Calendario
Ver carrera

Carballedo

04/05/2019 17:00 - 18:30

[ Go Back ]

Descripción V CARREIRA POPULAR DE CARBALLEDO
“ENTRE CARBALLOS CENTENARIOS”
Ven á V Carreira Popular de Carballedo e desfruta dun percorrido único, comezando na
vila de A Barrela e seguindo polos fermosos camiños que nos adentrarán no interior do
concello gozando dunhas paisaxes únicas a carón de pequenos ríos e regatos que
alimentan aos numerosos carballos e demais vexetación autóctona.
Por todo isto e moito máis, non dubides en achegarte a correr á V Carreira Popular de
Carballedo o día 4 de maio!!!
Data: sábado, 4 de maio de 2019
Hora:
Categoría de menores: 16:00h
Categoría absoluta: 17:00h
Lugar: A Barrela, Carballedo, Lugo
Distancia: dende 100 a 10700 m (distancia aproximada).
Organiza: Concello de Carballedo
Patrocina: Concello de Carballedo
Colabora: Xunta de Galicia, Asociación Miño Ulla GDR5, Consorcio de Turismo
Ribeira Sacra, e empresas e asociacións locais.
I.- NORMAS DE PARTICIPACIÓN NA PROBA:
 Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.
 A saída e a meta estarán situadas na praza do concello en A Barrela Praza
V. Portomeñe.
 Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso
de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a
descalificación dos atletas acompañados.
 O dorsal deberá estar sempre visible, colocado na parte dianteira do/a
corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
 Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe
subministrado pola organización excepto para os propietarios do chip,
que poden utilizar o seu. Este deberá estar atado á zapatilla ou ao
nocello, mediante unha cinta.
 Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa
responsabilidade e non poderá optar aos trofeos nin obsequios; tampouco
estará amparada polos seguros da proba.
 O percorrido estará debidamente sinalizado en todos os cruces e
camiños mediante cintas, spray e/ou persoal voluntario.
 Os participantes obedecerán as instrucións dos membros da organización
e dos controis de paso, tanto no inicio da ruta, como nos cruces nas
estradas comarcais ou locais.
 É obrigatorio que cada corredor deposite o lixo nos lugares sinalizados
pola organización, co fin de evitar ensuciar e degradar o medio polo que
transcorre o itinerario.
 Deberase prestar auxilio a calquera participante que sufra algún accidente
e informar no control máis próximo.
 Non se poderá obstaculizar voluntariamente a outro corredor.
 En caso de abandono, é obrigatorio avisar nun control ou a un membro
da organización e facer a entrega do dorsal.
 Será de obrigado cumprimento a recollida de dorsais antes da hora de
peche do stand habilitado a tal efecto.
 Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación
tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos
medios de comunicación e na internet.
 A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos
danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen
os participantes nas carreiras.
 A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa
vixente.
 A organización da proba reservarase a facultade de dicidir sobre calquera
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
 Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán
reclamacións.
 A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
 O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
II.- CATEGORÍAS:
 CATEGORIAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 16:00 da tarde nos arredores da Praza V. Portomeñe
de A Barrela.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas) coas distancias
(aproximadas) correspondentes:
CHUPETES: nados/as en 2014 e posteriores - 100 metros (16:00). (de 0 a
5 anos)
INFANTIL: nados/as entre 2013 e 2009 - 400 metros (16:15). (6 a 10 anos)
XUVENIL : nados/as entre 2008 e 2004 - 800 metros (16:30). (11 a 15 anos)
 CATEGORIAS DE ABSOLUTA:
PROMESA: nados/as entre 2003 e 1999. (16 a 20 años)
SENIOR

[ Go Back ]