Calendario
Ver carrera

Cambre

15/08/2019 10:20 - 12:20

[ Go Back ]

Descripción NORMATIVA XXX CARRERA POPULAR DE CAMBRE
Organiza Concello de Cambre e Federación Galega de Atletismo. Esta carreira está integrada dentro
das 30 carreiras do VII Circuíto de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña que se
desenvolverán ao longo do 2019
1.-HORARIO DAS SAÍDAS:
• 10:20 h: infantil, cadete e xuvenil (Sub 14, Sub 16 e Sub 18)
• 10:30 h: xunior (Sub 20), promesa (Sub 23), seniors e másters
• 12:00 h: alevín (sub 12)
• 12:10 h: benxamín (Sub 10)
• 12:20 h: mini
2.-LUGAR DE SAÍDA:
• Polideportivo Municipal de Cambre, Sofía Toro (detrás do Concello)
3.-INSCRICIONS:
Ata as 20:00h do Luns 12 de agosto na páxina web www.carreirasgalegas.com. Todas as categorías
son gratuítas.
4.-CATEGORÍAS (MASCULINAS E FEMININAS):
Mini 2012 e posteriores
Benxamín - Sub 10 2010-2011
Alevín - Sub 12 2008 -2009
Infantíl - Sub 14 2006 -2007
Cadete - Sub 16 2004 -2005
Xuvenil - Sub 18 2002 -2003
Xunior - Sub 20 2000-2001
Promesa - Sub 23 1997-1998-1999
Senior 1985-1996
Máster 1 1979-1984
Máster 2 1970-1978
Máster 3 1960-1969
Máster 4 1959 e anteriores
5.-CIRCUITOS:
CIRCUITO 1: (Nas inmediacións do Polideportivo de Cambre, Sofía Toro)
1.a) Carreira Mini:
Hora: 12:20 h.
Distancia: Entre 150 e 300 mts.
Carácter participativo, non haberá clasificación.
1.b) Carreira Benxamín (Sub 10):
Hora: 12:10 h.
Distancia: Entre 500 e 1.000 mts.
Premio: Agasallo para os tres primeiros nenos e tres primeiras nenas.
1.c) Carreira Alevín (Sub 12):
Hora: 12:00 h.
Distancia: Entre 600 e 1.100 mts.
Premio: Agasallo para os tres primeiros nenos e tres primeiras nenas.
CIRCUITO 2: (Saída dende o Pavillón Sofía Toro, baixada ó Río Mero e volta ó Pavillón)
Carreira Infantil (Sub 14):
Hora: 10:20 h.
Distancia: 2800 mts.
Premio: Agasallo para os tres primeiros nenos e tres primeiras nenas.
Carreira Cadete (Sub 16):
Hora: 10:20 h.
Distancia: 2800 mts.
Premio: Agasallo para os tres primeiros nenos e tres primeiras nenas.
Carreira Xuvenil (Sub 18):
Hora: 10:20 h.
Distancia: 2800 mts.
Premio: Agasallo para os tres primeiros nenos e tres primeiras nenas.
CIRCUITO 3:
Resto das Carreiras (Xunior (Sub 20), Promesa (Sub 23), Sénior, Máster 1, Máster 2, Máster 3 e
Máster 4):
Hora: 10:30 h.
Distancia: 7.500 mts.
Limitase a participación nesta carreira a 800 deportistas.
Premio: Agasallo para os tres primeir@s clasificad@s en cada categoría
MOI IMPORTANTE:
• A data tope de recepción de inscricións será o LUNS, 12 de agosto, ás 20:00 horas. Non se admitirá
baixo ningún concepto ningunha inscricións posterior á devandita data, nin por suposto o mesmo día da
competición.
• Na inscrición hai que indicar o nome completo, data de nacemento completa, procedencia (localidade,
club...), Número de licencia (en caso de ser federado) DNI (imprescindible), teléfono, dirección e e-mail
se queren recibir información, resultados, etc...
6.-RECOLLIDA DE DORSAIS:
No Pavillón Sofía Toro de Cambre o mércores 14 de agosto de 17:30 a 21:30 e, o mesmo día da
carreira, entre as 8:30 h e as 10:00 h. Recoméndase chegar con tempo suficiente para evitar colas de
última hora.
Importante: O dorsal ten adherido a parte traseira o chip de control, e moi importante no
manipular a pegatina que o cubre.
7.-CONTROL DE CHEGADA:
A cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo.
8.-TROFEOS E PREMIOS:
• Medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculina como feminina agás na
categoría de Minis.
• Na categoría minis todos os corredores recibirán un agasallo.
• Trofeo ao corredor/a de maior idade que termine a proba.
• Trofeo ao corredor/a de menor idade que termine a proba.
• Trofeo ao primeiro e primeira atleta clasificado/a de o Concello de Cambre, ben que resida no
municipio ou ben sexa natural do mesmo. Para optar a este premio deberá facer constar na inscrición
esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo deberá acreditar a súa residencia ou
nacemento en Cambre.
- Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.
- Farase entrega dos mesmos ao finalizar a proba.
9.-OUTROS
• Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero
agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As
reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de
30 minutos despois da publicación dos resultados.
• Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia o
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos
polo desprazamento; o lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no
percorrido de ningún vehículo axeno a organización, estando estes últimos debidamente identificados.
• Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o seguimento da
proba, estando rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda ou correndo a pe, sendo motivo de descualificación.
• A organización dispoñerá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora antes do
comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servicios médicos, están facultados
para retirar da carreira a calquera participante que manifestase un mal estado físico durante o desarrollo
da mesma. Así mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na
carreira un recoñecemento de aptitude médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que impida a
súa participación.
• A inscrición implica ler, ter entendido e adquirido o compromiso que a continuación se expón: Certifico
que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese
derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores.
• Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír acepta o presente
regulamento.
• A proba contará co apoio de Protección Civil e Policía Local de Cambre.
• Facilitarase servizo de duchas, que estarán situadas no Polideportivo de Cambre, Sofia Toro.
• Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA para
probas en ruta en vigor.
• Os resultados publicaranse na web do Concello de Cambre, e na Federación Galega de Atletismo.

[ Go Back ]