Calendario
Info da proba

Begonte

22/06/2019 11:00 - 13:00
Regulamento
O Concello de Begonte inclúe na súa programación deportiva a “IV Carreira Popular
Concello de Begonte”, co obxectivo de fomentar o deporte como hábito saudable, ademais
de, potenciar a dinamización do municipio.
ARTIGO 1: DATA
A IV Carreira Popular Concello de Begonte celebrarase o 22 de Xuño de 2019 ás 11.00 h.
O punto de encontro e saída das carreiras estará situado no Club Fluvial de Begonte.
ARTIGO 2: PARTICIPACIÓN
Poderán participar nesta proba tódalas persoas que o desexen. Cada atleta participa
voluntariamente e declara, baixo a súa responsabilidade, que se encontra en condicións
físicas óptimas para realizar a proba
ARTIGO 3: CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS
*Os horarios das carreiras menores poderán variar dependendo do número de inscritos.
Na carreira absoluta tamén se establecerá unha clasificación por equipos, tanto no
categoría masculina como na feminina. A puntuación realizarase pola suma dos tempos dos
tres primeiros integrantes do equipo. A inscrición dos equipos farase a través de invitación.
HORA DE
INICIO
CATEGORÍA ANO NACEMENTO /
IDADES
DISTANCIA
CARREIRA
ABSOLUTA
amasculina
11.00 SENIOR Nados en 2000 a 34 anos 7000 m aprox
Veteráns A 35 a 44 anos 7000 m aprox
Veteráns B 45 a 54 anos 7000 m aprox
Veteráns C Maiores de 55 7000 m aprox
CARREIRAS
MENORES
12.00* D Nados/as en 2001-2002-2003 3500 m aprox
12.15* C Nados/as en 2004-2005-2006 2000 m aprox
12.35* B Nados/as en 2007-2008-2009 1000 m aprox
12.45* A Nados/as en 2010 e 2011 500 m aprox
12.50* Mini Nados/as en 2012 e 2015 150 m aprox
ARTIGO 4 : CIRCUÍTO
O circuíto transcorrerá por vías asfaltadas, e estará completamente pechado ó tráfico e
acoutado con valos e outros elementos delimitadores, naqueles tramos nos que non exista
unha diferenciación natural. O percorrido estará sinalizado en cada punto quilométrico.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola Organización.
As carreiras terán lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado, sen empregar ningunha
zona peonil. Está prohibido o uso como zona de carreira as beirarrúas, zonas axardinadas,
etc. O non cumprimento desta norma, así como recortar o trazado oficial, suporá a
descualificación do infractor.
ARTIGO 5: PECHE DE CONTROL DA CARREIRA ABSOLUTA
O control de chegada da proba absoluta pecharase 60 minutos despois da saída da mesma.
Pasado ese tempo, o participante que continúe participando na carreira deberá retirarse do
circuíto oficial da competición.
ARTIGO 6: INSCRICIÓN, PRAZOS E COTAS
A inscrición realizarase online na páxina web www.championchipnorte.com.
O prazo para inscribirse rematará o mércores, 19 de Xuño de 2018, ás 23:59 horas.
O custe da inscrición na carreira absoluta será de 5€ +1€ de aluguer de chip para o que
non teña chip amarelo championchip. A inscrición nas carreiras menores será gratuíta.
Non se admitirán inscricións o día da proba.
A inscrición na carreira da dereito a participar na proba, seguro de responsabilidade civil e
de accidentes, así como a facer uso de tódolos servizos establecidos pola Organización para
os participantes ( ludoteca e inchable para os nenos/as, duchas no Pavillón Municipal de
Begonte, gardarroupa, aparcadoiros, etc.), e dun agasallo conmemorativo da carreira.
Ademais, proporcionarase auga e avituallamento sólido a tódolos participantes en cada unha
das carreiras no punto de avituallamento situado nun lugar visible despois da meta.
E para finalizar este evento deportivo, tódolos participantes poderán degustar uns aperitivos
gratis, finalizada a entrega de premios, no Club Fluvial de Begonte.
Non se devolverá o importe da inscrición por motivos alleos a Organización.
ARTIGO 7: ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
A recollida de dorsais e chips realizarase o mesmo día da proba, dende as 09.00h ata 1h
hora antes da saída da carreira absoluta e 1/2h antes para as carreiras menores, no
punto de información do Club Fluvial de Begonte.
Os dorsais son persoais e intransferibles. Deberá ser colocado visiblemente na parte
dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación no mesmo, nin dobreces e
levalo durante toda a proba.
Será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola Organización
excepto para os propietarios de chip amarelo championchip, que poderán utilizar o seu. A
categoría Mini corre sen chip....................................................................................................
O chip irá correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha tobillera á altura do
nocello.
Ao finalizar a carreira os corredores deberán OBRIGATORIAMENTE devolver o chip
facilitado pola Organización, no punto de información onde recolleron o dorsal.
Non serán admitidos pola Organización corredores que non estean inscritos ou corran sen
dorsal e chip, ou co dorsal e chip correspondentes a outra carreira. Impedirase que teñan
acceso á carreira en defensa dos dereitos dos regulamentariamente inscritos.
