Calendario
Ver carrera

Curtis

02/08/2019 19:15 - 20:15

[ Go Back ]

Descripción REGLAMENTO I MILLA URBANA CONCELLO DEC URTIS
O Concello de Curtis, a través da súa Concellería de Deportes, organizarán o venres 2 de
agosto de 2019 a partir das 19:00 horas, a I Milla Urbana Concello de Curtis.
A proba levarase a cabo na localidade de Teixeiro, Concello de Curtis (A Coruña) e
estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de
Santiago) . A probas estará suxeita o seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación
conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
e Atletismo.
2. SAIDA E META:
A saída da proba será ás 19:30 horas dende a R/ Ramón Espiñeira á Praza de España, a
meta estará ubicada na Praza de España.
3. CATEGORIAS DE PARTICIPACION
As categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
BIBERÓN I atletas nados/as no 2015 e 2016
BIBERON II atletas nados/as no 2013 e 2014
PREBENXAMIN atletas nados/as no 2011 e 2012
BENXAMIN_Sub 10 atletas nados/as no 2010 e 2011
ALEVIN_Sub 12 atletas nados/as no 2008 e 2009
INFANTIL_Sub 14 atletas nados/as no 2006 e 2007
CADETE_Sub 16 atletas nados/as no 2004 e 2005
XUVENIL_Sub 18 atletas nados/as no 2002 e 2003
JUNIOR -Sub 20 atletas nados/as no 2000 e 2001
PROMESA – Sub 23 atletas nados/as no 1997, 1998 e 1999
SENIOR atletas nados/as entre 1985 e 1996
MASTER 1 atletas nados/as entre 1979 e 1984
MASTER 2 atletas nados/as entre 1969 e 1978
MASTER 3 atletas nados/as entre 1959 e 1968
MASTER 4 atletas nados/as en 1958 e anteriores
4. DISTANCIAS E HORARIOS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
19h Categorías biberón I y II. 20m 20m aprox.
19:20h Prebenxamín e Sub 10 200m 200m aprox.
19:45h Sub 12, Sub 14, Sub 16 e Sub 18 1 milla
20:00h Categoría Absoluta. 1 milla
20:20 h ENTREGA DE PREMIOS
5. INSCRICIÓNS
Os participantes deberán realizar a súa inscrición na páxina web www.carreirasgalegas.com.
Máis información na web www.atletismo.gal con data límite o luns 29 de xullo ás 23:59
horas.
PREZOS DA INSCRICION:
- PROBA ABSOLUTA (de junior- Sub 20 en adiante): 6,00 €
O pago da inscrición haberá que realizalo pola pasarela de pago da páxina
www.carreirasgalegas.com.
6. PREMIOS e AGASALLOS
Outorgaranse os seguintes premios:
• Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no
regulamento da proba.
• Trofeo o/a primeiro/a clasificado/a local da carreira absoluta.
• Trofeo ós/ás tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta
• Agasallo conmemorativo para todos/as os/as participantes.
OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS, excepto o primeriro/a clasificado
local da proba absoluta.
7. RETIRADA DE DORSAIS
Realizaranse o día da proba na Praza de España, localidade de Teixeiro de 17:30h a
18:30h.
O dorsal-chip entregado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na zona anterior
do corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será
descalificado.
8. DESCUALIFICACIONS
Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos
regulamentos FGA e RFEA en vigor referentes a probas en ruta, será descualificado a
criterio do Xuíz Árbitro da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER
DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos
despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos
estando autorizados para descualificar a calquer participante que incumpra as ditas normas
de competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade
individual ou colectiva durante a proba.
9. Haberá servicio de duchas a disposición dos atletas no polideportivo e ximnasio municipal
de Teixeiro, na R/ Faragullas s/n (a 200m da praza de España).
10. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da
FGA e RFEA en vigor.
11. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do
mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
-- --
RESPONSABILIDADE
Esta proba forma parte do calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo, e polo tanto,
todo o non reflectido no presente regulamento rexerase, por esta orde, polas normas da FGA, RFEA e da
IAAF.
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento
médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da
devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias
inherentes á proba.
LOPD Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, o/a participante
consente expresamente que os seus datos sexan utilizados polo Concello de Curtis e a Federación
Galega de Atletismo para comunicacións sobre as súas actividades e publicación de reportaxes sobre a
proba.

[ Go Back ]