Calendario
Info da proba

Silleda

07/06/2019 20:00 - 21:30
Regulamento V CARREIRA POPULAR “ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA”

A Fundación Semana Verde de Galicia coa colaboración da Federación Galega de Atletismo organizará a V Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia que se celebrará o venres 7 de xuño de 2019.
Poderán participar atletas federados e non federados. Realizarase unha clasificación conxunta. Esta proba está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo.

LUGAR DE SAIDA E PERCORRIDO
O lugar de saída para as distintas probas será no paseo central do Recinto Feiral Internacional de Galicia en Silleda - Pontevedra (ver plano anexo)
a. Percorrido Pitufos (linea roxa)
b. Percorrido Benxamín – Alevín (2 voltas, 1.200 m aprox.)
c. Percorrido Infantil – Cadete (5 voltas, 2.300 m)
d. Percorrido absoluta 7k (95% asfalto e 5% terra)
INSCRICIÓNS
Dende o 6 de maio de 2019 todos os atletas poderán inscribirse no formulario habilitado para tal efecto na páxina web www.carreirasgalegas.com. O custe da inscrición será de 5€ para as categoría absoluta e gratuíta para as categorías escolares.
O prazo de inscrición rematará o día 5 de xuño as 20:00 horas non admitíndose baixo ningún concepto, inscricións fora do prazo establecido no presente reglamento.
Esta proba pertence ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS.
A retirada de dorsais e chips realizarase o día 7 de xuño unha hora antes da proba nas inmediacións da liña de saída.
PREMIOS E AGASALLOS
• Tod@s @s participantes da categoría Pitufos recibirán un diploma.
• Os tres primeiros clasificad@s do resto das categorías BEN-ALE-INF-CAD-XUV recibirán trofeo.
• Os tres primeir@s clasificad@s do resto das categorías JUN-PRO-SEN-VET recibirán un trofeo.
• Trofeo para o atleta mais veterano.
• Trofeo o atleta local mellor clasificado.
• Medalla para tod@s os participantes.
• Ademais establécense os seguintes premios en metálico na categoría absoluta:
1º Masculino e 1ª Feminina: 150 euros
2º Masculino e 2ª Feminina: 100 euros
3º Masculino e 3ª Feminina: 50 euros

• Para os Clubs masculinos e femeninos haberá por clasificación os seguintes premios en metálico:
1º Club Masculino e 1º Club Feminino: 200 euros
2º Club Masculino e 2º Club Feminino: 100 euros
3º Club Masculino e 2º Club Feminino: 75 euros
• Os premios non serán acumulativos
• Na proba absoluta coa retirada do dorsal entregarase unha camiseta .

Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado naa parte anterior do corpo, en toda a súa extensión ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, será descalificado a criterio do xuiz árbitro competición.
A organización establece un peche de control 60’ despois da chegada do 1º clasificado absoluto da proba.
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a organización ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Non se permite a participación con mascotas. A organización recomenda ós participantes, pola súa seguridade, que non participen con dispositivos reprodutores de música con auriculares.

SERVIZOS
Na zoa de saída e meta atoparanse os servizos médicos, ambulancia, avituallamento, duchas e aparcamento gratuíto.
A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA e RFEA en vigor para probas en ruta.
REGULAMENTO COMPLETO