Calendario
Info da proba

Monte Comado

13/10/2019 9:30 - 13:30
Regulamento 1- EDICIÓN:
• 1/2 Vertical: Sexta
• Trail: Quinta
2- ORGANIZA:
ACD Praias de Comado
COLABORAN:
Casa Elena Turismo Rural
Taxi Valea
Peña Barcelonista San Miguel
Café Bar Moderno & Hotel Ría do Masma
Pinturas Centeno
Concello de Barreiros
Agrupación de Protección Civil de Barreiros
2-CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
Vertical:
- Senior: Persoas nacidas dende 2004 a 1979, ambos anos incluídos.
- Veterana/o: Persoas nacidas en 1978 ou antes.
Trail 12km e trail 28km:
- Senior: Persoas nacidas dende 2001 a 1979, ambos incluidos.
- Veterana/o: Persoas nacidas en 1978 ou antes.
Trail infantil:
- Iniciación: Persoas nacidas nos anos 2019 a 2012 - Categoría non competitiva
- Alevín: Persoas nacidas nos anos 2011 a 2008
- Infantil: Persoas nacidas nos anos 2007 a 2005
3-LUGAR E DATA
Sábado 12 de outubro: 1/2 km Vertical + Trail infantil
1/2 km Vertical:
➢ Saída dende a praia de Arealonga (Santiago de Reinante - Barreiros - Lugo) ás 16.30h. Existirá servizo de
traslado para as persoas participantes dende a meta ata o lugar de saída, así como servizo de portamochilas da
saída ata a meta. Recoméndase mandar unha mochila con roupa para abrigarse ao remate da carreira, xa que
a diferenza de temperatura pode ser notable.
➢ A meta estará situada no cumio do Monte Comado en Reinante-Barreiros-Lugo.
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 1 hora antes na zona de saída ( praia de Arealonga), ata
media hora antes da saída.
Trail infantil:
➢ As carreiras infantís terán lugar no cumio do Monte Comado, a partir das 17.30h. O traslado
ata a zona de carreira será por conta das persoas interesadas.
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 1 hora antes na zona de saída (cumio de monte Comado).
Domingo 13 de outubro: Trail 12 km + Trail 28 km
Trail 28 km:
➢ Saída do Barral en Celeiro de Mariñaos-Barreiros-Lugo, ás 9:30h.
➢ A meta estará situada na praza de Reinante-Barreiros-Lugo. Disporase de autobuses para trasladar ás persoas
participantes da liña de meta ata a saída, antes da proba. Os horarios dos buses serán comunicados semanas
previas á proba.
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 2 horas antes, na zona de meta ( praza de Reinante), lugar
do cal parten os autobuses para a zona de saída; ata a saída do último bus.
Trail 12 km:
➢ Saída e chegada á praza de Reinante-Barreiros-Lugo, ás 10:30h.
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 2 horas antes, na zona de saída ( praza de Reinante), ata
media hora antes do comezo da proba.
➢ Peche de control:
Vertical: 18.00 horas en meta.
Trail 12 km: 14:00 horas en meta.
Trail 28 km: 12.30 horas no 4º avituallamento sito na Barranca, 14:00h. en meta.
➢ Entrega de trofeos:
Vertical: 18.00 h. na zona de meta (Monte Comado)
Trails: 14.00 h. na zona de meta (Praza de Reinante)
4-PERCORRIDO
1/2km Vertical:
➢ Saída dende a mesma praia de Arealonga, a nivel de mar, en Santiago de Reinante.
➢ Percorreranse varias estradas e camiños da localidade de Reinante, atravesando a rasa costeira ata chegar á
Estrada Nacional 634, a cal se atravesará (con control da Guardia Civil de Tráfico) á altura do PK 563,700.
Posteriormente, xa nas faldas do monte Comado, o percorrido continuará por un camiño de montaña cara o
cumio do mesmo.
➢ Distancia total: 4.400m. aproximadamente, salvando un desnivel de 490m. positivos.
TRAIL 12km:
➢ Saída dende a praza de Santiago de Reinante (a carón da Estrada Nacional 634), percorreranse pistas
asfaltadas e camiños forestais polas faldas do Monte Comado en Reinante e San Miguel de Reinante.
➢ Distancia aproximada 10km. e un desnivel acumulado de 635m. positivos.
