Calendario
Ver carrera

Nocturna Vilagarcia de Arousa

27/07/2019 21:00 - 24:00

[ Go Back ]

Descripción XVI EDICIÓN CARREIRA NOCTURNA CONCELLO DE

VILAGARCÍA

REGULAMENTO
Art. 1.- ORGANIZACIÓN
-A Fundación de Deportes coorganiza coa Excma. Deputación de Pontevedra a XVI Edición da
Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía o sábado 27 de xullo do 2019. Enmarcada ente ano
dentro do programa deportivo DepoDesafio.
Art. 2.- PARTICIPACIÓN
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá una clasificación conxunta. O
control da carreira estará a cargo da empresa Team Relay, por control de chips na proba
absoluta. Asemade o Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo tamén estarán tanto
para a proba de nen@s como para a proba absoluta.
Art. 3.- CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS DE SAÍDAS
Poderán participar na mesma todas as persoas que queiran, independentemente do sexo e
idade, segundo as categorías que a continuación se establecen:

CATEGORIA ANO DISTANCIAS SAIDA
A 2013 e posteriores 100 - 150 metros 21:00 h
B 2011 - 2012 500 metros 21:15 h
C 2009 - 2010

1.000 metros 21:30 h

D 2007 - 2008
E 2005 - 2006

4.000 metros 21:45 h

F 2002 - 2004
G 1997 - 2001

10:000 metros 22:30 h

H 1996 - 1984
I 1983 - 1974
K 1973 - 1964
L 1963 e anteriores
*As distancias son orientativas e non homologadas.

Art. 4.- LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída de todas as carreiras será dende a Avenida da Mariña diante do auditorio municipal.
Marcaránse as saídas en distinos puntos do percorrido en función da distancia que teña que
percorrer cada categoría.
O percorrido por onde se vai levar a cabo a devandita carreira será polas seguintes rúas: Avda.
da Mariña, Avda. Rivero de Aguilar, Rúa Valle Inclán, García de Caamaño, Alexandre Bóveda,
Elpidio Villaverde e Avda. da Mariña.
Art. 5.- INSCRICIÓN
A inscrición para a proba absoluta se poderá facer ata o 24 de xullo ás 24:00 horas no seguinte
enlace www.depo.gal/depodesafio/probas, tendo una cota de inscrición de 5,00€ por
participante.
Para as probas de nenos, a inscrición é gratuita e realizarase nas oficinas da Fundación de
Deportes en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; ou o día da carreira ata 45 minutos
antes da primeira proba.
Art. 6.- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
A retirada de dorsais realizarase o mesmo día da proba dende as 18:00 horas ata 45 minutos
antes do inicio da 1a proba no caso dos nen@s, na secretaría da organización.
A retirada de dorsais de adultos realizarase o mesmo día da proba dende as 20:30h horas a ta
as 22:00 horas.
Art. 7.- PREMIOS
Os premios que se entregarán aos participantes da proba serán os seguintes:
• Medallas para todos os participantes das categorías A, B, C, D, E e F, agasallo
comemorativo da proba.
• Agasallo conmemorativo da proba aos participantes da proba absoluta.
• Trofeo para os tres primeiros clasificados/as en cada categoría (masculino e feminino).
• Trofeo para os tres primeiros clasificados locais masculino e feminino.
• Trofeo para o/a deportista máis veterano/a.

Art. 8.- DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito
ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e
da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
Na proba absoluta o control de chegada pecharase 30 minutos despois da entrada do primeiro
corredor, quedando descalificados os que entren a posteriori dese tempo estipulado.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras de
nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
Art. 10.- RECLAMANCIÓNS
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente á organización da proba
non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Art. 11.- SERVIZOS
A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para
os participantes.
Os participantes na devandita carreira Terán a disposición os vestiarios e duchas do Auditorio e
no pavillón Castelao.
O feito de inscribirse nesta carreira, implica a total aceptación do presente regulamento. Dando
vostede autorización ós organizadores a rexistrar total ou parcialmente a súa participación
mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión.
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo cos regulamentos da FGA,
RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Mediante a súa inscrición na proba, o/a corredor/a consente expresamente que os seus
datos básicos sexan cedidos á Fundación de Deportes e a Excma. Deputación de Pontevedra
para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil.

[ Go Back ]