Calendario
Info da proba

Cospeito

05/05/2019 11:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Cospeito organiza a I Carreira Popular Concello de Cospeito. A proba
organizarase o vindeiro Domingo 5 de Maio, con saída en Muimenta e discorrerá por vías
asfaltadas e de terra, a meta será no núcleo poboacional de Feira do Monte.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todo os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición
física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios: (axúntase plano do percorrido)
O circuíto percorrerá vías asfaltadas e de terra, e estará pechado a todos os vehículos agás os
autorizados pola organización. o recorrido estará controlado por vehículos da organización. O
percorrido estará sinalizado en cada punto quilométrico.
A saída da proba será no núcleo de Muimenta, dende a Praza Maior, e a meta estará
no núcleo de Feira do Monte, diante da Casa do Concello. A organización poñerá a
disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para trasladar os
deportistas dende a zona de meta á saída.
O servicio de autobuses comezará ás 10h, sendo o último servizo ás 10.30h
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2013 e posteriores) 12.30 h 150m
PROMOCIÓN (2010-2012) 12.35 h 600m
SUB 12 (2008-2009) 12.40 h 1500m
SUB 14 (2006-2007) 12.40 h 1500m
PROMESA (2002-2005) 12.40 h 1500m
SUB 23 (1997-2000) 11.00 h 14000m
SENIOR (1985-1996) 11.00 h 14000m
MÁSTER A (1980-1984) 11.00 h 14000m
MÁSTER B (1975-1979) 11.00 h 14000m
MÁSTER C (1970-1974) 11.00 h 14000m
MÁSTER D (1969 e anteriores) 11.00 h 14000m
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 90’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de
Atletismo. (poremos o enlace da páxina web de inscripción).
• A inscripción pecharase o xoves 2 de maio ás 23:59 horas.
• Non se admitirán inscricións o dia da proba.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación
se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores
comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización
da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento,
a decisión quedará en man da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
Artigo 6: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo.
Os dereitos de inscrición na proba de menores serán GRATUÍTOS, na carreira de adultos terá
un custe de 2€, a contía recadada irá destinada á Asociación Española contra o cancro AECC.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén
deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de
licenza e o clube.
Artigo 7: Retirada de Dorsais:
Os dorsais retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización (diante da Casa do
Concello), ata 45’ antes da saída de cada proba, de onde sairán os buses cara a saída da
proba.
Artigo 8: Premios:
• Trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• Trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como
femininos.
• Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos
para esta categoría nin se farán clasificacións.
• Nas carreiras de menores darase medalla a todos os participantes, así como trofeo aos
tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
• A entrega de premios será diante da Casa Consistorial, aproximadamente, ás 12.45h.
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Roupeiro, os participantes poderán deixar na saída a roupa nunha bolsa cunha
identificación, e un vehículo a transportará ata a liña de meta.
4. Servizo de autobuses. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba
un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de meta á saída.
O servicio de autobuses comezará ás 10h, sendo o último servizo ás 10.30h. Prégase a
todos os participantes que non esperen ao último servizo posto que poderán ir
abrigados e despois deixar a roupa no servizo de roupeiro.
5. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
6. Vestiarios e duchas no pavillón municipal en Feira do Monte.
7. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Avituallamento líquido no km 5, e no km 10 para a carreira de adultos.
9. Zona de lecer para os nenos, delimitada, con monitores, para que os pais poidan
desfrutar da súa carreira.
10. Os participantes na carreira poderán desfrutar dun pequeno convite ao rematar as
carreiras mentres se realiza a entrega de premiación.
11. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente
informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será
para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que
corresponda).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Organiza: Concello de Cospeito
Colaboran: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).
Club Ciclista BTT Lagoa de Cospeito