Calendario
Ver carrera

Moraña

21/07/2019 10:00

[ Go Back ]

Descripción 1.- O Concello de Moraña, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza a VII Carreira Carneiro ó Espeto 2019, que terá lugar o domingo 21 de xullo a partir das 10:30 horas, estando situadas a saída e a meta na Rúa 5 de Santa Lucía (Moraña).
2.- A carreira é aberta á participación de calquera persoa, sen necesidade de ter licenza federativa.
3.- O percorrido será un circuíto homologado semiurbano ó que se darán dúas voltas ata completar 10 km. As distancias a percorrer adaptaranse ás idades de cada categoría.
O circuíto será o seguinte: Rúa 5, Mos, Rúa 1, Rúa 12, Rúa Dr. Batallán, Rúa 3, Buelo, Rúa 7, Rúa 6, Rúa 5.
4.- Ás 10:30 será a primeira carreira.
A entrega de premios será a partir das 13:30 h.
5.-Categorías (masculina e feminina):

Escolares
Chupetes: De 0 a 3 anos(poderán correr acompañados dun adulto)
Pitufos: Nacidos nos anos 2014-2015
Prebenxamíns: Nacidos nos anos 2012-2013
Sub 10: Nacidos nos anos 2010-2011
Sub 12: Nacidos nos anos 2008-2009
Sub 14: Nacidos nos anos 2006-2007
Sub 16: Nacidos nos anos 2004-2005
Sub 18: Nacidos nos anos 2002–2003

Absoluta:
Sub 23: De 18 a 23 anos
Senior: De 24 a 34 anos
Master A: masculino: de 35 a 39 anos
feminino: de 35 a 39 anos
Master B: masculino: de 40 a 44 anos
feminino: de 40 a 44 anos
Master C: masculino: de 45 a 49 anos
feminino: de 45 a 49 anos
Master D: masculino: de 50 a 54 anos
feminino: de 50 anos en diante
MasterE: masculino: de 55 a 59 anos
Master F: masculino: de 60 anos en diante.

CATEGORÍA HORA SAÍDA DISTANCIA
Sub 14 / Sub 16 10:30 h 4 Km
Sub 18 / Absoluta 11:00 h 5 Km / 10Km
Sub 12 12:15 h 2 Km
Parellas 12:30 h 1,5 Km
Sub 10 12:45 h 1.400 m
Prebenxamíns 13:00 h 1.000 m
Pitufos 13:10 h 250 m
Chupetes 13:20 h 80 m

6.- Este ano seguimos apostando pola carreira de parellas. As parellas poderán ser masculinas, femininas ou mixtas.
Correrán con dobre dorsal co mesmo número e terán que saír, correr e chegar xuntos á meta. Quedarán descalificadas as parellas nas que os seus membros cheguen por separado.
Terán que inscribirse cun nome para a parella e especificar os nomes de cada participante.
7.- Premios: Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e da absoluta. Haberá trofeo para o corredor e corredora de máis idade, e camisetas técnicas e avituallamento para os participantes na liña de chegada.
Haberá premios en metálico para os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías adultas.

Estos premios non son acumulativos: Só se entregará o de maior cuantía. Para recollelo, terá que presentarse o interesado/a provisto de DNI.
Teremos un premio especial de 100 euros para os atletas, masculino e feminino, que establezan un novo record:
Masculino: 30:33
Feminino: 35:56
En masculino, ó non batirse o récord o pasado ano, acumúlanse os premios, polo que este ano será de 200 euros.
Haberá un premio de 300 euros para o clube con máis participantes, que rematen a carreira de 10 Km. Mínimo 18 atletas.
Este ano como novidade teremos a carreira absoluta de 5 Km. e 10 Km.. Os premios en metálico so se darán na carreira de 10 Km. Os e as que corran 5 Km. levará trofeo os tres primeiros masculinos e femininos.
8.- Inscricións: As inscricións de todas as categorías faranse na páxina www.emesports.es ata o xoves 18 ás 23:59 h. Farán constar: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono.
Non se admitirán inscricións o mesmo día da proba.
Inscrición absoluta (5 Km, 10 Km.): 6 €
Prezo inscrición parellas: 7€ a parella (haberá trofeo para a primeira parella masculina, feminina e mixta), a segunda clasificada e terceira terá medallas.
Categorías Sub 16, Sub 14, Sub 12: 1€ (levarán chip de cronometraxe)
Categorías de pitufo a Sub 10: gratuíta
9.- Os atletas deberán estar na liña de saída 10 minutos antes do comezo da carreira.
10.- Será motivo de descalificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.
11.- A Organización non se fará cargo dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
12.- A participación supón a total aceptación deste regulamento. Todo corredor, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento coma as decisións que tome a Organización en caso de dúbidas.
13.- Haberá duchas no Pavillón Municipal de Deportes, a 600 metros da liña de meta.
14.- Prégase aos atletas de todas as categorías entreguen un kilo de comida non perecedeira no lugar de entrega de dorsais, xa que é unha carreira solidaria.
15.- A Organización da carreira servirá pinchos variados para todos os atletas participantes a partir das 12:30 h.

[ Go Back ]