Calendario
Info da proba

Noia

31/08/2019 21:00 - 23:00
Regulamento XXIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA
O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizaRánn
conxuntamente a XXIII edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 31 de agosto de
2019 na localidade de Noia baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo
(Delegación en Santiago). Esta proba formará parte do VII CIRCUITO PROVINCIAL DE
CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA e se rexirá polo seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha sola clasificación
conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité de Xuices da Federación
Galega de Atletismo.
2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIAS APROX.
CHUPETE* nados/as en 2015 e posteriores 250 metros aprox.
PITUFO* nados/as en 2012-2013-2014 350 metros aprox.
SUB 10 nados/as en 2010-2011 1000 metros aprox.
SUB 12 nados/as en 2008-2009 1000 metros aprox.
SUB 14 nados/as en 2006-2007 3000 metros aprox.
SUB 16 nados/as en 2004-2005 3000 metros aprox.
SUB 18 nados/as en 2002-2003 3000 metros aprox.
SUB 20 nados/as en 2000-2001 8 km aprox.
SUB 23 nados/as en 1997-1998-1999 8 km aprox.
SENIOR nados/as entre 1985 e 1996 8 km aprox.
MASTER 1 MASC/FMNO nados/as entre 1979 e 1984 8 km aprox.
MASTER 2 MASC/FMNO nados/as entre 1970 e 1978 8 km aprox.
MASTER 3 MASC/FMNO nados/as entre 1960 e 1969 8 km aprox.
MASTER 4 MASC/FMNO nados/as en 1959 e anteriores 8 km aprox.
*As categorías CHUPETE e PITUFO non son categorías federadas.
CONCELLO
DE NOIA
3. HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada
proba, sita a mesma na Alameda de Noia e a carón da Casa do Concello.
HORA CATEGORÍA
21:00 h Chupete (250 metros aprox.)
21:07 h Pitufo (350 metros aprox.)
21:15 h Sub 10 e Sub 12 (1000 metros aprox.)
21:30 h Sub 14, Sub 16 e Sub 18 (3000 metros aprox.)
22:00 h Sub 20, Sub 23, Senior e Máster (8 km aprox.)
23:15 h ENTREGA DE PREMIOS (ALAMEDA)
4. As INSCRICIONS DAS PROBAS ESCOLARES (de chupete a sub 18) realizarase a través
da web www.emesports.es rellenando os datos indicados no formulario de inscrición online.
As INSCRICIONS DA PROBA DE ADULTOS (de Sub 20 a máster) realizaranse tamén a
través da web www.emesports.es. Establecerase un prezo de inscrición de 6 € por
participante que poderán formalizar a través da pasarela de pago na propia web.
O prazo de inscrición rematará o mércores 29 de agosto ás 23:59 horas, NON
ADMITÍNDOSE INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais de competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAIDA das
probas ata media hora antes do inicio de cada proba. Teléfono de información: 981 842 100 e
654 28 56 92 (De Martes a Venres de 09:00 a 15:00).
Os atletas da categoría sub 18 que desexen tomar parte na proba absoluta (8 km
aprox.) deberán comunicalo previamente no correo electrónico santiago@atletismo.gal
onde se lle indicará como deben proceder.
5. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Estableceranse os seguintes prêmios:
 Tres primeiros/as clasificados/as masculinos e femininos da proba absoluta (adultos).
 Tres primeiros/as classificados/as de cada categoría estabelecida no presente
regulamento, tanto masculinos como femininos.
 Tres primeiros/as atletas locais clasificados/as da proba absoluta, tanto masculino
como feminino.
 Trofeo para os 3 primeiros clubes da clasificación final.
Os trofeos non serán acumulativos, agás o dos atletas locais.
Na clasificación por clubes puntuarán os 6 primeiros atletas de cada clube, dándolle 1
punto ao 1º, 2 puntos ó 2º, etc ... o clube que menos puntos acade será o vencedor. O
empate resolverase segundo o disposto na normativa da IAFF. Para poder obtar a este
prêmios os equipos deberán estar federados en atletismo, feito que deberán xustificar así
como a composición de cada equipo, co certificado federativo ou da delegación
correspondente no seu defecto remitindoo previamente ao email santiago@atletismo.gal .
Os clubes poderán ser mixtos.
Nas categorías CHUPETE e PITUFO daranse medalla a todos os participantes. Non
haberá trofeos nestas categorías nin se farán clasificacións.
PREMIOS EN METÁLICO
PROBA ABSOLUTA (De sub 20 a máster).
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado: 300 € 1ª Clasificada: 300 €
2º Clasificado: 175 € 2ª Clasificada: 175 €
3º Clasificado: 125 € 3ª Clasificada: 125 €
PREMIOS A CLUBES
1º Clube Clasificado: 200 €
2º Clube Clasificado: 100 €
3º Clube Clasificado: 75 €

Os premios en metálico serán aboados por transferencia bancaria con posterioridade ás
probas. Para elo tódolos atletas e clubes gañadores dos mesmos deberán acreditar a súa
identidade coa presentación do DNI, CIF, carnet de conducir ou pasaporte e deberán aportar o
seu nº de conta.
6. Os atletas da carreira absoluta correrán cun CHIP que lle será entregado no momento da
recollida do dorsal. Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal ou non o leve
colocado de xeito visible na zona anterior do corpo será automáticamente descualificado.
7. Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas
rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do “REGLAMENTO PARA LAS
COMPETICIONES DE CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA, TRAIL Y PISTA 2018-2019”.
Máis información de esta norma no ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06_ReglamentoCompeticiones.pdf

8. Haberá dous puntos de avituallamento: un situado aproximadamente a metade de
percorrido, e outro situado na liña de meta.
9. Habera servizo de duchas no polideportivo municipal de Noia disposición de tódolos atletas ó
finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán unha camiseta
conmemorativa do evento.
10. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
11. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo cos regulamentos da
FGA e RFEA en vigor para probas en ruta.