Calendario
Info da proba

Portomarín

21/04/2019 11:00 - 13:30
Regulamento V CARREIRA POPULAR
FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARÍN
“a carón do río”
Ven á V Carreira Popular de Portomarín e goza dun percorrido
único, a beleza da nosa vila, a igrexa de San Xoan (igrexa-fortaleza
do século XII), a igrexa de San Pedro tamén do século XII e unhas
fermosas paisaxes a carón do río Miño. No corazón do Camiño
Francés, parada obrigada dos peregrinos a Compostela. E a todo esto
engadirlle a Festa da Augardente.
Para descubrilo achégate a correr por Portomarín o 21 de abril.
Non faltes!
Data: domingo, 21 de abril de 2019
- Hora:
- Categorías escolares: 11:00h
- Categoría absoluta: 12:30h
Lugar: Portomarín, Lugo
Distancia: dende 100 a 7,300 m (distancia aproximada).
Organiza: Concello de Portomarín.
REGULAMENTO DA PROBA:
Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.
- A saida e a meta estará situada nas inmediacións da Praza do Camiño
antes Condes Fenosa, a carón da igrexa.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o
uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará
a descalificación dos atletas acompañados.
- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a
corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel, en ningún
caso se permitirá correr sen dorsal.
- Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de
cronometraxe subministrado pola organización excepto para os
propietarios do chip amarelo que poden utilizar o seu.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación
tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba,
nos medios de comunicación e na internet.
- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos
danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas
ocasionen os participantes nas carreiras.
- A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa
vixente
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre
calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste
regulamento.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán
reclamacións.
- O percorrido estará sinalado cada quilómetro.
- A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
ENTREGA DE TROFEOS E MEDALLAS , está prevista a entrega de
trofeos e medallas unha vez rematada a última proba no
Polideportivo a partir das 13:15h.
Haberá un agasallo para cada atleta, e un
AGASALLO ESPECIAL de productos da zona
para @ atleta que supere o record
masculino/feminino de tempo do ano pasado
que está en 25:40 e 30:13 minutos .
CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 11:00 da mañá nos arredores da
Praza do Camiño antes Condes Fenosa.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas)
coas distancias (aproximadas) correspondentes:
CATEGORÍA ANO DE
NACEMENTO
DISTANCIA
CHUPETE nad@s en 2014 e
posteriores
100 metros
Categoría A nad@s entre 2011 e
2013
500 metros
Categoría B nad@s entre 2008 e
2010
800 metros
Categoría C nad@s entre 2004 e
2007
1.500 metros
CARREIRA ABSOLUTA
Disputarase a partires das 12:30 da mañá con saída da Praza
Condes Fenosa de Portomarín e un percorrido de 7,3 quilómetros
(aproximadamente).
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Categoría D nad@s entre 1995 e 2003
Categoría E nad@s entre 1985 e 1994
Categoría F nad@s entre 1975 e 1984
Categoría G nad@s entre 1965 e 1974
Categoría H nad@s entre 1964 e anteriores
INSCRICIÓNS:
- CATEGORÍAS DE MENORES:
Inscrición gratuita on-line na páxina: www.championchipnorte.com.
O prazo de inscrición remata o martes 17 de abril ás 23:59
horas.
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (se pertence a algún)
- Localidade
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico de contacto
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non
cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo
participar na proba.
- CATEGORÍA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Inscripción 2€ @s atletas que posean o chip amarelo, dos que
1€ que será doado a una entidade benéfica.
Os atletas que non posean o chip amarelo deben aboar 3€ en
concepto de alquiler do chip no momento de inscribirse na web.
Todos os corredores teñen a obriga de devolver o chip o
finalizar a súa proba (agás os propietarios do chip amarelo).
O prazo de inscrición remata o 17 de abril ás 23:59 horas.
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen
non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non
deixalo participar na proba.
PERCORRIDO
A saída e a meta estarán na Avenida de Lugo (ó carón da
PRAZA DO CAMIÑO antes Condes de Fenosa ) e discurrirá por varias
rúas da vila, para logo dirixirnos ó Monte do Cristo, cun percorrido
por camiños de terra entre pinos e a carón do río Miño, co mesmo
percorrido do ano pasado. Voltamos a vila e acadaremos a meta
despois dun percorrido ó redor de 7,3 quilómetros.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da
proba (21 de abril) nos soportáis do PAVILLÓN POLIDEPORTIVO
VILLANUEVA CENDÓN a partir das 10:00 horas.
PREMIOS
- CATEGORÍAS DE MENORES: Tódolos participantes recibirán
unha medalla conmemorativa e un agasallo. Haberá trofeos para os
tres primeiros atletas (masculinos e femininos) de cada categoría.
- CATEGORÍA ABSOLUTA: Tódolos participantes recibirán un
agasallo e os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) da
clasificación absoluta levarán:
1º/1ª Clasificad@: cesta de productos típicos da comarca.
Incluirá : 2 BOTELLAS DE AUGARDENTE DE PORTOMARÍN
(BLANCA E HERBAS),UN LOTE DE PRODUCTOS ANCANO
(TARTA SANTIAGO, PORTOMARIN, CHOCOLATE E
BOMBONS), QUEIXOS POUSADA (ULLOA, PICANTE E
CURADO), UN PAN, UNHA EMPANADA DE ANGUIAS , VIÑO
DA BODEGA BRIANA E GALLETAS XIANAS.
2º/2ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
3º/3ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
Tamén, haberá trofeos para os 3 primeir@s clasificados de
cada categoría e premios especiales para o primeir@
corredor@ local.
Considerase como local @ atleta empadroad@ en Portomarín.
PREMIO ESPECIAL o equipo con maior número inscritos na carreira.
Avituallamento no medio do percorrido e o final da proba para
tod@s @s atletas .
Haberá unha zona habilitada pola organización no Polideportivo
para degustación de balde de produtos da zona e entrega de
premios.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos
corredores as duchas do pavillón e do albergue municipal.
- Guardarroupa: Os atletas que queiran poderán dispor de servizo
de guardarroupa no pavillón.
- Aparcadoiros: disporase dunha zona de estacionamento ubicada
na esplanada do campo de fútbol .
- Albergue : disporase de albergue gratuito para os atletas e
familiares que desexen vir o sábado (aforo máximo en literas 85
prazas) , debe comunicarse chamando o teléfono do Concello
antes do día 17 de abril.
INFORMACIÓN E RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina
web oficial da proba www.championchipnorte.com