Calendario
Info da proba

Frades

01/05/2019 10:30 - 13:30
Regulamento VI CARREIRA PEDESTRE POPULAR-CONCELLO DE FRADES 2019

O Concello de Frades celebra a súa VI Carreira Pedestre Popular o mércores 1 de maio de 2019 na localidade de Ponte Carreira (estrada Ordes-Ponte Carreira DP-3802) baixo o control técnico da Federación Gallega de Atletismo (Delegación en Santiago). As probas estarán as suxeitas ó seguinte:

REGULAMENTO
1- Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación. O control da carreira estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Gallega de Atletismo, Delegación Santiago de Compostela.

2- CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES, DISTANCIAS E HORARIO DAS PROBAS
O percorrido da carreira será dunha distancia de 8.6 km en ruta. A SAÍDA E A CHEGADA ESTARÁ SITUADA NA PRAZA PÚBLICA DE PONTE CARREIRA.
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAIDA 5 minutos antes do inicio de cada proba.

HORA CATEGORIA ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS

- MENORES 10:30 h Pitufo-biberón-Sub 6 (M/F) Nados en 2014 e posteriores 300 m aprox(1 Volta á praza)
- MENORES 10:40 h Prebenxamín-Sub 8 (M/F) Nados en 2012-2013 500 m aprox
- MENORES 10:50 h Benxamín-Sub 10 (M/F) 2010-2011 800 m aprox
- MENORES 11:00 h Alevín-Sub 12 (M/F) 2008-2009 800 m aprox
- MENORES 11:15 h Infantil (M/F) e cadete femenino-
Sub 14 e Sub 16 2004-2005-2006-2007 2000 m aprox
- MENORES 11:30 h Cadete masculino e xuvenil (M/F)
Sub 16 e sub 18 2002-2003-2004-2005 3000 m aprox
- ADULTOS 12:00 h Junior-Sub 20 (M/F) Nados en 2000-2001 8600 m aprox
- ADULTOS 12:00 h Promesa-Sub 23 (M/F) Nados entre 1997-1998-1999 8600 m aprox
- ADULTOS 12:00 h Senior (M/F) Nados entre 1996 ata 1985 8600 m aprox
- ADULTOS 12:00 h Master 1 M/F) Nados/as entre 1984 ata 1979 8600 m aprox
- ADULTOS 12:00 h Master 2 (M/F) Nados/as entre 1978 ata 1970 8600 m aprox
- ADULTOS 12:00 h Master 3 (M/F) Nados/as en 1969 ata 1960 8600 m aprox
- ADULTOS 12:00 h Master 4 (M/F) Nados/as a partir do ano 1959 8600 m aprox

ENTREGA DE PREMIOS- PRAZA PÚBLICA PONTE CARREIRA
O percorrido da proba absoluta estará indicado e sinalizado cada kilómetro.

3- INSCRICIÓNS

*PROBAS ESCOLARES (Sub 6 pitufos, Sub 8-prebenxamín, sub 10-benxamín, sub 12-alevín, sub 14-infantil, sub 16- cadete e sub 18-xuvenil incluido).
Realizaránse a través do formulario online presente nas páxinas www.emesports.es. Data límite ata o luns 29 de abril ás 23.59 horas. As inscricións para as categorías escolares serán GRATUITAS.

*CATEGORÍAS ADULTOS (Sub 20-junior, sub 23-promesa, Senior e máster).
As inscricións estará presente na páxina web www.emesports.es. Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.

PREZOS DA INSCRICIÓN:

- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- ADULTOS (De junior ata master): 5,00 €

*INSCRICIÓN POR CLUBES FEDERADO

*Os equipos, clubes, centros… que desexen optar ós premios en metálico deberán formalizar a inscrición individual de cada atleta na web www.emesports.es e remitir un correo electrónico á dirección de correo santiago@atletismo.gal cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRONICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías Sub 20-junior, sub 23 promesa, senior e master. SE ALGÚN ATLETA DA CATEGORÍA SUB 18 (XUVENIL), DESEXE PARTICIPAR NA PROBA ABSOLUTA DEBERÁ NOTIFICALO NO EMAIL santiago@atletismo.gal

Admitiránse inscricións ata o luns 29 de abril as 23.59. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais recolleránse na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba. O dorsal deberá levarse en todo momento durante o transcurso da proba colocado de forma totalmente visible na parte anterior do corpo.

.Os atletas da proba absoluta correrán cun CHIP que lles será entregado na Secretaría no momento de recoller o dorsal.

Para calquer información adicional poderán chamar ao teléfono 600852222 (Lino).

