Calendario
Ver carrera

Santiag

21/05/2019 20:00 - 21:00

[ Go Back ]

Descripción O martes 21 de maio a partir das 20.00 horas celebrarase na Cidade da Cultura de Galicia, a 1ª CARREIRA SOLIDARIA PONCHE NA súa PEL, evento patrocinado pola compañía farmacéutica Bristol- Myers Squibb e que estará baixo e control técnico do comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.
POR CADA PARTICIPANTE QUE LOGRE CONCLUÍR A PROBA a compañía farmaceútica Bristol- Myers Squibb DOARÁ 10 € Á ASOCIACIÓN MELANOMA ESPAÑA PARA A LOITA CONTRA ESTA ENFERMIDADE.
Poderán participar todas aquelas persoas que formalicen a súa inscrición nos prazos indicados. O control da proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de xuíces da Federación Galega de Atletismo.
PERCORRIDO: A carreira disputarase sobre un circuíto de 2,5 km de percorrido nos arredores da Cidade da Cultura de Galicia.
A saída e meta da carreira situarase na Praza Central, á beira das Torres Hedjuk.
RETIRADA DE DORSAIS: Os dorsais recolleranse o día da proba no lugar de saída / meta ata 30’ antes do inicio da proba nun lugar habilitado para iso.
A organización habilitará un servizo de ROUPEIRO para quen desexe utilizalo.
AVITUALLAMENTO: líquido e sólido na zona de meta por cortesía dos patrocinadores.
PREMIOS
Trofeo para os/as tres primeiros/ as clasificados/ as absolutos da proba.
Trofeo para os/as tres primeiros/niveis clasificados/ as de cada categoría establecida no presente regulamento.
Os TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS de forma que ningún participante poderá recibir 2 trofeos.

[ Go Back ]