Calendario
Info da proba

Ares

03/08/2019 11:00 - 12:30
Regulamento Regulamento Completo:
 A proba denomínase XXVIII Milla Urbana Concello de Ares. E unha proba
oficial da FGA, con distancia non homologada.
 Esta proba pertence ao Circuíto provincial de Carreiras Populares da
Deputación da Coruña.
 Terá lugar o sábado 3 de agosto, dende as 11 horas no Paseo marítimo da vila
de Ares. O recorrido e totalmente cha e disponse ao longo do paseo marítimo
da vila nun circuíto de ida e volta de iguais dimensións sobre o que iranse
cubrindo as distancias de cada unha das categorías que son as que seguen.
 Haberá categorías tanto masculinas como femininas.
 Ata prebenxamíns, incluídos entregarase unha medalla a cada participante e non
existirá clasificación oficial nesas probas correndo todos os participantes co
dorsal número 01.
 Dende benxamíns ata veteráns 4, haberá pódium das probas, con entrega de
medallas aos/ás 1, 2, e 3 clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos
como en femininos.
 Haberá trofeo ao gañador absoluto e á gañadora absoluta da proba, así como ao
corredor/a máis xove e ao/á máis veterá.
 As inscricións faranse a través da páxina web da Federación Galega de
Atletismo, rematando o prazo ás 23.59 horas do mércores 31 de xullo. Os
dorsais poderán retirarse o venres 2 de agosto de 9 a 14 horas na Alianza
Aresana, ou o mesmo sábado no mesmo lugar ata media hora antes da proba.
Non poderán tramitarse inscricións o mesmo día.
 As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a modo
particular, sin ser autorizadas polo organizador, non están amparadas polos
seguros da proba. A FGA non farase responsable dos danos que estas persoas
poidan causar ou causarse.
 As reclamacións referentes aos resultados oficiais, deberán ser feitas
verbalmente ao xuíz árbitro, non máis de 30 minutos despois de comunicarse
oficialmente os resultados.
 Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos
persoais, competir co dorsal ou chip de outras persoas.
 Os atletas con licenza pola FGA, deberán competir ca camiseta oficial do seu
Club.
 Os atletas con licenza federativa, terán que aterse ao Regulamento de Disciplina
Deportiva vixente.
 SERVIZOS: persoal sanitario, ambulancia, zona hidratación. A proba conta
cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para
os participantes.
 No restante seguirase a normativa de aplicación no VII Circuíto de Carreiras
Populares da Deputación da Coruña, tanto no tocante ao réxime disciplinario
como a o de premios.
 Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamento por instancias superiores.
CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS
(METROS)
HORARIO
ESTIMADO
Prebiberóns 2016 50 ( liña recta ata a
meta)
11.05
Biberóns 2014-15 100 ( liña recta ata a
meta)
11.07
Prebenxamíns 2012-13 250 ( xiro 125m) 11.10
Benxamíns/ sub10 2010-11 500 ( xiro 250m) 11.20
Alevíns/ sub12 2008-09 800 ( xiro 400m) 11.30
Infantís/sub14 2006-07 1000 ( xiro 500m) 11.40
Cadetes/sub16 2004-05 1600 ( xiro 800m) 11.50
Xuvenís/sub18 2002-03 1600 ( xiro 800m) 11.50
Xuniors/sub20 2000-01 1600 ( xiro 800m) 12.00
Promesa/sub23 1997-99 1600 ( xiro 800m) 12.00
Seniors 1985-1996 1600 ( xiro 800m) 12.00
Máster 1 1979-1984 1600 ( xiro 800m) 12.00
Máster 2 1970-1978 1600 ( xiro 800m) 12.10
Máster 3 1969-1960 1600 ( xiro 800m) 12.10
Máster 4 1959 e anteriores 1600 ( xiro 800m) 12.10