Calendario
Info da proba

DepoDesafío Triatlón (Sprint) Samil

13/10/2019 11:00 - 13:30
Regulamento REGULAMENTO DEPODESAFÍO 2019
1. Obxecto
A Deputación de Pontevedra traballa para impulsar e fortalecer a imaxe da institución provincial, coordinando toda as accións que contribúan a transmitir unha imaxe coherente, transparente, clara e unificada da Deputación de Pontevedra.
Co fin de acadar os seus obxectivos, a Deputación de Pontevedra leva a cabo unha serie de actividades de dinamización, fomento e promoción do deporte para todas/os, promovendo servizos e actividades que a institución presta de cara á cidadanía, transmitindo valores e hábitos saudables a través da actividade física e o deporte.
Entre as actuacións a desenrolar inclúese o programa deportivo DepoDesafío. Na actualidade as modalidades que compoñen o DepoDesafío son parte activa do tecido deportivo de cada fin de semana formando parte das programacións deportivas dos diferentes municipios da provincia.
Para o bo funcionamento e desenrolo do mesmo o Servizo de Deportes da Deputación de Pontevedra elaborou un regulamento ca normativa ao que todo participante no DepoDesafío debe cumprir, o cal estrará publicado na paxina Web da Deputación.
2. Poboación destinataria
O programa está dirixido a todas aquelas persoas que desfruten cos desafíos e o deporte. É un circuíto aberto a todas as persoas maiores de 16 anos que desexen participar.
Cada participante poderá tomar parte nunha, varias ou todas as probas do desafío.
O programa poderá contar con iniciativas para os menores de 16 anos, con probas deportivas adaptadas as súas características.
O máximo de participantes para participar será de 200 participantes no circuíto DepoDesafío e 300 participantes en cada unha das probas, como se especifica na seguinte táboa:
Formas de participación Participantes máximos
DepoDesafío (5 probas) 200 participantes
Carreira a pé 500 participantes (200 desafío + 300 carreira)
BTT 500 participantes (200 desafío + 300 carreira)
Travesía 500 participantes (200 desafío + 300 carreira)
Trail 500 participantes(200 desafío + 300 carreira)
Triatlón 500 participantes(200 desafío + 300 carreira)





3. Categorías
O programa Depodesafío contará con 2 formas de participación, o circuíto ou a proba individual.
Categoría do circuíto DepoDesafío:
No circuíto DepoDeasfío só haberá categoría absoluta feminina e masculina e todas as persoas participantes competirán baixo a mesma normativa que se establece neste regulamento. Establecendo unha campioa e un campión do circuíto DepoDesafio 2019.
Categorías nas probas individuais:
En cada unha das probas do circuíto estableceranse 3 categorías:
– Categoría absoluta; que engloba a todos os participantes e constará de 1º,2º,3º clasificado feminino e masculino. Calquera dos 3 postos conseguidos nesta categoría absoluta, non impide acadar algún dos postos nas outras categorías.
– Categoría sub21; que engloba a todos os participantes menores de 22 anos no momento da proba e constará de 1º,2º,3º feminino e masculino
– Categoría veterana; que engloba a todos os participantes de 40 anos ou máis no momento da proba e que tamén constará de 1º,2º,3º clasificado feminino e masculino.
4. Formalización da inscrición
As inscricións realizarase con tarxeta de débito ou crédito a través da plataforma de pago na páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.gal) ata completar o limite de prazas establecido pola organización. Os participantes poderanse inscribir nos diferentes formatos.
1) Circuíto DepoDesafío:
So terás que indicar a modalidade de circuíto e inscribirte correctamente, esta inscrición date dereito a participación nas 5 probas que compoñen o programa DepoDesafío.
O prezo para apuntarse nesta modalidade será de:
1º período de inscrición circuíto DepoDesafio (5 probas) 20 €
2º período de inscrición circuíto DepoDesafio (5 probas) 30 €




2) Probas individuais:
Só terás que indicar a proba ou probas que queres asistir e inscribirte correctamente, esta inscrición date dereito a participación nas probas que seleccionaras do programa DepoDesafío.
O prezo para apuntarse nesta modalidade será de:
1º período de inscrición para unha proba 5 €
2º período de inscrición para unha proba 10€

Os prazos de inscricións estarán definidos na pasarela de pago e na páxina web e serán os seguintes:
- Do 21 de marzo ata o 30 de abril (1º período) circuíto e probas individuais
- A partir do 30 de abril establécense os prezos do 2º período, o prazo para inscribirse no circuíto rematará o 31 de maio e para cada unha das probas o luns anterior a realización de cada unha das probas.
Poderase recoller o dorsal da modalidade do circuíto DepoDesafío con anterioridade, no Servizo de Deportes, Pazo provincial da Deputación de Pontevedra, Avda. Monteros Ríos s/n, 36071 Pontevedra. Co dorsal entregarase unha bolsa do corredor con material deportivo, que constará de:
 Mochila deportiva de poliéster
 Camiseta técnica
 Gorro de nadar de látex
Para as modalidades de proba individual os dorsais recolleranse o mesmo día da proba no punto informativo que estableza a organización ata 30 minutos antes do inicio da proba.
5. Probas
O programa DepoDesafío consta de 5 probas:
1) DepoDesafío BTT
 Lugar: As Neves
 Data: Domingo 9 de xuño
 Hora: 10:30 h
 Distancia: 30-40 km

