Calendario
Info da proba

As Pontes

30/06/2019 9:00 - 14:00
Regulamento XI TRAVESÍA DAS FRAGAS DO ALTO EUME
 PRESENTACIÓN
Un ano máis o club de Montaña O Caxado organiza unha travesía por terras do
Concello de As Pontes. Este ano realizarase unha ruta de 19 km, a cal está
homologada pola Federación Galega de montaña como PR-G 147, tendo una variante
cun percorrido total de 28 km. As dúas rutas rematan no punto de partida e
transcorren por un marco incomparable no comezo do Parque Nacional das Fragas do
Eume.
Tanto a proba camiñando coma correndo son de carácter popular polo que
non se cronometrará o tempo de cada asistente.
Dous percorridos, 19km e 28km a realizar como máis lle guste a cada un
(camiñando ou correndo).
Poderase facer o descenso dos 3 últimos km en canoa, previa inscripción.
 CARACTERÍSTICAS
• A ruta de 19km denominada Pr-g 147 é de dificultade media, transcorre por pistas
de terra e por sendas de monte, acondicionadas para a realización da actividade.
• Pola contra a ruta de 28 km é dunha esixencia forte, sendo de dificultade Mediaalta debido a orografía do terreo e polo desnivel acadado, enlazando a medio
percorrido coa ruta Pr.g 147.
• A ruta está marcada e homologada. O tramo que non cumpre este requisito será
marcado con cintas, as cales se ensinarán na saída.(tamen conta con puntos
azuis para súa sinalización).
• Existirán puntos de avituallamento, tanto sólido como líquido.
• A organización poñera un vehículo a disposición dos asistentes que desexen
abandoar voluntariamente a proba, debido a calquera problema, os cales deberán
facelo nos puntos de avituallamiento ou avisando no teléfono que se facilitará.
• O número máximo de participantes nesta proba será de 300 persoas por orden de
inscrición.
• Os menores de idade deben ir sempre acompañados do pai/nai/tutor, facer a
inscrición como calquera adulto e firmar unha autorización pertinente para a
ocasión.
• Para anotarse o descenso en canoa será imprescindible saber nadar.
• Os menores de 16 anos non poderán inscribirse nesta ruta.
• Tempo máximo para facer o percorrido polos participantes será de 7 horas.
• O descenso en canoa so teremos 80 prazas, por riguroso orde de inscripción.
 Avituallamientos en ruta
1 avit. 8km Sólido e líquido
2 avit. 13km Control de paso, sólido e líquido
3 avit. 19.5km Sólido e líquido
 Programa día 8 de xullo
8:00h – Entrega de dorsais no pavillón municipal parte traseira.
9:00h – Saída corredores.
9:00h – Saída andarines.
13:00h – Peche control alto lostegal.
14:00h – Comezo da entrega da comida
 INSCRICIÓNS
Lugar:
Presenciais – na oficina do club os martes de 19:30h a 21:00h.
Cubrindo os campos da ficha na web.
www.championchipnorte.com
Información:
• Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e
regulamentacións impostas pola organización, polo que libera expresamente á
organización ou a calquer outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de
accidente, lesión ou eventualiadade que puidera xurdir derivada da súa
participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado.
• Todos os participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu
consentimento para que a organización, trate informáticamente e coa finalidade
exclusivamente deportiva ou promocional os seus datos de carácter persoal, así
como as imaxes dentro da proba, mediante fotografías, vídeos e redes sociais.
• Máis información no propio club no horario de oficina ou por vía e-mail.
INSCRICCIÓNS ATA O 7 DE XUÑO INCLUSIVE
(CAMIÑANDO OU CORRENDO).
• Travesía non socios 14€
• Travesía e canoas 15€
INSCRICCIÓNS DENDE O 8 DE XUÑO ATA O 25 DE XUÑO
(CAMIÑANDO OU CORRENDO).
• Travesía non socios 17€
• Travesía e canoas 20€
 SEGURO
• É necesario apuntarse antes das 20:00 horas do 25 de xuño para poder tramitar
o seguro personalizado de cada participante. Todos aqueles que se anoten
despois desta hora non poderán participar nesta proba.
• O prezo da ruta inclúe: seguro personalizado para a proba, avituallamentos e
comida ao remate da proba.
• Todos os/as participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de
accidentes e responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da
inscrición figure con claridade e exactitude o NOME e APELIDOS xunto con DNI
de cada participante. Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente,
imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluídos
os producidos polos desprazamentos particulares dende o lugar de residencia ao
lugar onde se desenvolverá a proba.
 INFORMACIÓN
• Ó remate da ruta todos os/as asistentes que o desexen poderán usar as
instalacións do pavillón municipal para ducharse e cambiarse cómodamente.
Os/as que esteñan interesados en vir o día anterior, dispoñerán das instalacións
do pavillón municipal para poder pernortar ou no parque de D. Rita para dormir en
tenda de campaña.
• Cando remate a proba, todo participante terá dereito á comida que ofrece a
organización, entregando o “vale comida” que se lles dará ao comezo da ruta.
Aqueles que non o teñan non terán dereito á comida, os/as acompañantes que
desexen comer terán que pagar o custe integro da comida.
• A organización non se fará cargo dos danos que poidan sufrir os/as participantes
durante a duración da proba, a si mesmo resérvase o dereito a modificar as regras
anteriores en función da seguridade dos participantes no transcurso da mesma.
• Cada participante ten que revisar no listado si figura o seu nome, para comprobar
que está inscrito na proba.
• Os/as deportistas asumen que para a realización da proba é necesaria unha
condición física, psíquica e deportiva.
• As estradas polas que discurre a proba non se pecharán ao tráfico en ningún
momento polo que cada participante será responsable da súa seguridade,
debendo extremar as precaucións. Todo participante está obrigado a cumprir as
normas de circulación vial, sendo responsable das infrancións que poidese
cometer.
• O importe da inscrición non será reembolsable en ningún dos casos e non se
permitirá a asistencia ás persoas que non teñan o pago feito en orde.
• A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respeto do medio
ambiente, a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
 Calquera dúbida ou consulta poderán dirixirse ao club por vía e-mail ou
por teléfono:
Email: clubmontanacaxado@gmail.com
Tlf: 681 365 713