TRAIL 28km:
➢ Saída dende o Barral en Celeiro de Mariñaos-Barreiros-Lugo, dende onde se percorreran pistas e camiños
forestais polos montes de Celeiro de Mariñaos, San Cosme de Barreiros, San Pedro de Benquerencia, San
Miguel de Reinante e Santiago de Reinante.
➢ Distancia aproximada de 28km e un desnivel acumulado de 1720m. positivos.
.
5-PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas as persoas que o desexen e por razón de idade teñan cabida nas categorías que se establecen.
6-INSCRICIÓN
➢ A inscrición realizarase a través da páxina web da carreira:
http://www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/, e tamén por medio da páxina
http://www.montecomado.galitiming.com/
➢ Prazo: estará aberto ata o 9 de outubro de 2019 ás 23:59h.
➢ Coste da participación:
Vertical: 8 € ata o 30/09/2019 - 10 € dende 01/10/2019 ata o 9/10/2019.
Trail 12km: 15 € ata o 30/09/2019 – 18 € dende 01/10/2019 ata o 9/10/2019.
Trail 28 km: 18 € ata o 30/09/2019 - 21€ dende 01/10/2019 ata o 9/10/2019.
NOTA: A inscrición en calquera dos Trail inclúe a inscrición no 1/2 km Vertical, non sendo obrigatoria esta
participación. É dicir, poderase participar nun Trail sen acudir á proba do 1/2 km Vertical.
• Trail infantil: De balde
➢ Dorsal: Cada persoa participante disporá dun dorsal con número para a súa identificación. As persoas que
participen no 1/2 km vertical deberán empregar o mesmo dorsal para o Trail.
➢ Aceptación das bases: a inscrición en calquera das probas anteriores supón a aceptación deste regulamento
por parte das persoas participantes, así como a publicación tanto do nome e apelidos como da súa imaxe, ben
nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e internet, ou en calquera outro medio que a
organización estime oportuno para a publicidade desta proba. O descoñecemento deste regulamento non exime
do seu cumprimento.
7- AVITUALLAMENTO
➢ 1/2 VERTICAL + TRAIL INFANTIL:
Haberá 1 punto de avituallamiento líquido e sólido en meta.
➢ TRAILS:
A organización ofrece café + biscoito antes da saída.
• Trail 12 km: Dous avituallamientos. O primeiro en Monte Comado, km 5,5 (liquido e sólido), 2º
avituallamento en meta (líquido e sólido).
• Trail 28 km: Seis avituallamentos. 1º en Celeiro, km 6,7, líquido; 2º en Santo Estevo, km 11,2, líquido e sólido;
3º en Penabor, km 15, líquido; 4º en A Barranca, km 20, líquido e sólido; 5º en Monte Comado, km 25,4, líquido;
6º en meta, líquido e sólido.
➢ Recoméndase o uso de cinto portabidóns ou mochila con auga (especialmente se fai calor).
8- SINALIZACIÓN
O percorrido estará debidamente balizado. Do mesmo xeito, en diferentes puntos haberá persoal de axuda así como
persoas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tanto a disposición das persoas participantes como exercendo
tarefas de control de seguridade no percorrido. Aínda tendo en conta a sinalización, recoméndase que as persoas
participantes extremen as precaucións, especialmente en pistas asfaltadas, ante a posibilidade de que algún vehículo
faga caso omiso dos controis da proba.
9-TROFEOS
Haberá trofeo para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, así como para o gañador e a gañadora
absolutos. A entrega dos mesmos terá lugar ao remate das carreiras.
10-DEPORTIVIDADE
Toda persoa participante debe prestar axuda a outra participante e/ou voluntaria accidentada e comunicalo no punto de
control máis próximo ou a calquera outra persoa da organización. Igualmente, deberán acatarse as normas establecidas
pola organización e as recomendacións da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
11-OUTROS
➢ A organización non se fai responsable dos danos físicos, morais, materiais ou económicos, tanto dos
participantes como dos acompañantes, derivados da participación nesta proba.
➢ A organización poderá descalificar a toda aquela persoa participante que teña unha actitude antideportiva ou
que dificulte o bo desenvolvemento da proba.
➢ A proba contará con unha ambulancia medicalizada, seguro de accidentes e de Responsabilidade Civil e servizos
de protección civil.
➢ Servizo de duchas nas Escolas Vellas de Santiago de Reinante (preto da meta).
➢ Ao remate da carreira a organización ofrecerá pinchos para as persoas participantes e acompañantes.
➢ Contacto:
praias.de.comado@gmail.com
xose9@hotmail.com
- Tfno. 653 68 46 15