Calendario
Info da proba

Narón

17/08/2019 21:30 - 22:30
Regulamento
Articulo 1. O club Pasa ou Entorna, en colaboración co Concello de Narón organiza a II carreira
nocturna Cidade de Narón. Disputarase o 17 de Agosto de 2019 as 21:30, Con saida e chegada na
praza de Galicia, situada no citado concello.
Articulo 2. Inscripcións. Realizaránse na páxina Ranckr.com, ata ó día 14 de Agosto de 2019, o precio
será de 5 € ata o dia 11 de dito mes, e de 7 € ata o día 14 as 23:59 que se pechará o prazo. Non se
admitirán inscripcions posteriores a dita data. Haberá un límite de 500 inscritos.
Articulo 3. Categorías. Todas as categorías sairán ao mesmo tempo, sendo a distribución das mesmas
a seguinte.
Categoría Edades Distancia Hora de salida
Senior 16-34 7.000 21:30
Veterano A 35-44 7.000 21:30
Veterano B 45-54 7.000 21:30
Veterano C 55 en Adiante 7.000 21:30
A Idade será a que se teña o día da celebración da proba.
Articulo 4. Premios. Haberá premios os 3 primeiros/as clasificados na proba, así como os 3
primeiros/as de cada categoría. Non sendo os premios acumulativos.
Haberá asimesmo premio o club mais numeroso que participe na proba.
Haberá tamén agasallo para o participante masculino/femenino de mais Idade.
Haberá premio especial o corred@r que recorra no tempo mais breve o tramo de subida a Picotiña.
Será un tramo especial cronometrado e estará perfectamente indicado pola organización. ( 450 mts. ).
Premio para o home máis rápido e para a muller mais rápido nese tramo, e que además quede nos 30
primeiros do seu sexo na clasificación xeral
Todo aquel que cruce a liña de meta obterá unha bolsa do corredor onde verá gratamente
compensado a inscripción e o esforzo realizado para chegar a esta.
Articulo 5. Baños/Duchas.
– Haberá baños na zona de saida/chegada, no auditorio municipal.
- Duchas: Unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores vestiarios con
duchas femininas e masculinas, no local social do Alto, a escasos 300 metros da chegada.
Articulo 6. As 20:00 celebraranse carreiras para as categorías de menores. As categorías serán as
seguintes
20.10 Nados/as en 2004-2005-2006 1300 m aprox lebres
20.30 Nados/as en 2007-2008-2009 650 m aprox coellos
20.40 Nados/as en 2010 e 2011 450 m aprox coelliños
20.45 Mini Nados/as en 2012 e 2015 90 m aprox gazapos
A inscripción terá un precio de 1€ por cativo e será na mesma web que os maiores.
Articulo 7. - Tódolos inscritos participan voluntariamente e declaran, baixo a súa responsabilidade,
realizar o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións físicas óptimas para
realizar a proba, eximindo a Organización de dita responsabilidade. A Organización: -
Responsabilízase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero declina toda
responsabilidade no caso de padecemento latente, accidente por abandono do itinerario establecido
ou neglixencia do participante. - Disporá dos servizos médicos, de acordo coa lexislación vixente e coa
colaboración de Protección Civil e a policía local nos puntos máis estratéxicos do percorrido. - Non se
fai responsable dos danos que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta proba.
- Non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa e /ou errónea
por parte do corredor ou en quen este delegue.
Articulo 8. A recollida de dorsais será o Venres 16 pola tarde, en horario de 17:30 a 20:00, no
Decathlon de Ferrol, e o Sábado 18, en horario de 10:30 a 13:00 e de 19:00 ata 45 minutos antes de
comenzar a proba na zona da Saida da carreira.
Articulo 9. Os participantes deberán correr co dorsal colocado no peito todo o recorrido, seguindo as
indicacions da organización, además deberán levalo a entrega de trofeos e agasallos. Ningún vehículo
alleo a organización poderá acompañar a ningún corredor, xa que supora motivo de expulsión
inmediata da competición.
Articulo 10. RECLAMACIÓNS. Todas as reclamacións faranse verbalmente ó Xuíz Árbitro, situado
na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
A duración da proba será de 60 minutos, os corredores que non cheguen nese tempo serán
descalificados.
Apendice. Planos Duchas e baños. Plano percorrido