2) DepoDeafío Travesía
 Lugar: Combarro (Poio)
 Data: Sábado 6 de xullo
 Hora: 19:00 h
 Distancia: 1.600-1.800 m

3) DepoDesafío Carreira a Pé
 Lugar: Vilagarcía
 Data: 27 de xullo
 Hora: 21:00 h
 Distancia: 12-15 km

4) DepoDesafío Trail
 Lugar: Cuntis
 Data: 8 de setembro
 Hora: 10:30 h
 Distancia: 15 km

5) DepoDesafío Triatlón
 Lugar: Vigo (Samil)
 Data: 12-13 de outubro
 Distancia: Sprint (750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé)
A organización do DepoDesafío poderá suspender, modificar, aprazar ou substituír algunha proba por necesidades organizativas ou polo beneficio das e dos deportistas. Calquera cambio notificarase debidamente.
6. Material
As persoas participantes deben contar cos medios necesarios para a realización de cada proba, coma vestimenta e material específico.
Deben asegurarse de que o seu vestiario, equipamento e avituallamento (líquido e sólido) sexan apropiados para realizar cada proba en función da súa distancia, dificultade técnica, desniveis e climatoloxía.
A organización poderá supervisar o material co que participan antes da saída, durante o percorrido e en liña de meta.
A ausencia do equipo obrigatorio poderá supoñer a descualificación.


7. Cronometraxe
As probas do DepoDesafío estarán controladas mediante cronometraxe con chip.
Cada participante deberá portar durante toda a proba o chip de cronometraxe que lle entregará a organización e que servirá para determinar o seu tempo.
Poderán existir puntos de control intermedios polos cales é obrigatorio pasar. Se non o fan, serán descualificados.
8. Clasificación
O programa DepoDesafío terá tantas clasificación como formatos de competición e categorías existan.
Circuíto DepoDesafío:
Existirá unha clasificación propia para o circuíto, nesta clasificación só participan as e os deportistas inscritos no circuíto.
No circuíto só existe unha categoría feminina e masculina.
Cada participante poderá asistir a cantas probas desexe das que compoñen o desafío, pero para que formen parte da clasificación xeral deberá puntuar polo menos en 4.
Para cada proba outorgarase a seguinte puntuación:
1.º-200 11.º-85 21.º-35
2.º-160 12.º-80 22.º-30
3.º-140 13.º-75 23.º-28
4.º-125 14.º-70 24.º-26
5.º-115 15.º-65 25.º-24
6.º-110 16.º-60 26.º-22
7.º-105 17.º-55 27.º-20
8.º-100 18.º-50 28.º-18
9.º-95 19.º-45 29.º-16
10.º-90 20.º-40 30.º-14

