Calendario
Info da proba

Can-Coruña

19/05/2019 10:30 - 12:00
Regulamento IV CORRECÁN SOLIDARIO CANCORUÑA 2019
REGULAMENTO XERAL
ARTIGO 1 - Data
Cancoruña Asociación Canina, co Concello da Coruña e a Federación Galega de
Atletismo , como colaboradores, organiza o vindeiro domingo 19 de maio o IV
Correcán Solidario Cancoruña 2019; un evento a favor das protectoras de animais, a
adopción de mascotas, a tenencia responsable e a implantación do microchip
obrigatorio. Evento oficial da Federación Galega de Atletismo con distancia non
homologada.
ARTIGO 2 -Horario
A proba non competitiva, celebraraseás 10:30 horas.
ARTIGO 3 - Saída e chegada a meta
A saída e meta estará situada fronte ao Palacio dos Deportes da Cidade Deportiva de
Riazor.
ARTIGO 4 - Percorrido
O Correcán contará con dúas modalidades, a elixir unha no momento da inscrición.
Unha distancia curta por un percorrido de aproximadamente 3 km e unha longa nun
circuíto duns 5 Kms.
Trátase dun único circuíto de ida e volta que contará cun punto de xiro para distancia
curta anterior ao momento de xiro da distancia longa.
A saída e a meta serán as indicadas no artigo 3. A proba discorrerá pola Avenida
Buenos Aires, Avenida Pedro Barrié da Maza, Rúa Matadeiro para enlazar co Paseo
Marítimo Alcalde Francisco Vázquez.
O punto de xiro para a distancia curta será na glorieta que está á altura da Fuente dos
Surfeiros, sendo o da distancia longa na glorieta sita á altura do Aquarium Finisterrae.
ARTIGO 5 - Duchas e entrega de dorsais.
Contarase coas duchas do Palacio dos Deportes da Cidade Deportiva de Riazor.
Igualmente, dun despacho de dorsais nas inmediacións do punto de saída e meta.
Ao peche do período de inscripción, a organización comunicará aos participantes, a
través da conta de correo electrónico comunicada no formulario de inscripción, o
horario de entrega dos dorsáis.
Atendendo á Normativa non está permitido o acceso de cans ás instalacións
municipais.
ARTIGO 6 -Inscricións
A inscrición da proba efectuarasea través da web www.cancoruna.com na cal figura a
ligazón ao formulario e pasarela de inscrición da Federación Galega de Atletismo; ou
directamente en www.carreirasgalegas.com da FGA.
O custo da inscrición é o seguinte
Categoría de adultos (maiores de 14 anos): 6€
Categoría de nenos (entre 3 e 14 anos): 2€
Categoría de pitufos (menor de 3 anos): Gratuita.
En caso de participar dous ou máis persoas co mesmo can, deberán de realizar unha
inscrición por persoa.
O importe recadado pola venda de dorsais será repartido integramente entre as
asociacións beneficiarias participantes.
Por seguridade na celebración do evento, o cupo está limitado a 1000 inscricións.
Calquer cambio será comunicado. En caso de non producirse peche de inscricións por
esta razón, admitiranse ata o luns 13 de maio de 2019 ás 23:59 horas.
Como se indica ao longo deste regulamento, é requisito para participar:
• Estar ao día en materia de tenencia e protección animal.
• Que o can teña implantado o microchip identificativo amparado pola
correspondente documentación.
• Poderán participar os cans catalogados como potencialmente perigosos cos
requisitos de seguridade establecidos pola normativa legal e que se detallan
neste regulamento.
• En todo momento, o can deberá de ir suxeito da man do seu guía pola correa.
• Os participantes no Correcán non poderán conducir máis de un can.
• É necesario que o comportamento social do can sexa o adecuado para o tipo
de evento ao que vai participar. Se ten algunha dificultade na relación con
outras mascotas ou persoas, a organización poderá solicitar ao participante a
retirada da carreira.
• Os participantes menores de 14 anos deberán de ir acompañadosdun adulto.
• A organización ou calquera outro membro acreditado poderá solicitar a retirada
da carreira a calquera persoa que incumpra coas normas establecidas no
regulamento.
• Só poderán participar as persoas que porten, de maneira visible na zona do
peito, o dorsal do IV Correcán Solidario Cancoruña 2019 que vai incluído na
bolsa do corredor. A non utilización do dorsal será motivo para que a
organización indique a necesidade de retirarse do circuíto.
• Non está permitido o acompañamento na actividade de ningún vehículo alleo á
organización. Nin coches, nin bicicletas, nin patíns, nin persoas non inscritas
que poidan acompañar.
