Calendario
Info da proba

Vila de Cruces

02/06/2019 11:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO DA IV CARREIRA POPULAR “O GALO
CORRE” DE VILA DE CRUCES
2 de Xuño de 2019
1- O Concello de Vila de Cruces, organiza a IV carreira popular “O galo corre” de Vila
de Cruces , que terá lugar o 2 de Xuño . Trátase dunha proba de carreira a pé non
federada que contará co apoio técnico de EMESPORTS, que levará a cabo a
cronometraxe da mesma.
2- As categorías nas que se poderá participar e a distancia a percorrer e horarios serán as
seguintes:
3- O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de Maio do 2019. Para facer a
inscrición será necesario apuntarse antes de esa data na páxina www.emesports.es .
4- O prezo da carreira variará en función da categoría dos partipantes sendo:
➢ Gratuito: da categoría Su
5- O prezo da inscripción inclúe:
➢ Dorsal personalizado da proba.
➢ Seguro de accidentes deportivo.
➢ Servizo de ambulancia.
➢ Regalo de participación na carreira popular de Vila de Cruces.
➢ Avituallamento durante a carreira e o remate da mesma.
➢ A organización ofrecerá a posibilidade de ducharse no pavillón municipal de Vila
de Cruces que está situado a 700 metros da saída. 42°47'29.5"N 8°09'56.4"W
6- A saída da carreira e a chegada terá lugar na praza do Concello “Juan Carlos I”.
42°47'38.0"N 8°10'11.8"W
7- A organización habilitará unhas zonas donde os participantes poderán deixar as súas
pertenzas durante a realización da proba, así mesmo, a organización non se fará
responsable de calquera problema que ocurra nos espazos habilitados.
8- Tódolos participantes polo feito de tomala saída, aceptan o presente regulamento e a
cesión dos dereitos de imaxe (sen fins comerciais) á organización.
9- O percorrido da carreira será polo casco urbano de Vila de Cruces; dito percorrido
estará cerrado ó tráfico durante o periodo da mesma, ainda así,recomendamos a tódolos
participantes presten atención por se algún vehículo salta calquera sinalización que estea
colocada para o corte da circulación.
10- A IV carreira Popular de Vila de Cruces “O galo corre” contará con servizo de
ambulancia para calquera incidente que se poida producir durante a realización da
proba. A organización non se fará responsable dos accidentes, nos que puidera ser
causa, a neglixencia dos participantes. Recomendamos a tódolos participantes que se
teñen alguna doenza ou limitación que poida requerir unha atención especial no
desenvolvemento da proba o comuniquen á organización, de non facelo, as
consecuencias serán sempre da súa responsabilidade.
11- A tódolos participantes se lle dará o dorsal personalizado correspondente a súa
categoría, que deberá colocar no peito de forma visible para súa identificación durante a
proba e chegada. A recollida de dorsais farase o mesmo día da proba, o 2 de Xuño na
praza do Concello “Juan Carlos I”, dende 1 hora antes do inicio de cada proba. No
dorsal da proba irá o chip para a cronometaxe.
12- A organización colocará ó longo do percorrido puntos de control, os cales serán
descalificantes para o que cometa algunha irregularidade.
13- A organización colocará un punto intermedio de posto de auga na carreira absoluta, e
despois na chegada haberá froita e demais alimentos e auga para tódolos participantes.
14- A organización conta cun seguro de responsibilidade civil e contratará outro de
accidentes, pero cada participante, polo mero feito de formalizar a inscrición, faise
responsable individualmente dos danos que cause no desempeño da actividade, sempre
e cando esta non se realice nas condicións establecidas ou dentro dos circuitos
delimitados. A organización tampouco se responsabiliza dos obxectos persoais que
poidan extraviarse ou danarse nas zonas nas que habilitará.
15- A entrega de trofeos fárase ó acabar tódalas probas.
➢ Os trofeos non serán acumulativos.
➢ Medallas para as categorías Sub 6, Sub 8, Sub 10, Sub 12.
➢ Trofeo para os 3 primeiros homes e mulleres, da carreira Absoluta.
➢ Trofeo para os 3 primeiros de cada categoría é sexo.
➢ Haberá un obsequio especial para os primeiros atletas masculino e femenino da
carreira absoluta.
13- O feito de inscribirse na proba suporá a TOTAL aceptación das bases que conforman
este regulamento, polo que o descoñecemento do mesmo non exime do cumprimento.