Calendario
Ver carrera

Riveira - Carreira pola diversidade

14/07/2019 10:30 - 11:15

[ Go Back ]

Descripción ORGANIZA: Asociación Ambar.
COLABORA: Concello de Riveira.
Carreira urbana inclusiva, con circuito accesible.
Saída da Explanada de Coroso ás 10:30
Inscripcións: https://www.carreirasgalegas.com/carreira/v-carreira-pola-diversidade/f4a9bcd6-ffec-eaa2-13b0-39eda0d21465

Modalidades:
Zapatilla
Zapatilla inclusiva.
Cadeira de atletismo
Hand bike

REGULAMENTO:

Art. 1) PRESENTACIÓN

a) A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional organiza o día 14 de Xullo no Concello de Riveira a V Carreira pola Diversidade. Trátase dunha proba con circuíto urbano con saída ás 10:30h. da explanada de Coroso.
Ojo morado A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, e formará parte do seu calendario oficial.
c) A carreira ten carácter inclusivo e poden participar todas aquelas persoas maiores de 14 anos.
d) Tras esta proba realizaranse probas infantís, de carácter non competitivo.

Art. 2) MODALIDADES
Existen 5 modalidades da carreira e os participantes deberán optar a unha das seguintes opcións:
 Modalidade 5.000 m Zapatilla absoluta.
 Modalidade 5.000 m Zapatilla inclusiva. Poderán inscribirse nesta categoría todas as persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan en ningunha das outras modalidades.
 Modalidade 5.000 m Hand Bike.
 Modalidade 5.000 m “Cadeira de atletismo”.
 Probas infantís: adaptadas por idades, sen carácter competitivo.


Art. 3) CATEGORÍAS

1. Establécense as seguintes categorías para ambos os xéneros, masculino e feminino, con trofeo para os 3 primeiros postos de cada unha:
 Zapatilla: Home/Muller
o Sub 23: desde 14-23 anos.
o Sénior: 24-34.
o Master 1: 35-44
o Master: Desde 45 anos.
 Zapatilla Inclusiva: Home/muller.
 “Cadeira de atletismo”: Home/Muller
 Handbike: Home/Muller
2. Os tempos alcanzados polos participantes con dorsal 000 non se terán en conta na clasificación final.

Art. 4) INSCRICIÓNS
A cota de inscrición é de 6 €. A recadación será destinada a programas de deporte inclusivo.
O tope de inscritos será de 300 adultos no total das distintas modalidades.
A inscrición nas modalidades de Cadeira de atletismo e handbike darán dereito a hospedaxe do deportista e 1 acompañante a noite do día 13/07/2019, por orde de inscrición ata fin de existencias.
A inscrición poderá facerse na seguinte web:
Páxina web: www.carreirasgalegas.com
Ademais, nesta mesma páxina web, existe a posibilidade de facer a inscrición do “Dorsal 0” (trátase do abono dunha cota solidaria), debendo indicar no concepto “Carreira dorsal 0”. Tamén se poderá adquirir na mesa de dorsais o propio día da proba.
Os dorsais recolleranse no punto de Información e avituallamento preto da saída, a partir das 09:45 h. Cada dorsal irá acompañado dun detalle conmemorativo.
A data límite de inscrición termina o día 11 de Xullo ás 23:59 horas.
A partir desta data só poderase formalizar a inscrición con dorsal 0 nos teléfonos 981875475/981874480, ou o propio día no punto de repartición de dorsais, se non se ten superado o límite de inscritos.
Art. 5) CLASIFICACIÓN E PREMIOS
A clasificación será por categorías, de modo que recibirán trofeo os 3 primeiros participantes de cada categoría, tanto masculina como feminina.
Art. 6) CONTROL DE CARREIRA
A carreira estará controlada ao longo do seu percorrido polo persoal correspondente (apertura e peche de carreira, sinalizacións, etc.). O control de chegada pechará ás 11:15 h.
Art. 7) SERVIZOS
A proba conta cun seguro de responsabilidade civil así como con servizo de ambulancia e médico. Tamén estarán a disposición dos participantes vestiarios e duchas no Centro de Raqueta (Pavillón de Coroso) e no IES. Nº 1 adxacentes ao lugar de realización da carreira.


Art. Cool PROBAS INFANTÍS:
Ao terminar a V Carreira pola Diversidade, realizaranse varias probas infantís, baixo as seguintes condicións:
- Inscrición gratuíta. Efectuarase nos mesmos puntos que a proba de adultos. Data límite de inscrición 11 de Xullo ás 23:59 horas.
- Tope de inscritos 150 nenos.
- Non se realizarán clasificacións das probas infantís, todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa.
- Inicio do primeiro grupo ao rematar a proba absoluta.
- Percorridos accesibles, e adaptados aos grupos de idade sendo:

o 9-13 anos 1.200 m.
o 6-8 anos 600 m.
o 3-5 anos 75 m.

As categorías e percorridos poderán ser modificados se non se acada un mínimo de 15 nenos inscritos por categoría.
Art. 9) SORTEO DE AGASALLOS:
Ao finalizar a entrega de trofeos farase un sorteo de distintos agasallos doados por entidades da comarca. Incluiranse no sorteo os dorsais 000. Os agasallos sortearanse entre as persoas presentes.
Art. 10) SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL
Esta proba dispón de un seguro de responsabilidade civil e de accidentes, polo que para poder desfrutar do mesmo é imprescindible que os corredores se inscriban na páxina web e fagan constar todos os datos que nela se solicitan.
A organización non se fará responsable nos casos que os datos sexan falseados pola persoa inscrita, nin en aqueles participantes que asistan á proba sen realizar a correspondente inscrición oficial.

Art. 11) PERCORRIDO:
O percorrido terá unha distancia de 5.000 m.

[ Go Back ]