Calendario
Ver carrera

Santiago

07/04/2019 10:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción II MILLA URBANA “PORTAS DE COMPOSTELA”
CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA EN RUTA 2019
A Federación Gallega de Atletismo e o Clube Atletismo Santiago organizan, co patrocinio do Concello
de Santiago de Compostela, a II Milla Urbana “PORTAS DE COMPOSTELA” que terá lugar o
domingo 7 de abril do 2019, a partir de las 10:00 horas da mañán, na Praza de Galicia de Santiago de
Compostela, sendo a mesma XI CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE MILLA EN RUTA E DAS
CATEGORÍAS SUB 18, SUB 20, SUB 23 da tempada 2018/2019.
Paralelamente celebraranse varias carreiras populares nas diferentes distancias establecidas no
presente reglamento. Os circuítos estarán homologados na distancia de 1 km e milla pola Real
Federación Española de Atletismo (agás categoría sub 8).
As probas rexiranse polo seguinte:
REGLAMENTO
1. PARTICIPANTES
Poderán participar atletas federados e non federados. A maiores haberá as probas do Campionato
de Galicia de Milla en Ruta, haberá probas de 1 km a partir da categoría sub 10, probas para a
categoría sub 8 e unha milla popular absoluta e de categoría máster.
2. CATEGORÍAS DAS PROBAS POPULARES
CATEGORIA ANOS SEXO
SUB 8 2012 e posteriores H / M
SUB 10 2010-2011 H / M
SUB 12 2008-2009 H / M
SUB 14 2006-2007 H / M
SUB 16 2004-2005 H / M
SENIOR De 2003 ate máster H / M
MASTER 1 De 35 a 45 anos cumpridos o día da proba H / M
MASTER 2 De 46 anos cumpridos o día da proba e superiores H / M
AS CATEGORÍAS DO CAMPIONATO DE GALICIA REXIRANSE POLO RECOLLIDO NA CIRCULAR DO
CAMPIONATO DE GALICIA QUE PODES CONSULTAR NO SEGUINTE LIGAZÓN:
https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2019/03/Circular-41-2019.pdf
3. INSCRICIÓNS, PRAZO e PREZO
CAMPIONATOS DE GALICIA DE MILLA EN RUTA: a través da plataforma
https://isis.rfea.es/sirfea2/ ate o martes anterior ás proba ás 20:00 horas.
MILLA POPULAR e CATEGORÍAS ESCOLARES: a través da páxina web
www.carreirasgalegas.com e ate o mércores anterior á probas ás 23:59 horas. Só poderán
acceder a premiación popular os/as atletas que se inscriban na carreira popular.
PREZOS
• MILLAS POPULARES MASCULINA e FEMENINA 4,00 €
• ESCOLARES e CAMPIONATOS DE GALICIA GRATUITO
4. HORARIOS (a criterio do xuiz árbitro poderá modificarse o horario das probas)
HORA DISTANCIA PROBA
10:00 h 350 m Categoría Sub 8 (2012 e posteriores)
10:15 h 1 km Categoría sub 10 masculino e femenino (2010-2011)
10:30 h 1 km Categoría sub 12 masculino e femenino (2008-2009)
10:45 h 1 km Categoría sub 14 masculino e femenino (2006-2007)
11:00 h 1 km Categoría sub 16 masculino e femenino (2004-2005)
11:20 h ENTREGA DE PREMIOS CATEGORÍAS ESCOLARES 1 KM EN RUTA
11:45 h 1,609 km Campionato de Galicia Milla máster feminino (W35–W40)
12:00 h 1,609 km Campionato de Galicia Milla máster masculino (M35-M40)
12:15 h 1,609 km Campionato de Galicia Milla máster feminino (W45 e superior)
12:30 h 1,609 km Campionato de Galicia Milla máster masculino (M45 e superior)
12:40 h 1,609 km Milla popular feminina (2003 ata máster)
12:50 h 1,609 km Milla popular masculina (2003 ata máster)
13:00 h 1,609 km Milla popular máster feminina (máster 1 e 2)
13:10 h 1,609 km Milla popular máster masculina (máster 1 e 2)
13:30 h 1,609 km Campionato de Galicia Absoluto de Milla feminino (2003 e anteriores)
13:45 h 1,609 km Campionato de Galicia Absoluto de Milla masculino (2003 e anteriores)
14:10 h ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE GALICIA DE MILLA EN RUTA E PROBA POPULAR
* Calquera atleta de categoría máster poderá correr a milla absoluta do Campionato renunciando deste xeito a
correr na súa categoría máster.
5. PREMIOS
✓ Trofeos aos 3 primeiros/as clasificados/as da milla popular masculina e femenina absoluta e
máster 1 e 2.
✓ Medallas aos 3 primeiros/as clasificados/as de cada Campionato de Galicia segundo o
establecido na circular do campeonato -> https://atletismo.gal/wpcontent/uploads/2019/03/Circular-41-2019.pdf
✓ Trofeos aos 3 primeiros/as clasificados/as populares das probas de sub 8 a sub 16 incluidos.
6. DUCHAS e VESTIARIOS
INDICARASE NOS DÍAS ANTERIORES Á PROBA
7. ENTREGA DE DORSAIS e CÁMARA DE CHAMADAS
Realizarase no lugar de saída das probas (Praza de Galicia) ate 30’ antes do inicio de cada proba
en cuestión.
Os participantes nos campionatos de Galicia de Milla en ruta terán que acreditarse previamente na
Cámara de Chamadas.
8. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS
Todo o non recollido no presente regulamento rexirase polo regulamento da FGA e RFEA en
vigor para probas en ruta.
Circular dos Campionatos de Galicia na web:
https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2019/03/Circular-41-2019.pdf
9. NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a
súa inscripción o corredor consiente expresamente que os seus datos básicos sean cedidos a esta
entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día e ranking popular de probas de ruta.
En todo caso e tal e como establece a ley de Protección de Datos, o interesado pode exercer no
futuro os sus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.
Todo participantes polo xeito de inscribirse permite que as imaxes, videos e entrevistas
realizadas pola organización poidan publicarse nas rrss e páxinas webs oficiais.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas,
patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos
participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os
casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica
ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado
físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará
as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na
carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non
prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da
FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

[ Go Back ]