Calendario
Info da proba

Santiago

09/06/2019 11:00
Regulamento V Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

Información e inscrición: polaesclerose.galitiming.com

REGULAMENTO XERAL (https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/reglamento.php?id=9228)
Art.1) A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.), organiza a “V
Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple”, o domingo 9 de xuño de
2019, na localidade de Santiago de Compostela, baixo o control técnico de Galitiming.
Art.2) Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación
conxunta. A cronometraxe e control da carreira estarán a cargo de Galitiming.
Art.3) CATEGORÍAS
Masculina e Feminina:
 Pitufos: ano nacemento (2014-actualidade)
 Escolares A: ano nacemento (2010-2013)
 Escolares B: ano nacemento (2007-2009)
 Escolares C: ano nacemento (2006 ata os 16 anos)
 Absoluta:
- Sub 23: 17-23 anos
- Senior: 24-34 anos
- Veteranos 1: 35-44 anos
- Veteranos 2: dende os 45 anos
 ANDAINA: todas as idades
Art.4) DISTANCIAS E HORARIOS
 Pitufos: 50 metros. Saída: 12:40
 Escolares A: 500 metros. Saída: 11:00
 Escolares B: 2,5 km. Saída: 11:15
 Escolares C:2, 5 km. Saída: 11:15
 Absoluta (Sub23-Senior-Veteranos 1 e 2): 4.5 km. Saída: 11:45
 ANDAINA: 2 km. Saída: despois da saída da carreira absoluta
Art.5) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída e a meta da proba terán lugar no estanque da Residencia Universitaria
(Avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). O seu percorrido desenvolverase ó longo da
Alameda e a Residencia.
Art. 6) INSCRICIÓNS (lugar, data límite e prezo)
O custo da inscrición é de 6 euros.
A inscrición será efectiva dende o momento en que se faga o ingreso da cota, que
poderá realizarse nas formas seguintes:
 Na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, sita na rúa Queixume dos
Pinos s/n (Salgueiriños) en Santiago de Compostela, en horario de luns a
venres de 9:00 a 14:00 horas.
 A través da web http://polaesclerose.galitiming.com
O prazo de inscrición comeza o 17 de abril e rematará:
- o mércores 5 de xuño ás 14h para as inscricións presenciais en A.C.E.M.
- o xoves 6 de xuño ás 16h para as inscricións online
(polaesclerose.galitiming.com)
Non se aceptarán inscricións por teléfono nin inscricións fóra dos prazos indicados.
Art.7) RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS (lugar e hora)
A retirada dos dorsais, poderá realizarse de dous xeitos:
1) De forma anticipada en Decathlon Santiago de Compostela (Rúa de Polonia,
2. Polígono da Costa Vella) o sábado 8 de xuño nos seguintes horarios: de 11
a 14h e de 16 a 20h.
2) O mesmo día da carreira no lugar de saída (Estanque da Residencia), dende
as 9:45 e ata 30 minutos antes do comezo de cada unha das carreiras e da
andaina.
Art. 8 ) PREMIOS
Individuais:
Ós/ás tres primeiros/as corredores/as de cada categoría, tanto masculina como
feminina (agás na categoría Pitufos, que recibirán todos un agasallo). No caso
de que algunha categoría non teña suficientes corredores, a organización
resérvase o dereito de unila a outra.
Haberá un gañador absoluto e unha gañadora absoluta da Carreira, que
corresponderán á mellor marca de tempo.
Grupos:
Premios por Club: Premio ós tres primeiros clubs absolutos. A clasificación
será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de
meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade.
En caso de empate, gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º
compoñente. Os equipos poderán ser mixtos (homes e mulleres). Será
imprescindible que cada atleta indique o nome do club na súa inscrición
individual.
Art. 9) DATOS
Os datos obrigatorios para inscribirse son: nome, apelidos, NIF ou pasaporte, data de
nacemento completa, xénero (masculino ou feminino), teléfono. Rexeitarase calquera
inscrición á que lle falte algún dos datos sinalados.
Aqueles/as atletas que proporcionen datos falsos, serán descalificados.
Art. 10) CLASIFICACIÓN
A clasificación será absoluta, por categorías (agás Pitufos).
Art. 11) CONTROL DA CARREIRA
A carreira absoluta estará controlada a través dun chip RETORNABLE, que se
entregará a cada corredor/a, que deberá levar colocado na zapatilla e que terá que
entregar o terminar a carreira no lugar establecido para o mesmo. Todo corredor/a que
non entre na liña de meta co seu dorsal, ben visible, colocado por diante ou que
incumpra as normas establecidas, será descalificado.
A organización contará coa axuda dos organismos oficiais competentes que regularán
o tráfico ó longo de todo o percorrido.
O control da chegada pechará 50 minutos despois de que entre en meta o primeiro
corredor da categoría absoluta.
Art. 12) VEHÍCULOS
Non estará permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización. Nin mascotas, bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes.
Debido ás características da proba, permitiranse as cadeiras de rodas con ou sen
motor.
Art. 13) RECLAMACIÓNS
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente na zona de
meta non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Art. 14) SERVIZOS
Contarase con servizos de ambulancia, médico, vehículos de sinalización e escoba.
Contarase con duchas (pavilllón do Colexio Pio XII) e garda-roupa.
Haberá avituallamento ao final das carreiras e da andaina.
A proba conta tamén cun seguro de Responsabilidade Civil e un Seguro de Accidentes
Deportivos para todos os participantes (carreiras-andaina).
Art.15) PROTECCIÓN DE DATOS
Todos os participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu consentimento
para que a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.) e a entidade MGC
Mutua, por si mesmos ou por terceiras entidades, traten coa finalidade exclusivamente
aseguradora e deportiva, os seus datos de carácter persoal, de acordo coas opcións
contidas na inscrición.
De acordo co que establece o Regulamento Europeo de Protección de Datos e a Lei
Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos
dereitos dixitais, o participante poderá exercer os seus dereitos de acceso,
rectificación, supresión, dereito ao esquecemento, limitación del tratamento,
portabilidade, oposición, reclamación ante a AEPD, a non ser obxecto de elaboración
de perfís e dereito a revocar o consentimento prestado. Para exercitar os seus
dereitos deberá solicitalo nas direccións indicadas na ficha de inscrición.
Asemade, informámoslle que debido a que a Carreira e a Andaina están patrocinadas
é imprescindible a filmación da mesma para a xustificación da súa realización, co cal
vanse sacar fotografías. A inscrición na carreira implica a posibilidade de aparecer en
ditas fotografías, coa finalidade de promocionar e xustificar a devandita actividade. No
caso de non desexar aparecer nas mesmas, debe solicitalo ou ben con anterioridade
ao día da carreira ou ben antes da mesma.
Art. 16) OUTROS
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento
da RFEA e IAAF en vigor.