Calendario
Ver carrera

Dombate

21/09/2019 17:00 - 20:00

[ Go Back ]

Descripción VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE
A VI Carreira Popular Dolmen de Dombate, enmárcase dentro do VII circuito
Provincial de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña 2019
IDEOLOXÍA
A Carreira Popular ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e
deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable, e acercar implicar
tamén á poboación en xeral para que visite e se conciencie da importancia do
xacemento do Dolmen de Dombate.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto
nenos/as como adultos.
A posibilidade de participación é:
- Corredores de carreiras: son aqueles deportistas (adultos e menores de idade)
que se inscriben nunha proba das que se compón o circuito.
- Na proba de 3 k participarán en categoría sénior independentemente da súa
idade.
Na proba de 10 k (categoría sénior, M40 e M50 ) a distancia e de 10.000
metros aprox.
CATEGORÍAS E DISTANCIAS E HORARIOS DAS CARREIRAS
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Pitufo/Biberón Mixto 2012-2017 300 m (aprox.) 18:15h
Benxamín Mixto 2010-2011 1.000 m (aprox.) 18:00h
Alevín Masculino
Femenino 2008-2009 1.000 m (aprox.) 17:45h
Infantil Masculino
Femenino 2006-2007 3.000 m (aprox.) 17:00h
Cadete Masculino
Femenino 2004-2005 3.000 m (aprox.) 17:00h
Xuvenil Masculino
Femenino 2002-2003 3.000 m (aprox.) 17:00h
Sénior 3k Masculino
Femenino
A partires de 2001
( incluído) 3.000 m (aprox.) 17:00h
Sénior 10k Masculino
Femenino 2001 ata veteranos 10.000 m (aprox.) 18:45h
Veteranos M40 Masculino
Femenino De 40 a 49 anos 10.000 m (aprox.) 18:45h
Veteranos M50 Masculino
Femenino 50 anos ou máis 10.000 m (aprox.) 18:45h
 Cada atleta das categorías Veteranos (M40 E M50) competirán na que lle
corresponda por idade cumprina no día da carreira.
NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE
1. A VI Carreira Popular Dolmen de Dombate rexerase pola regulamentación de
Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que
establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía
urbana (Real Decreto 1428 ∕2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306
do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto
849 ∕1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de
responsabilidade civil e de accidentes).
2. A proba estará subscrita ó seguro de responsabilidade civil do concello. Tamén
contará cun seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no
Real Decreto 849 ∕ 1993.
3. A proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia
e un médico para aquelas probas que non superen os 750 participantes.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou
percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estime oportuno
por razón de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta
laranxa a proba será suspendida automaricamente.
6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira,
considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e
non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada
polos seguros da proba.
8. Poderanse efectuar reclamacións ante Xuíz Árbitro da proba. A participación é
libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non
previsto neste regulamento resolverase de acordó, por esta orde, as normas da
F.G.A., RFEA e I.A.A.F.en vigor.
9. A organización porá a disposición dos participantes na carreira unha
instalación para que se poidan cambiar e duchar, así como un servizo de garda
roupa. No caso do Concello de Cabana de Bergantiños os atletas poderán usar
o Pavillón Municipal, situado en A Carballa (na zona do Concello e do colexio) e
haberá servizo de Bus antes e ao finalizar a carreira.
10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola
organización.
11. A organización poñerá a disposición dos participantes Servizo de Fisioterapia.
12. Descualificacións:
 O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a
proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
 Todo atleta que non realice o percorrido completo.
 O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere
en protestas ante a organización.
13. As carreiras 10k e 3k estarán sinaladas cada kilómetro.
14. Na carreira 10 k habilitarase un avituallamento líquido no quilómetro 6
aproximadamente. No resto das carreiras habilitarase o avituallamento
especial de meta.
15. Xunto co dorsal e o chip farase entrega da camiseta conmemorativa a tódolos
participantes . A organización agradecería ós atletas que corresen a proba con
ela sempre e cando sexa posible.
DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento
e calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada
dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito
modelo poderase descargar en www.concello-cabana.es, así coma de
www.championchipnorte.com.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que
a continuación se exponen:
 O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
 Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atención especiais,…)deberá
facelo constar no reverso do dorsal da proba.
 O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet, (…) para a
promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización
da súa imaxe previa a solicitude expresa por escrito.
SISTEMA DE CRONOMETRAXE/CHIPS E DORSAIS
 Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip
(deberá ir sexeuto ós cordóns das zapatillas).
 Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola
organización), agás pitufo.
 Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola
organización).
 O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba.
 O atleta que non porte dorsal poderá ser descalificado se así o estima a
dirección de carreira.
 Tanto os dorsais coma os chips ( no caso de non posuílos) poderanse recoller nos
seguintes lugares e días:
- Categorías dende pitufos/biberón a xuvenís: o venres 20 de 10:00 a 14:00
na Casa da Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños e o sábado 21 de 10:00
a 14:00 na Casa da Cultura e de 15:30 a 16:30 no Centro de Arqueolóxico do
Dolmen de Dombate
- Categorías senior e demáis das probas de 3km e 10 km: o sábado 21 de
10:00 a 14:00 na Casa da Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños e de 15:30
a 18:00 no Centro de Arqueolóxico do Dolmen de Dombate.
 Os corredores de carreira e os corredores de categorías inferiores usarán o “chip
de carreira” que deberán devolver á organización ó remate da mesma.
• Estes corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira no
lugar habilitado para tal efecto ata 30 minutos antes do inicio da
proba.
 Os chips son persoais e intransferibles polo que a suplantación da personalidade
dos atletas, sancionarase coa expulsión do circuito do portador e do/a atleta
suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuito.
INSCRICIÓN
As inscricións para os atletas de categorías sénior e veteranos realizaranse a través da
páxina web www.championchipnorte.com. O prazo de inscrición remata o mércores 18
de setembro
As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da
plataforma championchip ou presentando un formulario de inscrición no
departamento de cultura e deportes do concello organizador.
Así mesmo deberán achegar a autorización paterna no momento de realizar a
inscrición.
Tipo de inscrición para atletas adultos:
Corredores de carreira:
• Deberán realizar a inscrición para aquela proba na que queiran
participar.
• Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida
do dorsal e que deberán devolver ó remate da proba.
Inscricións de Categoría Base:
A inscrición para os atletas de categorías base, dende pitufo/biberón a xuvenil, serán
gratuítas.
As inscricións para os atletas benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil poderán
realizarse a través de:
1) Plataforma championchip (www.championchipnorte.com.) A autorización
paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á
hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en
www.championchipnorte.com ou www. concello-cabana.es
2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Cultura e
Deportes do Concello de Cabana de Bergantiños.
Os/as atletas de categoría Pitufo/Biberón deberán facer a inscrición do seguinte
xeito:
1) Enviando un email a cabana@concello-cabana.es
coa autorización paterna cuberta e asinada. Á hora de recoller o dorsal
deberá presentarse impresa e asinada dita autorización paterna, poderá
descargarse en www.concello-cabana.es
2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Cultura
e Deportes do concello de Cabana de Bergantiños.
Cotas de inscrición:
 A inscrición para os atletas é gratuíta
PERCORRIDOS E HORARIOS DAS CARREIRAS DAS DIFERENTES CATEGORÍAS
A) Infantil: 2006 -2007, Cadete 2004-2005, Xuvenil 2002 – 2003 e Absolutos 3K a
partir de 2001, é decir, que cumpran 18 anos ou máis en 2019: ( 17:00 h )
Percorrido: Polo chan de Borneiro.
3km. aprox.
Ojo morado Alevín: 2008 - 2009 ( 17:45 h ) Percorrido: Polo chan de Borneiro.
1km. aprox.
C) Benxamín: 2010 – 2011 ( 18:00 h ) Percorrido: Polo chan de Borneiro.
1km. aprox.
D) Pituf@s / Biberón: 2012 - 2017 ( 18:15 h ). Percorrido: Polo chan de Borneiro.
300 m. aprox.
E) Absoluta 10 KM APROX. ( 18:45 h) . Tempo máximo de remate da proba 1h e 20´
E.1) Sénior: 2001 ata veterán
E.2) Veterán A: de 40 a 49 anos
E.3) Veterán B: de 50 ou máis anos
CLASIFICACIÓNS E TROFEOS /MEDALLAS
 Clasificacións da proba 10 k:
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
• Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ó podio os tres primeiros/as
clasificados/as en cada unha das categorías (sénior, M40 e M50).
• Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a
empadroado do concello organizador da proba.
 Clasificacións da proba 3 k:
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas inscritos na proba.
• Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ó podio os tres primeiros/as
clasificados/as na categoría xeral (os tres primeiros/as que entren na
meta).
 Clasificacións das probas de base:
• Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ó podio os tres primeiros/as
clasificados/as en cada unha das categorías (infantil, cadete e xuvenil).
• En categorías benxamín e alevín recibirán medallas todos os
participantes na proba, aínda que só subirán ó podio únicamente os tres
primeiros clasificados en cada categoría.
• En categoría pitufo/biberón recibirán medalla conmemorativa todos os
participantes na proba pero non subirán ó podio.
 Entrega de trofeos ós campións da VI CARREIRA POPULAR DOLMEN DE
DOMBATE:
Unha vez rematadas as probas organizarase un acto de entrega de
trofeos/medallas a tódolos atletas campións en cada unha das categorías
(benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, sénior, M40, M50 e local ).
O lugar será no Centro de Arqueolóxico do Dolmen de Dombate.

[ Go Back ]