Calendario
Ver carrera

A Illa de Arousa

05/05/2019 10:30 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO V CARREIRON 10 K
A Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa organiza a cuarta
edición da carreira popular “CARREIRON 10 K” que se disputará o vindeiro
5 de maio de 2019 ás 10:30h.
A proba absoluta disputarase sobre una distancia de 10.200 m.

1-Inscricións:
 INSCRICIONS ADULTOS (de junior a veteráns):
As inscricións faranse a través da paxina de www.emesports.es sendo a
data límite das mesmas o 28 de abril do 2019 ás 23:59h. (única forma de
inscrición excepto na 1ª semana)*.
 INSCRICIONS ESCOLARES (ata xuvenil):
As inscricións faranse a través da paxina de www.emesports.es sendo a
data límite das mesmas o 28 de abril do 2019 ás 23:59h. (única forma de
inscrición – obrigatorio ser feita por pai – nai ou titor do menor).
- Teléfono de información sobre a plataforma de inscrición: 654285692
- Teléfono de información sobre a carreira: 662300391
Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos obrigatorios
presentes no formulario de inscrición online, incompletos, nin despois de
cubrirse as prazas máximas por categorías.
Haberá un límite de participantes de 350 na categoría absoluta e de 250
nas categorías inferiores (de pitufos a xuveniles).
Ningún corredor poderá inscribirse fora de prazo nin correr sen inscrición,
posto que non contará cos seguros obrigatorios da carreira.
O feito de inscribirse supón a aceptación por parte do participante da
utilización de imaxes sexa o formato que sexa, gráfico ou dixital e en todas
as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de
comunicación etc.) sempre que o seu uso garde relación co evento no que
se subscribe. Todos os dereitos de imaxe, pertencen á organización
(Concello e Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa).
*Con mor de facilitar a inscrición ás persoas que non teñen internet ou
tarxeta de crédito, durante a primeira semana de inscrición e só durante
esta semana (do luns 1 de abril ata o sábado 6 de abril en horario de
10:00 a 14:00h e de 17:00 a 21:00h) poderase facer a inscrición
presencial. Para realizar esta opción de inscrición, pódese pedir
información no teléfono 662300391 para recibir as indicacións oportunas.
 Prezo:
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil): GRATUITA
ADULTOS (Senior e veteranos): 6,00 € ata o 20 de abril e, 9,00€
entre o 21 e o 28 de abril.
O prezo inclúe agasallo, avituallamento e seguro así como dorsal e
aluguer do chip (este será devolto ao finalizar a carreira)
A pre-inscrición de adultos non se completará se non se fai o pago no
momento de inscribirse na web www.emesports.es.
Haberá un límite de 350 inscritos na proba absoluta.
A inscrición de nenos é igual de importante rematar tódolos pasos da
inscrición posto que é imprescindible para o seguro e o dorsal.
Calqueira dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó
teléfono: 654285692 ou info@emesports.es
2- Retirada de dorsais e chips:
Realizarase o día da proba no AUDITORIO MUNICIPAL a carón
do Concello de A Illa de Arousa entre as 08:00 da mañá e as 09:30h.
O dorsal outorgado pola organización deberá levarse colocado na parte
anterior do corpo (zona próxima ao peito), en toda a súa extensión e de
xeito visible. Todo atleta que non teña o seu dorsal na saída durante a
carreira e na chegada poderá ser descualificado a criterio do xuíz árbitro
da competición.
Pódese preparar a retirada de dorsais por grupos ou equipos dentro do
mesmo horario enviando un listado cos nomes dos participantes e co
nome da persoa que os vai a recoller antes do día 2 de maio ao
correo electrónico fundacion@ailladearousa.es
CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a
través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da
recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da
súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O
FINALIZAR A SÚA PROBA ÁS PERSOAS DESTINADAS PARA A SÚA
RECOLLIDA.
DESCUALIFICACIÓNS:
Todo corredor/a que incumpra as normas da competición, será
descualificado a criterio do Xuíz Árbitro da Competición.
Todo corredor que non respecte as indicacións da policía local , xurado,
servizos médicos ou calquera dos membros da organización debidamente
identificados, será descualificado.
TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA
COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación
dos resultados da proba en cuestión.
Outras consideracións regulamentarias:
 Os participantes deberán estar na zona de saída e preparados 10
minutos antes da proba teñen preferencia na saída as nais por
tratarse do día da nai.
 A cronometraxe realizarase mediante sistema de chips e pode haber
varios puntos de control ao longo da carreira polos cales será
obrigatorio pasar para non ser descualificado.
 O chip deberá ir correctamente colocado e recordamos que é
obrigatorio devolvelo ao finalizar a carreira, en caso de non
devolvelo de forma involuntaria, poden contactar coa Fundación
Deportiva Municipal no 662300391 ou ben no enderezo electrónico
fundacion@ailladearousa.es
 Os premios son acumulativos.
*Todo aquel que non entregue o chip poderase cargar 10 € na mesma
tarxeta na que foi feito o ingreso da inscrición.
 O percorrido transcorre por: asfalto, formigón, madeira, terra,… e
estará perfectamente sinalizado en todo o seu trazado así como os
puntos kilométricos e os avituallamentos.
 Haberá a lo menos avituallamento líquido no kilómetro 5 así como
líquido e sólido na chegada. Así mesmo, poñeranse a disposición dos
corredores contedores suficientes para a recollida dos residuos que
son de uso obrigado.
 Os participantes teñen que competir cos seus propios medios físicos
naturais sen axudas materiais de ningún tipo. Non está permitido o
acompañamento na proba de ningún vehículo axeo á organización.
Nin bicicletas, nin patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes. Do mesmo
xeito non se permite a participación de coches, sillas de nenos, nin
correr acompañados destes en ningún intre.
 Prohibido competir acompañados de animais excepto os casos de cans
ou animais guía debidamente acreditados segundo a normativa.
 Deberanse respectar as indicacións da organización e carteleira.
 Non poderán participar corredores con doenzas diagnosticadas que lle
impidan a práctica deportiva si así o fan será baixo a súa
responsabilidade.
 A organización ten o dereito de modificar calquer punto da carreira
para facilitar o mellor desenvolvemento da mesma.
 O participante ten a obriga de acatar todas as normas do regulamento
e o seu descoñecemento non o exime de cumprilo.
 Non se entregará ningún trofeo ou premio antes ou despois da
entrega oficial que será ao remate de tódalas carreiras.
7- vestuarios e duchas
Estarán sinalizados e con puntos de información.
Vestiarios pavillón deportivo a 1km (4 VESTIARIOS – 2 MASCULINOS E 2 FEMININOS )(50 PERSOAS)
Vestiarios campo de Fútbol a 750 m (2 VESTIARIOS – 1 MASCULINO E 1 FEMININO) (40
PERSOAS)


