Calendario
Info da proba

As Somozas ( SUSPENDIDA )

05/05/2019 10:00 - 12:00
Regulamento  Data: domingo, 05 de Maio de 2019.
 Hora: a partir das 10:00h.
 Lugar: AS SOMOZAS (Complexo multiusos).
 Distancia: de 100m. a 10 km.
 Organiza: Concello de AS SOMOZAS e SAVA SERVICIOS DEPORTIVOS
REGULAMENTO
1.- PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa.
2.- CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN
 Pitufo F/M: Nadas/os en 2015 e posteriores.
 Prebenxamín F/M: Nadas/os en 2012, 2013 e 2014
 Sub 10 F/M: Nadas/os en 2010 e 2011
 Sub 12 F/M: Nadas/os en 2008 e 2009
 Sub 14 F/M: Nadas/os en 2006 e 2007
 Sub 16 F/M: Nadas/os en 2004 e 2005
 Sub 18 F/M: Nadas/os en 2002 e 2003
 Sub 20 F/M: Nadas/os en 2000 e 2001
 Sub 23 F/M: Nadas/os en 1997, 1998 e 1999
 Senior F/M: Nadas/os entre 1984e 1996
 Máster A masc/fmno: Nadas/os entre 1974 e 1983
 Máster B masc/fmno: Nadas/os entre 1964 e 1973
 Máster C masc/fmno: Nadas/os en 1963 e anteriores.
3.- PERCORRIDOS E HORARIOS
A saída e chegada das probas estará situada no COMPLEXO MULTIUSOS AS SOMOZAS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:00 horas
10:05 Horas
11:30 horas
11:30 horas
12:00 horas
12:00 horas
12:15 horas
12:25 horas
12:40 horas SUB 20 - SUB 23 – SENIOR – MASTER (A,B,C) 10K
ANDAINA 6K
SUB 18 3000 m
SUB 16 3000 m
SUB 14 2000 m
SUB 12 2000 m
SUB 10 1000 m aprox
PREBENXAMINS 350 m aprox
PITUFOS 200 m aprox
4.- INSCRICIÓNS E PRAZOS
O prazo de inscrición de participantes no I CARREIRA POPULAR 10K E ANDAINA 6K abrirase o venres 29 de Marzo de 2019 ás 22:00 h e pecharase o xoves 25 de abril de 2019 ás 23:59 h. Non se admitirán inscricións fóra do prazo indicado. As inscricións en todas as súas categorías realizaranse na web www.emesports.es.(Tlf. soporte técnico: 654 28 56 92 – Email:
soporte@emesports.es). E COMPLEXO MULTIUSOS AS SOMOZAS (618 416 994)
PREZO DA INSCRICIÓN
- Categorías escolares (ata sub 12): Gratuita
- Categorías (SUB 14, SUB 16, SUB 18): 2€
- Adultos (de sub 20 a máster): 5 €
- Andaina: gratuita
5.- DORSAIS e CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da proba no COMPLEXO MULTIUSOS AS SOMOZAS en horario de 08:30 a 09:45 horas. Os dorsais e o chip cedidos pola organización son persoais e intransferibles. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. O dorsal deberá ir colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión e de xeito visible e o chip suxeito nas zapatillas (todos/as os/as corredores/as teñen a obriga de devolver o chip ao finalizar a súa proba). Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal ou non leve ou devolva o chip será descalificado a criterio do xuiz árbitro da proba. É obrigatorio devolver o chip ao finalizar a proba.
6.- DESCALIFICACIÓNS
Todo/a corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descalificado a criterio do xuiz árbitro da competición.
Todas as reclamacións deberán ser dirixidas ao xuíz árbitro da competición cun prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
7.- TROFEOS e MEDALLAS.
 Trofeos para os/as 3 primeiros/as da clasificación xeral da proba de 10 k. (desde SUB 20 A MASTER)
 Trofeos para os/as 3 primeiros/as da clasificación xeral da proba de 3000 m. (sub 14
,sub 16 y sub 18)
 Trofeo Supermáster, ao participante de máis idade que finalice a proba indistintamente sexa home ou muller.
 Trofeo Benxamín, ao participante de menos idade que finalice a proba, indistintamente sexa neno ou nena.
 Medallas para os/as participantes nas categorias escolares (de pitufo a sub 12).
 Todos/as os/as participantes recibirán una camiseta de regalo
9.- SORTEO DE AGASALLOS.
 Un fin de semana para 2 persoas HOTEL BALNEARIO AUGAS SANTAS.
 2 Bonos de 3 entrenamientos personalizados no Complexo Multiusos AS Somozas.
 3 Bono mensual de uso gratis de la instalación Complexo Multiusos As Somozas.
 2 Vales por un mes Gratis de Clases de Natación no Complexo Multiusos AS Somozas.
 5 Bonos regalos PADEL, complexo deportivo AS SOMOZAS. (Cada bono consta de 5 sesiones de 1,5 horas, para 2 persoas).
10.- ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS.
Categorías escolares (ata sub 12 incluido) Os/as participantes recibirán unha medalla pola súa participación tras cruzar a liña de chegada. Os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría recibirán os seus trofeos á partir das 12:30 horas
11.- USO DE DATOS E DEREITOS DE IMAXE.
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación etc.). Todos os dereitos de imaxe pertencen ao organizador (Concello de As Somozas).
12.- SERVIZOS PARA OS/AS PARTICIPANTES
Todos/as os/as participantes disporán dos seguintes servizos:
 Servizo de duchas no complexo multiusos e campo de fútbol
 Obsequio a todos/as os/as participantes. Camiseta da carreira.
 Avituallamento intermedio na proba absoluta (km 5) e en liña de meta para o resto de probas.
 Habituallamiento final.
 Servizo de cronometraxe por chip (emesports).
 Sinalización kilométrica.
 Servizo de gardaroupa.
 Hinchables y animación (para niños/as de 3 a 12 años)
 Servizo de ambulancia, médicos e sanitarios.
 Seguro de accidente deportivo para o corredor e RC do evento.
 Servizo de masaxes
 Tenda material deportivo
13.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
A organización resérvase a potestade de cambiar os percorridos definidos nas categorías escolares, horarios ou modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos participantes.
Calquer aspecto non recollido neste regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA e RFEA para probas en ruta en vigor.
A organización da proba declina toda a responsibilidade dos danos que os/as atletas puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. A organización tampouco se responsabiliza dos obxetos persoais que poidan extraviarse ou danarse.
Todos/as os/as atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente regulamento e o descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.
14.- PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIONS
AUTONÓMICAS E EXTRANXEIROS
Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do “REGLAMENTO PARA LAS COMPETICIONES DE CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA, TRAIL Y PISTA 2018-2019”.