ARTIGO 7 - Entrega de dorsais
A entrega de dorsais realizarase a véspera, sábado 18 de maio, en horario
ininterrumpido, entre as 11:00 e as 20:00 horas e o mesmo día entre as 09:00 e as
10:00 horas. Terá lugar no Palacio dos Deportes da Cidade Deportiva de Riazor.
Calquer cambio que sexa necesario no horario de entrega de dorsais será
comunicado.
A Organización recomenda retirar o dorsal a víspera do evento.
Atendendo á Normativa non está permitido o acceso de cans ás instalacións
municipais.
O participante deberá de presentar o pasaporte para animais de compañía da
UniónEuropea, que é o documento xustificativo da posesión do chip identificativo e
obrigatorio.
Recoméndase portar a documentación o día da carreira ante a posibilidade dun control
itinerante de documentación.
Así mesmo, en caso de poseer un can dos catalogados como potencialmente perigoso
deberá de presentar a correspondente licenza que corresponderá ao titular do dorsal.
A non retirada do dorsal na data e horario sinalados implicará a perda do dereito ao
dorsal e á bolsa do corredor e, por tanto, a non participación da persoa na carreira.
ARTIGO 8 -Avituallamiento
Ao termo da carreira existirá unespazo acoutado próximo á zona de meta, onde os
corredores participantes, por medio da presentación do dorsal oficial, poderán retirar o
avituallamiento ao que terán dereito.
ARTIGO 9 -Colocación previa
Os participantes, cos seus cans, deberán de colocarse na zona acoutada que lles
corresponda na saída.
A saída da modalidade de andaina terá lugar aproximadamente cinco minutos despois
da saída da carreira.
ARTIGO 10 -Premios
A entrega de premios terá lugar no punto de saída e meta, á chegada de todos os
participantes.
Serán premios que non favorezan a competitividade e que poderán coincidir ou non
cos outorgados enedicións anteriores.
Os participantes premiados contarán cun agasallo por xentileza dun colaborador ou de
Cancoruña Asociación Canina, así como o seu correspondente trofeo.
Doutra banda, concederase un premio a aquel equipo popular (asociación, empresa,
club, colectivo...) que se presente á proba con maior número de participantes, previa
inscrición en forma e prazo.
ARTIGO 11 - Actuación de membros acreditados
Os membros da organización, debidamente identificados (Policía Local, Proteccion
Civil, Veterinarios, Voluntarios da Organización...) e designados para colaborar no
desenvolvemento da carreira terán capacidade para informar e aconsellar aos
participantes e autoridade para chamar a atención e mesmo para retirar da carreira a
corredores ou corredoras que non respecten as indicacións e por tanto xeren algún
tipo de incidente ou calquera anomalía que poida provocar conflitos a outros
parcitipantes.
ARTIGO 12 -Protección de datos
Todos os participantes polo feito de realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe en medios de comunicación e ou Internet.
Mediante a súa inscrición, o corredor consente expresamente que os seus datos
sexan utilizados pola organización para comunicacións sobre as súas actividades.
NIF: G 15962509–Rexistro Provincial Asociacions: 2004/007895/1–Registro Municipal de Asociaciones Vecinales: 202
www.cancoruna.com
Cancoruña Asociación Canina poseerá todos os datos recabanos no formulario de
inscripción, inclusive os datos de contacto de cada particpante para o envío de
información relativa ao evento.
En todo caso, e tal e como establece a Lei de protección de datos, o/a interesado/a
pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
mediante un correo electrónico a Cancoruña Asociación Canina
cancoruna.secretaria@gmail.com.
ARTIGO 13 - Seguro
A organización contratou un seguro de responsabilidade civil e accidentes para todas
as persoas participantes.
O participante deberá ter contratado un seguro de responsabilidade civil que cobre os
danos que puidese ocasionar o can a outras persoas , animáis ou cousas.
ARTIGO 14- Aceptación das condicións e exención de responsabilidade
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento por parte
do participante eximindo de toda responsabilidade á organización por calquera
incidente ou contratempo que lles suceda, tanto á persoa como ao can por
imprudencias ou neglixencias dos mesmos, da mesma forma que se o can ou a
persoa infrinxe algún dano ou prexuízo durante a súaparticipación no Correcán
Solidario Cancoruña.
O participante declara, baixo a súa responsabilidade, que ten subscrito un seguro de
responsabilidade civil que cobre os danos que puidese ocasionar o can a outras
persoas, animais ou cousas.
Así mesmo, os participantes declaran que tanto eles como os cans están en óptimas
condicións físicas para a realización desta proba; facéndoo baixo a súa
responsabilidade e eximindo a Cancoruña Asociación Canina.
