Calendario
Info da proba

Padrón

20/04/2019 10:45 - 13:15
Regulamento XL CARREIRA POPULAR DE PASCUA
DATA: 20 DE ABRIL DE 2019
HORA: A PARTIR DAS 10:45H
LUGAR: PADRÓN (PRAZA DE MACÍAS)
DISTANCIA: DE 100M A 10.500M
ORGANIZA: CONCELLO DE PADRÓN
REGULAMENTO
1.-PARTICIPACIÓN
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha única clasificación
conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo.
2.-CATEGORIAS DE PARTICIPACION
SUB 6 M/F: atletas nados/as no 2015 e posteriores
SUB 8 M/F: atletas nados/as nos anos 2012, 2013 e 2014
SUB 10 M/F: atletas nados/as nos anos 2010 e 2011
SUB 12 M/F: atletas nados/as nos anos 2008 e 2009
SUB 14 M/F: atletas nados/as nos anos 2006 e 2007
SUB 16 M/F: atletas nados/as nos anos 2004 e 2005
SUB 18 M/F: atletas nados/as nos anos 2002 e 2003
SUB 20 / SUB 23 M/F: atletas nados/as entre 1997 e 2001
SENIOR M/F: atletas nados/as entre 1984 e 1996
MÁSTER A M/F: atletas nados/as entre 1973 e 1983
MÁSTER B M/F: atletas nados/as entre 1963 e 1972
MÁSTER C M/F: atletas nados/as en 1962 e anteriores
3.-DISTANCIAS E HORARIOS:
A saída das probas estará situada na Praza de Macías na localidade de Padrón. Os
horarios das probas e distancias resúmense no seguinte cadro:
2
HHOORRAA CCAATTEEGGOORRÍ
ÍAA DDI
IISSTTAANNCCI
IIAA
10:45H SUB 6 100 mts
10:55H SUB 8 450 mts
11:05H SUB 10 650 mts
11:15H SUB 12 - SUB 14 2 kms
11:30H SUB 16 - SUB 18 3,5 kms
12:00H SUB 20 / SUB 23 -
SENIOR - MÁSTER
10,5 kms
4.-INSCRICIÓNS E PRAZOS
O prazo de inscrición dos participantes abrirase o xoves 21 de marzo ás 22:00h e
pecharase o mércores 17 de abril ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións fóra do prazo
indicado.
As inscricións en todas as súas categorías realizaranse na web www.emesports.es
(Tlf. soporte técnico: 654 28 56 92 – Email: soporte@emesports.es)
PREZO DA INSCRICIÓN
- Categorías escolares (ata sub 18): Gratuita
- Adultos (proba absoluta): 6 €
5.-DORSAIS e CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da carreira nunha carpa situada no Paseo do
Espolón a partir das 09:45h e ata media hora antes do inicio de cada proba.
Os dorsais e o chip outorgados pola organización son persoais e intransferibles. Para
facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. O dorsal
deberá ir colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión e de xeito visible e o
chip suxeito nas zapatillas (todos/as os/as corredores/as teñen a obriga de devolver o chip
ao finalizar a súa proba). Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal ou non leve ou
devolva o chip será descalificado.
É obrigatorio devolver o chip ao finalizar a proba.
6.-DESCALIFICACIÓNS
Todo/a corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos
regulamentos RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descalificado a
criterio do xuiz arbitro da competición.
Todas as reclamacións deberán ser dirixidas ao xuíz árbitro da competición cun prazo
máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
3
7.-PREMIOS EN METÁLICO
Equipos federados
1º - 300 €
2º - 200 €
3º - 100 €
Sistema de puntuación e clasificación por equipos
A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar a
líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En
caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente.
Os equipos poderán ser mixtos.
Só se admitirá a participación de clubes federados nos premios en metálico, que terán que
remitir o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu
defecto da Delegación correspondente ó correo santiago@atletismo.gal no prazo de
inscrición da proba absoluta. Na confección do clube non poderán entrar atletas
pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.
