Calendario
Info da proba

Larín

08/06/2019 18:00 - 20:00
Regulamento I CARREIRA POPULAR DE SAN ROQUE DE LARÍN

Data: 8 de xuño de 2019 .
Hora: 18:00 .
Lugar: Campa San Roque, 10, 15144 Arteixo, A Coruña .
Distancia: 9,5 km .
Organiza: Comisión de San Roque de Larín .
Inscrición: en CHAMPIONCHIP NORTE.

/ Máis información da I Carreira Popular de San Roque de Larín neste tema do foro

REGULAMENTO DA PROBA:
1. PRESENTACIÓN
A “Carreira Popular de San Roque de Larín”, componse dunha carreira de 9,5 Km e unha andaina
de 5 km e celébrase na parroquia de Larín o día 8 de xuño de 2019 con saída por parte dos
corredores ás 18:00 horas, e da andaina ás 18:15 horas.
Os 3 primeiros de cada categoría, tanto masculina como femenina, recibirán un trofeo da
organización donado polo Concello de Arteixo.
2. ORGANIZACION
A proba deportiva denominada “Carreira Popular de San Roque de Larín” está organizada pola
Comisión de festas de San Roque de Larin 2019, coa colaboración do Servizo Municipal de
Deportes do Concello de Arteixo, coa idea de promover o deporte na veciñanza extendéndoo ao
resto de parroquias do Concello, e todo aquel que así o desee veña de onde veña, tanto para nenos,
maiores e habituais practicantes do deporte.
2.1 Modo de inscripción: a través da web www.championchipnorte.com, ou acudindo ao campo da
festa de San Roque en Larín os sábados días 4, 11, 18 e 25 de maio e o sábado día 1 de xuño, en
horario de 18:00h a 20:00h:
2.2 Prazos e cota de inscripción:
Data límite de inscripción: día 1 de xuño
Cota Andaina: 5€
Cota Carreira : 8€
2.3 A inscripción inclue:
Participación na proba, avituallamento, asistencia sanitaria, seguro de accidentes, servicio de baños
e vestiarios, trofeos primeiros clasificados, picoteo final.
3. PARTICIPACION
A participación está aberta a todos os corredores, federados ou non, que formalizaran debidamente a
inscripción.
4. DORSAIS
Para recoller o dorsal e o chip o participante debe presentarse 50 minutos antes da saída da proba, o
dorsal debe ser colocado nun lugar visible de tal maneira que poidan facilitar o a labor de control
por parte da organización.O chip será entregado ao final da proba á organización.
5. CATEGORIAS
As categorías que se establecen tanto pa mulleres como homes son:
- Para carreira:
SENIOR FEMININO: DE 16 A 39 ANOS INCLUIDOS.
SENIOR MASCULINO : DE 16 A 39 ANOS INCLUIDOS.
VETERANO FEMININO MASTER 40 : MAIOR DE 40 ANOS.
VETERANO MASCULINO MASTER 40: MAIOR DE 40 ANOS.
-Para andaina: todas a edades sin límites.
6.PERCORRIDO
6.1 A proba comenzará as 18:00 horas dende o campo da festa de Larin en San roque, anexo o
Campo de fútbol.
6.2 A organización reservase o dereito de cambiar ou modificar o percorrido publicado, se fose o
caso informarase e publicarase con antelación suficiente nos diferentes medios de difusión da
carreira.
6.3 Percorrido carreira ( 9.5 Km) e andaina( 5 km).
FICHA TECNICA:
Distancia: carreira: 9,5 Km, andaina:5 Km
Dificultade física: media Dificultade técnica: media.
Punto de saída e meta: campo da festa de Larin.
Avituallamento: liquido 4,5 Km.
Información: wwww.championchipnorte.com, local da comisión no campo da festa de Larín os
días 4, 11, 18 e 25 de maio e 1 de xuño, de 18:00 a 20:00.
Hora de saída: 18:00horas.
Hora de chegada estimada dos primeiros corredores: 18:35 horas.
Entrega de premios: 20:00 horas.
7. CRONOMETRAXE:
A proba estará controlada por persoal cualificado da organización e conta con cronómetro especial
para éste tipo de probas.
8. SEÑALIZACION E CONTROLES DE PASO:
O percorrido estará señalizado con cachos de cinta plástica de sinxela visualización, e con calquer
outro tipo de señal por donde será obligatorio o paso.
É responsabilidade de cada participante seguir o percorrido marcado, non respetalo será causa de
penalización ou descalificación.
Os participantes durante todo percorrido, deberán seguir en todo momento as indicacións do persoal
da organización nos cruces.
Existirán voluntarios que actuarán de escobas, a maiores de Protección Civil e Policía Local do
Concello de Arteixo.
9. ABANDONOS
En caso de abandonar a proba, o corred@r deberá indicalo o persoal da orgnización no posto ou
cruce máis cercano, éstes informan mediante chamada o posto principal.
10. RESPETO O MEDIO AMBIENTE:
Os participantes deberán respetar o medio donde se realiza a proba e manter limpo o entorno.
Deberán utilizar os puntos habilitados para o caso.
11. SEGURIDADE:
A organización da proba garantiza a seguridade dos participantes poñendo para elo as medidas e
persoal necesario. Contémplase a presencia de vehiculos oficiais, tanto da organización como de
medios de seguridade debidamente identificados. Disponse de ambulancia con médico para intervir
en caso de necesidade.
O persoal dos controis e cruces está facultado para indicar a conducta a seguir en caso de perigos,
accidentes ou abandonos.
Os aparcadoiros contan con un total de 350 prazas, baños e vestiarios para ambos sexos con auga
quente para quen o desee poder ducharse, os accesos para acceder o evento son varios pero os de
máis facilidade son dous, o 1 dende A Coruña, o cal pode acceder xentes de A Coruña, Arteixo,
Culleredo…, e outro dende Carballo, o acceso 2, con conexión a autoestrada AC552 ou Autopista
AG55, procedentes de A Coruña, Arteixo, A laracha, Carballo...
Dende nacional 552 “Coruña-Fisterra”
Dende AG55 (saída Paiosaco) “Coruña-Carballo”
VESTIARIOS (INCLÚEN BAÑOS)
BAÑOS
*Os accesos á saída da carreira estarán sinalizados na nacional 552 e na saída da AG55 (saída de
Paiosaco)