14, sairán conxuntamente coa categoría
absoluta e terán a súa liña de saída 80 m. máis atrás da liña de saída
principal. Entrarán na meta no primeiro paso por esta.
 A categoría “Sapatilla inclusiva” sairán conxuntamente coa categoría
absoluta e terán a súa liña de saída 80 m. máis atrás da liña de saída
principal. Entrarán na meta ó completar a 1ª volta (5.400m.)
 A categoría Sub 16 sairá conxuntamente coa categoría absoluta e entrarán
na meta ó completar unha volta ó circuíto (5.400m.)
 As categorías SUB 18 – SUB 20 – SUB 23 – SENIOR – MÁSTER 1, 2, 3 e
4, realizarán a saída na rúa da Paz e entrarán na meta situada na Praza
Maior ó completar dúas voltas ó circuíto (10.000m. aprox.).
6- PREMIOS E AGASALLOS
A entrega de trofeos realizarase no lugar de meta a partir das 13:30 horas.
Outorgaranse os seguintes trofeos:
 Trofeos aos/as tres primeiras/os clasificadas/os por categoría (agás na
categoría Chupete que non haberá premiación).
 Premios en metálico e agasallos as/os cinco primeiros/as clasificados da xeral
absoluta.
 Medalla para todas/os participantes de Chupete a Sub 10.
 Camiseta técnica para os participantes na proba absoluta (10 km aprox.).
PREMIOS EN METÁLICO PROBA ABSOLUTA
HOMES MULLERES
1º) 200 € 1ª) 200 €
2º) 100 € 2ª) 100 €
3º) 75 € 3ª) 75 €
4º) 50 € 4ª) 50 €
5º) 30 € 5ª) 30 €
Ás/ós atletas gañadoras/es dos premios en metálico poderáselle requerir
documentación acreditativa da súa identidade (DNI ou permiso de circulación en
vigor).
RÉCORD DA PROBA HOMES E MULLERES: 150 € (deserto por ser novo circuíto).
7- SERVIZO DE DUCHAS E VESTIARIOS.
Haberá servizo de duchas e vestiarios no Edificio de Usos Náuticos.
8- SERVIZOS MÉDICOS E FISIOTERAPIA.
A organización disporá dos servicios médicos obrigatorios, seguro de
accidentes deportivos e responsabilidade civil e servizo de fisioterapia na zona
de chegada.
9- RECLAMACIÓNS.
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da
competición, ubicado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da
publicacións dos resultados oficiais que serán expostos en lugar visible pola
organización.
10- DESCUALIFICACIÓNS.
Os/as xuíces/as da proba e membros da organización reservaranse a
facultade de descalificar ao infractor/a que, comprobada calquera irregularidade:
non leve visible o seu dorsal, manipule ou ceda a outro, altere os datos
facilitados á organización ou ao xuíz árbitro con respecto aos que figuran no seu
DNI ou ficha federativa, non completar o percorrido completo, manifeste un mal
estado físico, non facilite á organización a documentación que se lle requira, ou
incumpra calquer outra norma contemplada nas normas de competición vixentes
da FGA e RFEA para probas en ruta.
Serán descualificados os/as corredores/as que non respeten as indicacións da
Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, Xurado, Servicios Médicos ou
membros da Organización debidamente identificados.
As/os corredores descualificados perderán o dereito a recibir calquera premio
en metálico ou trofeo.
11- RESPONSABILIDADE.
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou
causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente,
o participante declara polo feito de inscribirse, baixo a súa responsabilidade,
terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en
condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita
responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e accidentes
deportivos que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
12- PARTICIPACION DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIONS
AUTONÓMICAS E EXTRANXEIROS/AS.
Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións
autonómicas rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do “REGLAMENTO
PARA LAS COMPETICIONES DE CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA, TRAIL
Y PISTA 2018-2019”. Máis información de esta norma no ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06_ReglamentoCompeticiones .pdf
13- ARTIGO 23: LOPD.
Todos/a os/asas corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a
publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación
e/ou internet.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflexado no presente regulamento rexirase polas normas vixentes da
FGA e RFEA.