8.-TROFEOS,MEDALLAS E AGASALLOS
- Medallas para os/as participantes nas categorías escolares.
- Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no
presente regulamento.
- Trofeo especial de Pascua para os/as 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
- Obsequio de VERMÚ ST PETRONI aos 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
- Trofeos para os 3 primeiros equipos clasificados.
- Trofeo para o/a 1º/ª corredor/a local da proba absoluta.
- Obsequio de VERMÚ ST PETRONI para o/a 1º/ª corredor/a local da proba absoluta.
- Trofeo Participación, ao clube con máis corredores inscritos que finalicen a proba.
- Trofeo Superveterán, ao participante de máis idade que finalice a proba, indistintamente
sexa home ou muller.
- Trofeo Benxamín, ao participante de menor idade que finalice a proba, indistintamente
sexa neno ou nena.
Os premios non serán acumulativos (agás os dos/as corredores/as locais)
Entregarase un agasallo conmemorativo do evento a cada participante.
9.ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS
CATEGORÍAS ESCOLARES (ATA XUVENIL)
Os/as participantes recibirán unha medalla pola súa participación tras cruzar a liña de
chegada.
Os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría escolar recibirán os seus trofeos
inmediatamente despois da saída da proba absoluta, ás 12:00h na Praza de Macías.
4
ADULTOS
Unha vez rematada a proba absoluta, a entrega de premios e trofeos será na Praza de
Macías, en torno ás 13:15h.
O pagamento dos premios en metálico realizarase por transferencia bancaria, para o cal é
obrigatorio, unha vez que rematen as probas, que os clubes premiados se acheguen á
zona de retirada de dorsais e cubran un documento cos datos requeridos (presentación do
dni ou documento acreditativo da identidade, entidade bancaria, nº de conta, domicilio e tlf
de contacto).
Os premios en metálico estarán suxeitos as correspondentes retencións legais vixentes.
10.- USO DE DATOS E DEREITOS DE IMAXE
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición aceptan a publicación
do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación
co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o
organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa
sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis,
medios de comunicación etc.). Todos os dereitos de imaxe pertencen ao organizador
(Concello de Padrón).
11.- SERVIZOS PARA OS/AS PARTICIPANTES
Todos/as os/as participantes disporán dos seguintes servizos:
- Servizo de duchas nos Pavillóns municipais: Pavillón do Grupo Escolar e Pavillón do
Souto. Ambos pavillóns quedan a escasos metros da liña de meta. Horario: 10:30h a
13:30h.
- Obsequio a todos/as participantes
- Avituallamento intermedio (km 5,5 aprox.) e en liña de meta.
- Servizo de cronometraxe por chip (emesports).
- Sinalización kilométrica.
- Servizo de gardaroupa.
- Fotografía profesional.
- Servizo de ambulancia, médico e sanitario.
- Seguro de accidente deportivo para o corredor e RC do evento.
- Servizo de masaxes (Escola Europea Parasanitaria).
5
13.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
- A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos, horarios ou
modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos participantes.
- Calquer aspecto non recollido neste regulamento resolverase de acordo co regulamento
da FGA,RFEA e IAAF (por este orde) para probas en ruta en vigor.
- A organización da proba declina toda a responsibilidade dos danos que os/as atletas
puideran ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. A
organización tampouco se responsabiliza dos obxetos persoais que poidan extraviarse ou
danarse.
- Todos/as os/as atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente regulamento e
o descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.
- Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:
www.carreirasgalegas.com
www.emesports.es
www.atletismo.gal
www.fgatletismo.es/santiago/
www.correrengalicia.org
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a
súa inscripción o corredor consiente expresamente que os seus datos básicos sean cedidos a esta
entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día e ranking popular de probas de ruta.
En todo caso e tal e como establece a ley de Protección de Datos, o interesado pode exercer no
futuro os sus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.
Todo participantes polo xeito de inscribirse permite que as imaxes, videos e entrevistas
realizadas pola organización poidan publicarse nas rrss e páxinas webs oficiais.