Calendario
Info da proba

Leiro

07/07/2019 10:00 - 12:00
Regulamento XXXVI Carreira Popular de Leiro
Data: domingo, 7 de Xullo de 2019.
Hora: a partires das 10:00 h.
Lugar: Leiro (Ourense). Zona de Saída-Meta e Organización na Praza do Cruceiro.
Distancia: de 200 a 10.000 m aprox.
Organiza: Concello de Leiro.
Colaboran: Atletismo Arenteiro.
Inscrición: Ver no regulamento. En www.championchipnorte.com
CATEGORÍAS . Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións
diferenciadas. As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:
CATEGORÍA NOME ANO NACEMENTO:
A PITUFOS F/M 2015 e posteriores.
B PREBENXAMÍN F/M 2012, 2013, 2014
C SUB 12 F/M 2008,2009, 2010, 2011
D SUB 16 F/M 2004,2005, 2006, 2007
E SUB 18 F/M de 2002,2003
F SUB 23 1997 a 2001
G SENIOR de 1996 ata MASTER.
H MASTER “A” M–35 F–35
I MASTER” B” M-40 F-40
J MASTER” C” M-45 F-45
K MASTER “D” M-50 F-50
L MASTER “E”M-55 e posteriores e F-55 e posteriores
Equipos: Haberá unha clasificación por equipos (que poderán estar formados por mulleres,
homes ou mixto) e se confeccionará inscribindo os integrantes do equipo no apartado que está
habilitada para tal efecto na páxina de inscrición de championchipnorte(importante cubrir ben
este apartado senón non se terá en conta para a clasificación). Para que un equipo teña
clasificación, terán que rematar a proba como mínimo 7 corredores do mesmo equipo. Para
confeccionar a clasificación dos equipos sumaranse os postos dos 7 primeiros corredores
clasificados e obtendo o mellor resultado o equipo que na suma menos puntos acade e así
sucesivamente.
PERCORRIDO
PROBA HORA CATEGORÍAS DISTANCIA
1º 10:00 C,D,E 2,3 km.
2º 10:20 F, G, H, I, J, K ,L 10 km (ABSOLUTA).
3º 11:30 B 400 m.
4º 11:50 A 200 m.
Avituallamento líquido nos kms 5,8 e sólido-liquido na meta.
Os quilómetros estarán perfectamente sinalados na Proba Absoluta.
INSCRICIÓNS :
CAT PREZO PRAZO
A,B,C,D, E Inscrición GRATIS online en www.championchipnorte.com dende o 15 de Abril ata
as 23:00h do 4 de Xullo.
CATEGORÍAS ABSOLUTAS
CAT PREZO PRAZO
F, G, H, I, J, K,L 5€ os que teñan en propiedade o chip amarelo. 6€ os que non teñan o chip
amarelo en propiedade . Dende o Luns 15 de Abril ata as 23:00h do 4 de Xullo. A inscrición
se fará a través de : www.championchipnorte.com
Para calquera dúbida, chamar o teléfono 607515725 (championchipnorte) e máis información
na páxina web www.concellodeleiro.com e no facebook.
"AGÁS CAUSA XUSTIFICADA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO SINALADO, NIN
TAMPOUCO AS QUE NON CUMPRAN OS REQUISITOS OBRIGATORIOS"
RECOLLIDA DE DORSAIS
Na praza do cruceiro o mesmo día da proba desde as 9 da mañá ata 15 minutos antes de cada
proba.
PREMIOS
A entrega de trofeos realizarase a partires das 12:30h. Na zona de Saída-Meta Praza do
Cruceiro.
- Trofeos para os tres primeiros clasificados, masculinos e femininos, nas categorías
C,D, E, F, G, H, I, J , K,L
- Trofeo para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos. Máis
agasallos a determinar pola organización. Máis 200Euros 1º F/M, 100 Euros 2º F/M, 75 Euros 3º F/M e 50 Euros 4º F/M.
- Trofeo para os tres primeiros equipos clasificados. Máis 300 Euros o 1º, 200 Euros o 2º
e 100 Euros o 3º.
- Trofeo o/a de maior idade que remate a proba.
- Os trofeos non son acumulativos, salvo os indicados.
- As categorías C,D, E, F, G, H, I,J,K,L tamén recibirán un agasallo conmemorativo do
evento os primeiros 350 Inscritos. Tamén se está xestionando a posibilidade de sortear
agasallos durante o período de inscrición según a dispoñibilidade dos patrocinadores.
PREMIOS ÓS ATLETAS QUE REMATEN A SÚA PROBA:
- Medallas para os participantes das categorías A, B. Tamén recibirán un agasallo por
determinar.
REGULAMENTO XERAL
1º) PROBAS: Celebraranse catro probas con percorridos e horarios diferentes segundo as
categorías.
2º) As inscricións das categorías C,D, E, F, G, H, I,J,K,L pecharanse sen excepción ás 23:00
horas do 4 de xullo e non se admitirán o mesmo día da carreira, agás causa xustificada.
3º) Ós participantes das categorías A,B,C,D,E,F,G,H,I,J,K,L facilitaráselles o dorsal e chip
correspondente á súa categoría, debendo colocalo para a súa identificación durante a carreira
e chegada á meta.
4º) Sortearanse agasallos doados por colaboradores según dispoñibilidade e da maneira que
crea oportuna a organización. Todos estes agasallos entregaranse só o día da proba ou
durante o proceso de inscrición, todos aqueles agasallos que non sexan recollidos o día da
proba non se entregarán.
6º) Ó longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e
poderán descualificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
7º) O control de chegada da Proba Absoluta pecharase 40 min despois de que chegue o
primeiro clasificado.
8º) A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os
participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un
equipo de primeiros auxilios.
9º) A organización contará coa colaboración de protección civil, organismos municipais e
forzas e corpos de seguridade competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
10º) Duchas: Na instalación deportivas de San Bartolomeu (Campo de Fúlbol) e nos vestiarios
da pista polideportiva. Ambos a 100 metros da meta.
11º) RESULTADOS: en www.correrengalicia.org e www.championchipnorte.com
12º) Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira, a organización agarda
de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
13º) Todos os corredores co feito de anotarse na carreira fanse responsables de acatar dito
regulamento e o seu descoñecemento non exime do seu cumprimento.
A ORGANIZACIÓN : CONCELLO DE LEIRO
COLABORA: ATLETISMO ARENTEIRO
*O PRESENTE REGULAMENTO PODERÁ SUFRIR CAMBIOS POR PARTE DA ORGANIZACIÓN.