4-Haberá servizo de vestiario e duchas a disposición de todos os atletas sito no Pavillón Municipal ao carón do CPI de Ponte Carreira (a 700 metros da saida), tamén haberá baños/servicios ao carón da saída/meta.

A organización disporá a disposición de todos os atletas un servicio de fisioterapia, ropero e ademais de persoal sanitario e ambulancia.

Tamén haberá inchables para os mais pequenos.

5-RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS

Realizaránse o día da proba na Secretaría da Competición sita na Praza Pública de Ponte Carreira ata media hora antes do inicio de cada proba.

*CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse nas zapatillas antes da saída da súa proba.

E obrigatorio una vez crucen a liña de meta entrégalo nuns recipientes habilitados para tal efecto.

Todos os corredores teñen a obriga de devolver o CHIP o finalizar a súa proba.

6-O longo do percorrido á organización ubicará controis nos canles poderase descalificar a calquera atleta que incumpla a normativa da competición (sairse do percorrido, sacar o dorsal, obstaculizar ou empurrar a outros atletas…).

7. Todo atleta que chega a liña de meta sen o su dorsal colocado correctamente na zona do peito será descalificado a criterio do xuiz árbitro da proba.


8- PREMIOS ESPECIAS DA CARREIRA POPULAR

- Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e homes), tamén para as categorías sub 6-pitufo e sub 8-prebenxamín.

- Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (sub 20-junior, sub 23- promesa, senior e máster).

- Trofeos para os 3 primeiros clasificados/as empadroados no Concello.

- Trofeos para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.

- Trofeo para o clube, entidade ou colexio que aporte mais participantes na proba.

- Medallas orixinais para tódolos participantes escolares (de sub 6-pitufo a sub-18 xuvenil).

- Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes os atletas locais.

- Entrega de camisetas técnicas para tódolos participantes e bolsa corredores.

AO REMATE DA PROBA HABERÁ FROITA E BEBIDA PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES.

PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira Absoluta: (DE SUB 20 A MASTER).

[b][b]PREMIOS INDIVIDUAIS

1º Clasificado/a: 250 €
2º Clasificado/a: 150 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €

PREMIOS POR CLUBES

1º Clube federado masc/fem: 150 €
2º Clube federado masc/fem: 100 €
3º Clube federado masc/fem: 50 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 8 primeiros corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 8º componente.Os equipos poderán ser masculinos ou femeninos (non mixtos) .

SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METÁLICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Gallega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.

O premios serán aboados por transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.

9. PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS E EXTRANXEIROS:
Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordó co disposto no artigo 3.4 do “Reglamento para las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, ruta, trail y pista da tempada 2018-2019.
Mais información de esta norma no ligazón:

http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06¬¬_ ReglamentoCompeticiones.pdf

10- As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente o Xuiz Árbitro da Competición, non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

11- Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co disposto nos regulamento da FGA e RFEA en vigor para probas en ruta.


12- Tódolos participantes polo feito de inscribirse na proba, aceptan o presente regulamento. En caso de dúbida prevalecerá o criterio da organización, prohibindo a participación sen estar inscrito ou sin levar dorsal.

PALMARÉS DA CARREIRA DE FRADES:

2014-MASCULINO 2014-FEMENINO
1º VICTOR RIOBOO 1º PAULA MAYOBRE
2º ROBERTAS GERALAVICIUS 2º MELA PENAS
3º AKKA ESSAADAOUI 3º AGUEDA BLANCO

2015-MASCULINO 2015-FEMENINO
1º HASSAN LEKHILI 1º PAULA MAYOBRE
2º NUNO COSTA 2º RAQUEL SUAREZ
3º AKKA ESSAADAOUUI 3º MELA PENAS

2016-MASCULINO 2016-FEMENINO
1º LOLO PENAS 1º ESTER NAVARRETE
2º ALEJANDRO FERNÁNDEZ 2º PAULA MAYOBRE
3º HASSAN LEKHILI 3º CLARA SIMAL

2017-MASCULINO 2017-FEMENINO
1º DAVID SANTOS 1º PAULA MAYOBRE
2º AMADOR PENA 2º ROCIO ALVITE
3º JACOBO GESTO 3º RAQUEL SUAREZ

2018-MASCULINO 2018-FEMENINO
1º NUNO COSTA 1º PAULA MAYOBRE
2º ANXO CASTRO 2º ESTHER RODRÍGUEZ
3º AKKA ESSAADAOUI 3º MARÍA JESÚS GESTIDO

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición, o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a Lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.

Poderá consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas páxinas web:
www.carreirasgalegas.com
www.emesports.es
www.atletismo.gal
www.correrengalicia.org