Calendario
Info da proba

Vigo

27/04/2019 17:30 - 19:00
Regulamento Reglamento
HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2019
(27/04/2019)
CARREIRAS
1. Control e dirección da carreira. Estará a cargo do persoal técnico da propia Área de
Benestar, Saúde Deporte.
2. Persoas participantes. Poderán participar as persoas nacidas no ano 2001 ou anos
anteriores e a inscrición deberá efectuarse exclusivamente no sitio web:
www.uvigo.gal/happygorunning
No caso das persoas universitarias, estas haberán de sinalar na inscrición a Universidade, o
campus e o centro ao que pertencen, e deberán especificar a súa condición de alumnado, PDI
ou PAS.
3. Circuíto. A carreira desenvólvese sobre un circuíto de 3.333 m. que transcorre entre os
vieiros interiores do Campus e a entrada á Cidade Deportiva do Círculo Mercantil e Industrial
de Vigo.
4. Distancias: As persoas participantes haberán de optar por correr nunha destas distancias:
- 6.6 km. (dúas voltas ao circuíto) ou 10 km. (tres voltas ao circuíto)
5. Hora e lugar da saída: a carreira terá saída ás 17.30 h na contorna da Piscina Universitaria.
6. Ordenación da saída. Establécense os seguintes caixóns de saída:
A: participantes con expectativa de remate de 10 k. de 35 minutos ou menos
B: participantes con expectativa de remate de 10 k. entre 35 e 40 minutos
C: participantes con expectativa de remate de 10 k. entre 40 e 45 minutos
D: participantes na carreira 6.6 k. ou aqueles con expectativa de remate de 10 k superior a 45
minutos.
7. Circuíto de carreiras populares de Vigo. A carreira de 10 k formará parte do Circuíto Run
Run Vigo de Carreiras Populares. As persoas inscritas na carreira desta distancia da
HappyGoRunning - Cidade Universitaria quedarán inscritos/as automaticamente no circuíto
RunRun Vigo.
8. Prazo de inscrición. Ata ás 23.59 h. do mércores 24 de abril. Non se admitirán inscricións
fóra de prazo.
9. Número máximo de participantes: o evento está limitado a un máximo de 1000 persoas
participantes.
10. Cotas de inscrición:
- 5 € para as persoas pertencentes á comunidade universitaria galaico-duriense
(universidades de Galicia e o Norte de Portugal).
- 7 € para o resto de participantes.
A cota por participante inclúe xa unha achega de 1€ que a Universidade de Vigo entregará
para un proxecto solidario da Fundación Galega contra o Narcotráfico.
11. Premios (só para a participación na carreira de 10 km)
- Clasificación xeral: outorgaranse premios ás tres primeiras persoas clasificadas de cada
xénero na carreira 10 k.
1º 400 € / 2º 300 € / 3º 200 €
- Clasificación Universitaria Galaico-Duriense: outorgarase un premio ao campus gañador e
agasallos ás persoas, ata un máximo de 20, que o integren (consultar o anexo I co
Regulamento Específico desta Clasificación).
- Clasificación por centros da Universidade de Vigo: outorgarase premio ás persoas integrantes
do primeiros equipo clasificado (consultar o anexo II co Regulamento Específico desta
clasificación).
12. Entrega dorsais. Serán entregados pola organización dende as 15.00 h e ata media hora antes do comezo da
carreira, na secretaría situada no Teatro Vidal Bolaño da Área Comercial Cidade Universitaria.
13. As reclamacións sobre a competición deberán ser presentadas ante a Área de Benestar,
Saúde e Deporte da Universidade de Vigo.
13. Seguro de accidentes. A Universidade de Vigo subscribirá un seguro de accidentes para as
persoas participantes na carreira.
14. A Universidade de Vigo e as súas entidades colaboradoras non se fan responsables dos
posibles danos que con motivo da competición poidan sufrir as persoas participantes ou
ocasionar a outras, sen prexuízo dos dereitos que lle puidesen corresponder ante a compañía
aseguradora correspondente.
15. A soa inscrición no evento HappyGoRunning - Cidade Universitaria implica a total
aceptación do preceptuado neste regulamento.
En paralelo ás carreiras desenvolverase unha ANDAINA con saída ás 16.00 dende a porta do Teatro
Vidal Bolaño (Área Comercial do Campus Lagoas Marcosende). Poderán participar as persoas
nadas no 2006 ou anos anteriores e terá un custe de 4 € que inclúen a achega solidaria á Fundación Galega contra o Narcotráfico. A inscrición efectuarse exclusivamente no sitio web: www.uvigo.gal/happygorunning.