Calendario
Ver carrera

A Pontenova

08/06/2019 17:30 - 19:00

[ Go Back ]

Descripción 2ª CARREIRA POPULAR VIA VERDE DO EO
(HOMENAXE Manolo Lastra “Ventura”)
REGULAMENTO
ARTIGO 1. – DATA E LUGAR:
A Asociación Cultural e Deportiva As minas (A Pontenova) organiza a 2ª CARREIRA
POPULAR VÍA VERDE DO EO (HOMENAXE A Manolo Lastra “Ventura”) o vindeiro Sábado
8 de Xuño de 2019 as 17:30h nas proximidades da zona “Pé da Viña” (PONTENOVA).
ARTIGO 2. – PARTICIPACIÓN:
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha
condición física suficiente para rematar a proba.
ARTIGO 3. – PERCORRIDO E DISTANCIA:
O circuito da 2ª Carrera Popular VIA VERDE DO EO constará de 10KM. Percorrerá vías
asfaltadas e de terra, e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. o percorrido estará controlado por vehículos da organización, e estará
sinalizado en cada punto kilométrico.
A SAÍDA será nas proximidades da zona “Pé da Viña”-Antiga Vía do Tren Mineiro que unía
A Pontenova con Ribadeo e atravesará os Concellos de Trabada, Santirso e A Pontenova,
sempre por pistas e estradas ao carón do rio Eo, atravesaránse 4 túneis da antigua vía do
tren, a META situaráse na Praza dos Fornos de A Pontenova.
ARTIGO 4. – CATEGORÍAS E HORARIO:
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PROMESAS (2000-2005) 17.30 h 10000m
SENIOR (desde 1999 ata 34) 17.30 h 10000m
MÁSTER A (de 35 a 44 anos) 17.30 h 10000m
MÁSTER B (de 45 a 54 anos) 17.30 h 10000m
MÁSTER C (55 anos en adiante) 17.30 h 10000m
ARTIGO 5. – PECHE DE CONTROL:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 75’ despois da saída da mesma.
ARTIGO 6. – INSCRIPCIÓNS:
• A inscripción farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de
Atletismo www.carreirasgalegas.com.
• Terá un custe de 5€.
• O período de inscripción rematará o XOVES 6 de Xuño ás 23.59h.
• Estableceráse un límite de participación de 230 atletas.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén
deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de
licenza e o clube.
ARTIGO 7. – CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:
• A inscripción na proba é persoal e intransferible, faráse na páxina da FGA
www.carreirasgalegas.com.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo
participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión
quedará en mans da organización.
• A proba estará controlada por o sistema de cronometraxe da Federación Galega de
Atletismo e polo Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descalificar a calquera atleta que incumpla o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal colocado de forma visible ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición da FGA, RFEA
e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
ARTIGO 8. – ENTREGA DE DORSAIS:
Os dorsáis retiraranse o día da proba, SÁBADO 8 DE XUÑO na Oficina de Turismo de A
Pontenova, dende as 15h ata as 17h. de onde sairán os buses cara a saída da proba.
ARTIGO 9. – TROFEOS E PREMIACIÓN:
• Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira.
• Trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto masculina como
feminina.
• A entrega de premios será na Praza dos Fornos, aproximadamente, ás 19.00h.
ARTIGO 10. – SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. CAMISETA para todos os participantes.
2. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. SERVIZO DE GARDAROUPA, na Oficina de Turismo dende as 15 ata as 17h.
5. SERVIZO DE AUTOBUSES. A organización poñerá a disposición dos participantes
na proba un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de
meta á saída. O servicio de autobuses sairá dende A Praza dos Fornos de A
Pontenova.
6. Baños, vestiarios e duchas no campo de fútbol de A Mina (a 100m da meta).
7. Avituallamento líquido e sólido ao final da proba para todos os participantes.
8. Avituallamento líquido no km 5.
9. Os participantes na carreira poderán desfrutar dun pequeno CONVITE ao rematar a
carreira mentres se realiza a entrega de premiación.
10. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente
informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será
para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que
corresponda).
ARTIGO 11. – SEGURO:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das
leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa
inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade
para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En
todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os
seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á
Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
ORGANIZA:
• Asociación Cultural e Deportiva As minas (A Pontenova)

[ Go Back ]