Calendario
Info da proba

Redondela

13/07/2019 22:00
Regulamento
REGULAMENTO XERAL CARREIRA ADULTOS
1. A saída e a chegada situaranse diante da casa do Concello de Redondela.

2. A XII Carreira Popular Concello de Redondela será de carácter popular.

3. A inscrición na proba suporá a total aceptación deste regulamento por tódolos atletas participantes.

4. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

5. O Concello de Redondela e a Asociación deportiva C.A.R non se fan responsables dos danos morais, materiais ou físicos que poidan sufrir os participantes nesta proba. Se ben porán tódolos medios dos que se dispoñan para solucionar os imprevistos que poidan xurdir durante a proba.

6. Dorsal e chip: Será obrigatorio lucir o dorsal tal e como o facilita a organización,
quedando prohibido dobralo ou cortalo. Tamén se deberá portar o chip debidamente atado nos cordóns das zapatillas.

7. Descalificacións: Será motivo de descalificación directa, correr sen dorsal ou sen chip, suplantar a un corredor ou falsificar os datos da inscrición.

8. Idade mínima: Na proba absoluta non poderán participar os menores de 16 anos.

9. Establécense as seguintes categorías:
- Senior (masculino e feminino): nados entre 1995 e 2003.
- Máster A (masculino e feminino): nados entre 1985 e 1994.
- Máster B (masculino e feminino): nados entre 1975 e 1984.
- Máster C (masculino e feminino): nados entre 1965 e 1974.
- Máster D (masculino e feminino): nados entre 1964 e anteriores.

10. Premios: haberá trofeos para os tres primeiros clasificados da xeral, para os tres primeiros de cada categoría e para os tres primeiros veciños de Redondela (nados ou empadroados no concello), tanto en categoría masculina como femenina. Os trofeos non serán acumulativos, unicamente os entregados ós veciños de Redondela.

11. Reclamacións: Polo seu carácter estritamente deportivo e popular non se admitirán reclamacións.

12. Avituallamentos: Ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.

13. Servizos de vestiarios e duchas no Pavillón Municipal de Redondela.

14. Inscricións: Realizaránse na páxina ChampionchipNorte ou presencialmente en horario comercial na zapatería Susuela (rúa Adro 32) ata as 23:59 horas do día 10 de xullo. O precio da inscripción será de 5 euros + 1 euro por aluguer de Chip no caso de non dispor del. De cada inscrición doarase un 1 euro para a Asociación de atención a persoas con enfermedades mentais LENDA.

15. Todas as persoas que non aparezan o xoves 11 de xullo nos listados definitivos da web da empresa encargada da cronometraxe, non estarán correctamente inscritas. A forma de pago pola web é a través dunha pasarela de PAGO SEGURO.Non se aceptarán inscricións fora de prazo, o día da carreira ou sen tódolos datos obrigatorios.

16. Recollida dorsais: Os dorsais poderanse recoller o sábado, día 13, dende as 18:00h e ata media hora antes do inicio da carreira, nos soportais do Concello, a carón da saída e meta da proba.

17. Conforme á L.O. 15/1999, os datos persoais recollidos pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación Deportiva C.A.R. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a proba así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á Asociación deportiva C.A.R, xuntando unha fotocopia do seu DNI.

18. Autorízase a organización para a utilización de calquera imaxe obtida durante a proba en publicacións, carteis e medios dixitais.

19. Os participantes deberán estar na liña de meta 10 minutos antes da hora fixada para a saída da proba.

20. Todo o non previsto polo presente Regulamento resolverase segundo o criterio da organización.

21. A imaxe do circuito, así como as rúas polas que discorre o mesmo,aparecen nun anexo ao final do presente regulamento.

















REGULAMENTO XERAL CARREIRAS MENORES
1. A XII Carreira Popular Concello de Redondela de menores terá CARÁCTER NON COMPETITIVO.

