Calendario
Ver carrera

Guntín

25/08/2019 11:00 - 12:30

[ Go Back ]

Descripción I MILLA URBANA CONCELLO DE GUNTÍN-CTO PROVINCIAL ABSOLUTO MILLA
CTO GALICIA 1KM RUTA DE MENORES
REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Guntín organiza a I Milla Urbana Concello de Guntín-Cto Provincial absoluto
de Milla e Cto Galicia de 1km ruta de menores. A proba organizarase o vindeiro Domingo 25
de agosto de 2019, con saída e meta na Travesía Meixaboi.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición
física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos. O circuíto estará homologado
pola Real Federación Española de Atletismo.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2012 e posteriores) 12.20 h 100m
SUB 10 (2010-2011) 11.00 h 2 voltas (1000m)
SUB 12 (2008-2009) 11.10 h 2 voltas (1000m)
SUB 14 (2006-2007) 11.20 h 2 voltas (1000m)
SUB 16 (2004-2005) 11.30 h 2 voltas (1000m)
SUB 18/20/23 (1997-2003) 12.30 h 3 voltas (1609m)
SENIOR (1996 e anteriores ata Máster) 12.30 h 3 voltas (1609m)
MÁSTER A 35-44 anos 11.45 h 3 voltas (1609m)
MÁSTER B 45-54 anos 11.55 h 3 voltas (1609m)
MÁSTER C +55 anos 12.05 h 3 voltas (1609m)
Artigo 4: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo.
(poremos o enlace da páxina web de inscrición).
• A inscrición pecharase o XOVES día 22 de agosto ás 23:59 horas.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo
participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión
quedará en man da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados
para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento. Serán motivo de
descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA,
RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo.
Os dereitos de inscrición nas probas de adultos terán un custe de 2€.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán
sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de licenza e o club.
Artigo 5.1. A inscrición para o Campionato de Galicia de 1km en ruta para as categorías Sub 10,
Sub 12, Sub 14 e Sub 16, será a través do ligazón da RFEA https://isis.rfea.es/sirfea2/ e terán que
ser os clubs os que inscriban no campionato aos seus atletas ata o martes 20 de agosto ata as
20:00h. Máis información na Circular 87-2019 do Campionato.
A inscrición no Campionato será gratuíta, ero o/a atleta que non se inscriba na proba popular do
Concello de Guntín a través de carreirasgalegas.com, perderá a opción a recibir calquera tipo de
premio ou trofeo das carreiras populares.
Artigo 6: Retirada de Dorsais:
Os dorsáis retiraranse o día da proba na zona habilitada na Rúa Meixaboi ata 45’ antes da saída
de cada proba.
Artigo 7: Premios:
• Medalla da FGA para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos das probas do
Cto de Galicia de menores.
• Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta referida
ao Cto Provincial.
• Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos
da proba popular.
• Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos
para esta categoría nin se farán clasificacións.
• Nas categorías de menores darase medalla a todos os participantes, así como trofeo aos
tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
• A entrega de premios será aproximadamente, ás 12.45h.
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Vestiarios, baños e duchas no campo de fútbol a escasos metros do circuito.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
5. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros
sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Artigo 9: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.

[ Go Back ]