Cada participante responsabilízase de cumprir coas obrigacións derivadas das bases,
así como co disposto na normativa de protección animal.
ARTIGO 15 -Promoción
Formando parte do desenvolvemento do evento os participantes poderán ser
fotografiados ou gravados durante o mesmo e ditas fotos e gravacións poderán ser
utilizadas pola organización para facer publicacións en calquera medio, propio ou
alleo, como parte da promoción e publicidade deste acto.
Por tanto, infórmase que poderán asistir medios de comunicación que tomen imaxes
durante o transcurso que poderán ser utilizadas por eles sen que Cancoruña
Asociación Canina poida controlar tales usos e sen que se faga responsable dos
mesmos.
ARTIGO 16 - Cambios no regulamento
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento,
sen consulta previa aos participantes, se así o considerase por velar por unha boa
organización, desenvolvemento do evento e seguridade dos corredores; debendo
comunicalo na web, tanto na de Cancoruña Asociación Canina como na da Federación
Galega de Atletismo e na información ao participante se fose posible.
A participación no evento implica a aceptación das presentes bases.
Todo o non disposto neste regulamento resolverase segundo o criterio da
organización.
ADVERTENCIAS E RECOMENDACIÓNS
En materia legal e recomendacións hixiénico-sanitarias:
Estar ao día nas obrigacións sanitarias en materia de tenencia e protección animal.
TODOS OS CANS PARTICIPANTES EN LA CARRERA DEBERÁN DE TER
IMPLANTADO O MICROCHIP IDENTIFICATIVO OBRIGATORIO. O cumprimento
deste requisito será comprobado na entrega do dorsal ao particpante.
Non se admitirán cans soltos, nin antes, nin durante, nind espois do evento.
É necesario que o can teñaun comportamento adecuado ao do evento que se vai a
realizar e comportamento polo que vela o traballo realizado día a día por Cancoruña
Asociación Canina. Se tivese algunha dificultade na relacióncon outras mascotas ou
persoas a organización poderá solicitar a súa retirada da carreira.
Os cans potencialmente perigosos que participendeberán de cumprir cos requisitos de
seguridade e obrigatorios pola normativa legal:
• Licenza administrativa para a súatenencia e inscrición da mascota no Rexistro
Municipal.
• Seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros.
• Utilización de boceira adecuada.
• Correa non extensible de menos de 2 m.
• Unha única mascota por persoa que será a titular da licenza.
• Do mesmo xeito que o resto dos cans non pertencentes a este grupo,
permanecerán suxeitos ao seu dono pola correa e vixiados polo mesmo en
todo momento.
O IlustrísimoColexio de Veterinarios da Coruñasuxire, pola seguridade do can e
outros, que a mascota conte coas vacinas correspondentes á súa idade.
De parte de Cancoruña Asociación Canina:
O Correcán Solidario non é unha carreira competitiva polo que non é obrigatorio que o
can e as persoas realicen esforzos atléticos. Cada un somos conscientes do noso
adestramento e do donoso can e exporémonos a carreira ao ritmo que queiramos:
correremos, trotaremos suave ou simplemente daremos un paseo.
A organización suxire aos participantes que, durante o percorrido e para maior
seguridade, leven ao seu can no lado esquerdo.
As actividades de Cancoruña Asociación Canina caracterízanse por fomentar o
cumprimento dos bos hábitos cívicos e sanitarios, enmárcanse na protección
ambiental e velan polo cumprimento da Ordenanza Municipal, por iso:
• É OBRIGATORIO que o can vaia en todo momento suxeito da man do seu
guía, coa correa.
• É OBRIGATORIO recoller as feces que o seu can poida deixar ao longo de
toda a proba.
• NON PERMITAN que os seus cans beban das fontes para consumo humano, a
menos que dispoñan dunha segunda billa adaptada para mascotas e sexa este
o que se use.
• NON É ACONSELLABLE a utilización de correas extensibles.
• É ACONSELLABLE a utilización de arnés.
• É ACONSELLABLE a utilización de boceira, aínda non sendo un can
catalogado como potencialmente perigoso, pola aglomeración de cans.
• A presenza dunha femia en celo provocará nerviosismo nos machos. ACTÚA
CON RESPONSABILIDADE.
En canto á bebida: para os cans que vaian correr e aínda que todo dependa da
temperatura ambiente, esforzo realizado e o adestrado que estea o can, é importante
que estea ben hidratado antes da carreira sobre todo se fai moita calor.
Deben de chegar ben hidratados sen que beban grandes cantidades de auga xusto
antes e teñan o estómago encharcado; simplemente hidratándose ben e en cantidades
normais o día anterior.