Ademais, a ou o deportista que participe nas 5 probas obterá un bono adicional de 50 puntos extra.
A persoa gañadora da clasificación xeral do DepoDesafío será a que acumule máis puntos unha vez celebradas todas as probas, tendo en conta só os 4 mellores resultados mais o bono por participar nas 5 probas.
En caso de empate entre dous ou máis participantes terase en conta o resultado da proba de tríatlon.
Probas individuais:
Para cada proba do DepoDesafío existirá unha clasificación, en base a las categorías del punto 3 deste regulamento.
As clasificacións oficiais publicaranse na paxina web.
9. Premios
Circuíto DepoDesafío:
A gañadora e o gañador do DepoDesafío recibirán un trofeo que os acredite como gañadores e un dorsal personalizado e intransferible para a maratón Berlín, que inclúe voo e aloxamento para ela e el.
A entrega de premios realizarase ao finalizar a última proba ou na Deputación de Pontevedra o día estipulado para tal efecto.
Probas individuais:
En cada proba individual entregarase un trofeo ás tres primeiras persoas clasificadas en cada unha das categorías feminina e masculina, que lles acredita ser as e os gañadores na proba específica do DepoDesafío na súa categoría.
10. Normativa xeral
As persoas participantes deberán completar o proceso de inscrición de forma satisfactoria, aceptando os seus termos e condicións.
Unha vez que o rexistro se formalizase correctamente a asistencia confirmarase a través da páxina web.
As persoas inscritas non poderán cancelar nin solicitar o reembolso da tarifa de inscrición.
Se por algún motivo non se pode participar na carreira, é posible realizar un cambio de titular do dorsal. O cambio de titularidade debe facelo quen realizou a inscrición.
A persoa participante ten a obrigación de coñecer e respectar as regras de competición, así como as normas de circulación e as instrucións das persoas responsables de cada proba.
A persoa participante é responsable do seu propio equipo.
En todo momento debe respectar o medio ambiente da zona na que se desenvolve a competición, non abandonando nin guindando obxectos, nin actuando de forma agresiva contra o contorno.
O tempo total de cada participante cóntase desde o momento en que se dá a saída ata que traspasa a liña de meta.
É obrigatorio pasar polos puntos de control intermedios que poida establecer a organización de cada proba. As persoas participantes que non sexan rexistradas en todos os puntos de control serán descualificadas. Estes puntos de control intermedios non se farán públicos previamente.
As persoas que abandonen a proba deberán comunicarllo á organización.
11. Reclamacións
Unha vez publicada a clasificación final de cada proba na web, establécese un período de tres días para efectuar as reclamacións por escrito que se estimen oportunas; non se aceptará ningunha reclamación fóra deste prazo. As reclamacións só se poderán efectuar a través do rexistro da Deputación. Resoltas as reclamacións ou superado o período de tres días estableceranse as clasificacións definitivas.
12. Descualificacións
Os motivos de descualificación, ademais dos indicados no regulamento, son:
– Non presentarse ao control de firmas
– Participar cun chip asignado a outra persoa ou non autorizado pola organización
– Realizar a inscrición cos datos alterados
– Non realizar o percorrido completo, abandonar ou non pasar por algún punto de control. Excepcionalmente, no suposto de haber un erro do que as ou os participantes non saquen vantaxe, reunirase o comité de competición, que será quen terá a competencia para resolver
– Ter un comportamento non deportivo ou non respectuoso coas persoas organizadoras, colaboradoras, xuízas, público e resto de participantes
A decisión sobre a posible descualificación dalgunha persoa participante, tanto polos puntos mencionados coma por outros que poidan estar recollidos no regulamento da proba onde se dispute, será adoptada pola dirección.
13. Seguros
Todas e todos os participantes contarán cun seguro colectivo de accidentes e seguirán en todo momento as indicacións realizadas pola organización a través das persoas voluntarias, técnicas, xuízas, persoal acreditado ou o servizo oficial de megafonía.
Quen participe nunha proba do desafío asume que practica un deporte no que pode existir risco para a súa integridade física e que as condicións e desenvolvemento desta práctica deportiva só as pode controlar a ou o propio deportista; debe elixir en cada momento e situación a súa forma de actuar e adecuala á orografía do terreo e ás súas condicións físicas e técnicas. Por tanto, cada participante é o único responsable da súa actuación e das consecuencias que se puidesen derivar dun suposto accidente, o que exime aos organizadores de toda responsabilidade respecto diso.
14. Dereitos de imaxe
De acordo aos intereses deportivos, de promoción, distribución e explotación das probas que compoñen o DepoDesafío e mediante a aceptación do presente regulamento, a persoa participante autoriza expresamente á organización para fotografar ou gravar total ou parcialmente a súa participación, presta o seu consentimento para que a súa imaxe poida ser utilizada na promoción e difusión das probas de todas as formas posibles (radio, prensa, vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación etc.) e cede todos os dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar, sen dereito pola súa banda a recibir compensación económica ningunha.
A ou o participante tamén lle dá permiso á organización para facer uso publicitario da súa presenza na competición sempre que sexa con fins lexítimos.
15. Protección de datos
De conformidade coa Lei de protección de datos persoais, a persoa participante dá o seu consentimento para o tratamento dos datos persoais que figuran na súa inscrición, así como da súa imaxe dentro da proba para os fins propios da organización, desenvolvemento e promoción do DepoDesafío.
Así mesmo, autoriza os diferentes organizadores das probas e as empresas responsables de inscricións e cronometraxes a xestionar e divulgar os datos persoais que esta lles comunique aos organizadores, co obxecto de publicar as puntuacións derivadas da súa participación nas diferentes probas e formar parte da lista de participantes neste circuíto.
16. Aceptación do regulamento
O mero feito de inscribirse nalgunha das modalidades que compoñen o DepoDesafío supón a aceptación deste regulamento e a renuncia a toda acción legal que puidese derivarse da súa participación.
Cada proba pode dispoñer dun regulamento propio que detalle cuestións concretas desta. En caso contrario, estarase ao disposto no presente regulamento do DepoDesafío.
Calquera circunstancia que non quede reflectida na normativa do circuíto ou da proba correspondente será competencia exclusiva da dirección do desafío.
17. Modificacións
A organización do DepoDesafío reserva o dereito de realizar calquera cambio neste regulamento se así o considera oportuno. Calquera cambio notificarase debidamente.
Toda a información oficial sobre o DepoDesafío pódese consultar na nosa web www.depo.gal