ARTIGO 8: SISTEMA DE CRONOMETRAXE
A cronometraxe
ARTIGO 9. CLASIFICACIÓNS, PREMIOS E TROFEOS.
Carreira Absoluta
Categorías B, C , D, Senior, Veteráns A,B e C
Por equipos
Trofeo para o equipo que teña o maior número de atletas inscritos.
PREMIOS
CLASIFICACIÓN FEMININA MASCULINA
1º Trofeo + 200 € Trofeo + 200 €
2º Trofeo + 150 € Trofeo + 150 €
3º Trofeo + 100 € Trofeo + 100 €
4º Medalla + 75 € Medalla + 75 €
5º Medalla + 50 € Medalla + 50 €
PREMIOS
CLASIFICACIÓN FEMININA MASCULINA
1º Trofeo Trofeo
2º Trofeo Trofeo
3º Trofeo Trofeo
4º Medalla Medalla
5º Medalla Medalla
PREMIOS
CLASIFICACIÓN FEMININA MASCULINA
1º Trofeo Trofeo
2º Trofeo Trofeo
3º Trofeo Trofeo
Medalla para tódolos corredores da Categoría Mini. Non haberá trofeos para esta
categoría nin se farán clasificacións.
Trofeo ao primeiro atleta local masculino e feminino empadroado.
Medalla para tódolos corredores da Categoría A, así como trofeos para os tres
primeiros clasificados tanto masculino como femininos e medallas para 4º e 5º.
Os premios e trofeos NON son acumulativos.
Os aboamentos dos premios serán tramitados polo Concello de Begonte a través dunha
transferencia bancaria. Os participantes que resulten gañadores da carreira absoluta
recollerán nese intre un vale do premio. Para poder realizar a transferencia do premio ó/a
gañador/a , deberá presentar copia do vale, copia do DNI, e certificación do número da
conta bancaria nas oficinas do Concello ou remitir a documentación a través da sede
electrónica do Concello de Begonte http://begonte.sedelectronica.es/info.0, (instancia xeral,
tramitación electrónica), antes do 5 de xullo de 2019.
ARTIGO 10: ENTREGA DE PREMIOS
Os atletas premiados deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento
no que se faga o anuncio pola megafonía, así como estar pendentes da chamada de cada
unha das categorías. A hora aproximada da entrega dos premios será entre a 13.15h -13.30h
Os gañadores deberán estar presentes na entrega de premios salvo causa xustificada.
Agradecemos ós responsables dos clubs que, se teñen constancia de que algún atleta non
está presente, o comuniquen na zona habilitada para a entrega de premios o antes posible
e así evitar esperas innecesarias.
Aqueles que poidan alegar unha causa xustificada pola ausencia no momento da entrega,
debéranse poñer en contacto co Concello durante un prazo máximo de 15 días, onde se
custodiarán os trofeos e medallas non recollidas.
ARTIGO 11: DESCUALIFICACIÓNS
O membros da Organización resérvanse a facultade de descualificar ao infractor que,
comprobada calquera irregularidade, non leve visible ou seu dorsal, manipule ou ceda o seu
dorsal a outro, altere os datos facilitados á organización con respecto ós que figuren non seu
DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido completo, manifestar un mal estado físico
ou non facilite á Organización a documentación que se lle requira.
Descualificáranse ós corredores/as que non respecten as indicacións da Garda Civil,
Protección Civil, Servizos Médicos ou membros da Organización debidamente identificados.
Os corredores descualificados non terán opción ós premios.
ARTIGO 12: RESPONSABILIDADE
Tódolos participantes estarán amparados por unha póliza de RC e de accidentes, que cubrirá
os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Tódolos inscritos participan voluntariamente e declaran, baixo a súa responsabilidade,
realizar o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións físicas
óptimas para realizar a proba, eximindo a Organización de dita responsabilidade.
A Organización:
- Responsabilízase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero declina
toda responsabilidade no caso de padecemento latente, accidente por abandono do
itinerario establecido, neglixencia do participante, imprudencia ou inobservancia das
leis ou da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición.
- Disporá dos servizos médicos, de acordo coa lexislación vixente e coa colaboración
da Garda Civil e de Protección Civil nos puntos máis estratéxicos do percorrido.
- Non se fai responsable dos danos que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen
os participantes desta proba.
- Non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición
defectuosa e /ou errónea por parte do corredor ou en quen este delegue
- Non se fai responsable da perda de obxecto ou documentación dos participantes..
ARTIGO 13: RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba
www.championchipnorte.com
ARTIGO 14: INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Duchas e vestiarios masculinos e femininos: unha vez rematada a proba estarán
a disposición dos corredores vestiarios con duchas femininas no Pavillón Municipal
de Begonte
- Gardarroupa. Os atletas poderán dispor de servicio de gardarroupa no punto de
información do Club Fluvial.
- Aparcadoiros: os atletas disporán de zonas de aparcadoiro detrás do Pavillón
Municipal de Begonte, na praza do Concello, e no Club Fluvial de Begonte. Neste
último, permitirase a entrada ata ás 10.00h, e non se permitirá a saída ata finalizada
a entrega dos premios.
- Ludoteca e inchable. Disporase de ludoteca gratuíta para os nenos atletas e o fillos
dos atletas mentres se disputan as carreiras.
- Servizo de Ambulancia con médico.