Durante o esforzo poderán beber algo pero unhas “lengüetadas” nada máis.
Ao terminar deberían de camiñar tranquilamente uns 10 ou 15 minutos para que se
arrefríen e normalícese a respiración. Se estivese moi acalorado permitiríanselle
unhas “lengüetadas”. Cando todo normalizouse é bo ir administrándolle a auga que
vaia bebendo polo menos durante a seguinte hora.
O importante é que non se dean atracones de auga, en cantidade ou moi rápido, nin
antes, nin durante, nin despois do esforzo.
Teñamos especial coidado cos golpes de calor.
Sobre a alimentación: Se o can está afeito comer polas mañás non deberían de levalo
en xaxún pero tampouco xusto despois de haber comido. Por dar un consello, se come
polas mañás a ración completa diaria podería non dárselle enteira para non
sobrecargar o estómago pero si proporcionarlle ao redor dun terzo da ración unhas 3
horas antes do exercicio.
Tampouco deberiamos de darlle o resto da comida xusto despois do exercicio.
Poderíase esperar unhas 3 horas tamén.
Aínda que é certo que todo isto depende do can e do adestrado e afeito que estea ao
exercicio.
Respecto da idade: Non permitamos correr moito aos nosos cans que son cachorros
(o máis probable é que terminen facendo o percorrido nos nosos brazos) aínda que o
crecemento destes non é igual en todas as razas. Tampouco aos moi maiores.
Quizais a partir dos seis meses comecen a ter máis aguante, con todo isto é moi
variable segundo o can.
Fixádevos na evolución do can ao longo do percorrido e se fose necesario
retirarsedebedes de facelo. Recomendamos que consultedes ao veterinario para que
vos aconsellen canto ao ritmo ao que pode ir o voso can se o que vos apetece é correr
pois tamén en función da idade cada mascota ten o seu aguante.
En canto ás características do can para a carreira:
Todos os cans necesitan exercicio físico a diario pero debe de adaptarse o ritmo tanto
á condición física da persoa como ás características do can. Ritmos lentos para:
• Cans de patas curtas (Teckel ou Can Salchicha, Chihuahua…); polo seu
tamaño.
• Braquicéfalos; de fuciño achatado e cranio ancho e curto (Bulldog, Carlino ou
Pug, Boston Terrier, Boxer, Pequinés, LashaApso, ShihTzu…); pola súa maior
dificultade ao respirar.
• Con demasiado pelo (Bobtail ou Antigüo Can Pastor Inglés, Galgo Afgán,
Boyero de Berna…); sobre todo se fai calor excesivo, polo aumento de
temperatura que podensufrir.
• Pesados (San Bernardo, Mastín…); pola súa maior capacidade de resistencia á
actividade física.
• Con algunha condición ortopédica que os limite ou condicionamento físico ou
afección por idade ou algunha enfermidade (cardíaca, pulmonar, articular…).
Indicáronse razas a modo de exemplo para facer a lectura máis visual e que o
participante adapte esta recomendación ás características da súa mascota.
¿Que se necesita para correr coa mascota?
• Ti, o teu can, unha correa, un pantalón, unha camiseta e unhas zapatillas.
Correrás mellor se a correa dáptase ao tamaño e características da túa
mascota e se nós utilizamos un,pantalón, zapatillas adecuadas e unha
camiseta que transpire ben.
• Paciencia. Ao principio poida que o teu can queira correr cara a todos lados
pero aprende rápido. Sabe recoñecer as nosas emocións e intensidades e
pronto lograremos a conexión e pareceremos un só: xira cara a onde llepides e
acelera e desacelera nos momentos precisos.
• Adaptación. Adestro paso a paso. Aínda que corran máis que nós ou a máis
velocidade, deben de ir adaptando o seu corpo á distancia e nós
administrarémolo en cada saída. Se chegusta saír a correr coatúa mascota a
miúdo non está de máis que llocomentes ao veterinario.
• Motivación. A nosa mascota sabe o noso estado de ánimo e entende os tons
de voz que utilizamos. Animade ao voso can durante a carreira, “imos
mozo/a…”, “veña amigo/a…”, “moiben…”, “ánimo…”.Debemos de estar
motivados para motivar á nosa mascota. Pódese acompañar con algún
alimento como premio ao traballo pero máis ben escaso para que non
inxiramoito durante a actividade.
• Conciencia de que somos dous. Compaxinade actividade física e control sobre
a mascota con coidado; estando atento á hora de cruzar rúas (se se dese o
caso), adiantar a persoas para que non se enreden as correas e ter aos nosos
mellores amigos a salvo de imprevistos.
• E GANAS DE GOZAR!