2. As Inscricións dos menores serán de balde e deberán facelas o pai/nai, titor ou responsable do menor na web encargada da cronometraxe ou cubrindo e asinando o impreso habilitado.

3. A inscrición na proba suporá a total aceptación deste regulamento polo pai/nai, titor ou responsable do menor.

4. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

5. QUEDA EXPRESAMENTE PROHIBIDO CORRER A CARON DO MENOR OU INVADIR O CIRCUITO DURANTE A CARREIRA.

6. O Concello de Redondela e a Asociación deportiva C.A.R o non se fan responsables dos danos morais, materiais ou físicos que poidan sufrir os participantes nesta proba. Se ben porán tódolos medios dos que se dispoñan para solucionar os imprevistos que poidan xurdir durante a proba.

7. Dorsal: Será obrigatorio lucir o dorsal tal e como o facilita a organización, quedando prohibido dobralo ou cortalo. Non se permitirá correr a ningún neno sen o seu dorsal correspondente.

8. Establécense as seguintes categorías que terá que percorrer cadansúa distancia:
- PITUFOS - nados no 2.015 e 2.016 Distancia => 50 m.
- PREBENXAMÍN - nados no 2.012, 2.013 e 2.014 Distancia => 100 m.
- BENXAMÍN - nados no 2.010 e 2.011 Distancia => 800 m.
- ALEVÍN - nados no 2.008 e 2.009 Distancia => 1000 m.
- INFANTIL - nados no 2.006 e 2.007 Distancia => 1500 m.
- CADETES - nados no 2.004 e 2.005 Distancia => 3000 m.

9. Horarios, circuítos e saídas:
20:30 h – PITUFOS (Saída dende Xoán Crespo – Meta Concello)
20:50 h – PREBENXAMÍN (Saída dende A Imprenta – Meta Concello)
21:05 h – BENXAMÍN (Saída dende A Farola)
21:15 h - ALEVÍN (Saída e Meta no Concello)
21:25 h - INFANTIL (Saída e Meta no Concello)
21:35 h - CADETE (Saída e Meta no Concello)

10. A organización reservase o dereito de fragmentar en varias saídas nas calquera das categorías se por motivos de seguridade o número de participantes desaconsellase facer unha única saída. Neste caso, agruparanse as saídas en función dos anos de nacemento dos menores.
11. Premios: Haberá medalla para tódolos menos e nenas das categorías pitufo, prebenxamín e benxamín que crucen a meta e trofeos ós tres primeiros e primeiras das categorías alevín, infantil e cadete, tanto en categoría masculina como feminina. As categorías alevín, infantil e cadete deberán correr co chip entregado pola organización ó recoller o dorsal, o cal deberá ser entregado ó remate da proba.

12. Reclamacións: Polo seu carácter estritamente deportivo e popular non se admitirán reclamacións.

13. Avituallamentos: Ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.

14. Servizos de vestiarios e duchas: No Pavillón Municipal de Redondela.

15. Inscricións: Realizaranse na páxina ChampionchipNorte ou presencialmente en horario comercial na zapatería Susuela (rúa Adro 32) ata as 23:59 horas do día 10 de xullo. Non se aceptarán inscricións fora de prazo, o día da carreira ou sen tódolos datos obrigatorios.

16. Recollida dorsais: Os dorsais poderanse recoller o sábado, día 1, dende as 18:00 e ata media hora antes do inicio de cada proba.

17. Para a recollida dos dorsais das categorías inferiores, será necesario a doación dun kilo de alimentos non perecedeiros, que serán entregados pola organización a Cáritas Redondela.

18. Conforme á L.O. 15/1999, os datos persoais recollidos pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación Deportiva C.A.R. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a proba así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á Asociación Deportiva C.A.R, xuntando unha fotocopia do seu DNI.

19. Os participantes deberán estar na liña de meta 5 minutos antes da hora fixada para a saída da proba.

20. Todo o non previsto polo presente Regulamento resolverase segundo o criterio da organización.