8-aparcamentos
Os posibles aparcamentos estarán sinalizados e haberá puntos de
información na entrada para chegar a eles

9-servicio de gardarroupa
Os corredores disporán dun servizo de gardarroupa preto da zona de
meta, e lugar onde tamén se recollen os dorsais e os chips.
10-PREMIOS
A TÓDOS ESTES TROFEOS PODERANSE ENGADIR OUTROS AGASALLOS QUE
ESTÁN POR DETERMINAR POLOS PATROCINADORES E TODOS SON
ACUMULATIVOS.
TROFEOS
1º CLASIFICADO/A XERAL
1º CARCAMÁN/A XERAL
1º , 2º E 3º CLASIFICADO MASCULINO POR CATEGORÍAS DA ABSOLUTA
1º , 2º E 3º CLASIFICADO FEMININO POR CATEGORÍAS DA ABSOLUTA
RAMO DE FLORES
1ª NAI XERAL
Zona deSAÍDA E META
MULTIUSOS
RECOLLIDA DE
DORSAIS E
GARDARROUPA
As categorías e as distancias a percorrer serán as seguintes:
Categorías Ano de nacemento premios distancia
pitufos Nados no ano 2014 e
posteriores
medallas 100
prebenxamín Nados nos anos 2012-2013 medallas 500
benxamín Nados nos anos 2010 e 2011 medallas 500
Alevín Nados nos anos 2008 e 2009 medallas 1.500
Infantil Nados nos anos 2006 e 2007 medallas 1.500
cadete Nados nos anos 2004 e 2005 medallas 2.000
xuvenil Nados nos anos 2002 e 2003 medallas 2.000
ABSOLUTA Nados no ano 2001 e
anteriores
10.200
Senior Nados entre 1984 e 2001 Trofeos 1º 2º 3º
Veterano A Nados entre 1973 e 1983 Trofeos 1º 2º 3º
Veterano B Nados entre 1963 e 1972 Trofeos 1º 2º 3º
Veterano C Nados entre 1962 e anteriores Trofeos 1º 2º 3º
ANEXO CARREIRA MENORES
As carreiras para os menores non estarán controladas por chip (excepto a
cadete xuvenil) e, non terán clasificación, levando tódolos participantes
unha medalla e avituallamento como mínimo.
Por motivos de seguro de accidentes, o prazo e formalización de inscrición
será do mesmo xeito que a carreira absoluta coa diferenza de que non
terán que pagar inscrición.
CARREIRA PITUFOS – APROX. 100 m
Na Rúa Valle-Inclán, un pequeno percorrido onde teñen que bordear un
cono e voltar.
CARREIRA PREBENXAMÍN E BENXAMÍN – APROX. 500 m
Saída dende diante do Concello cara a Ribeira do Chazo, na primeira boca
calle virar á esquerda ata avda. Castelao onde viras outra vez á esquerda
de volta para o concello.
CARREIRA INFANTIL E ALEVÍN – APROX. 1500 m
Saída do Concello soben ata Testos recollen un control e baixan de
volta ata o Concello.
CARREIRA XUVENIL E CADETE – APROX. 2000 m
Trátase da unión das dúas carreiras Infantil e alevín xunto coa
carreira benxamín e prebenxamín.
Saída dende diante do Concello cara a Ribeira do Chazo, na primeira
boca calle virar á esquerda ata avda. Castelao onde viras outra vez á
esquerda de volta para o concello subindo ata Testos recollen un control e
baixan de volta ata o Concello.

[ Go Back ]