Calendario
Info da proba

Trail 3Rios (Arbo)

09/06/2019 9:30
Regulamento

Trail 3Rios
(Arbo-Pontevedra)
CARREIRA POR MONTAÑA

A Asociación Cultural “BARCA DE LOIMIL” (Arbo) organiza o I Trail “3Rios” , o vindeiro 9 de xuño de 2019. Esta carreira, con percorrido circular, discorrerá polos tres ríos que regan o noso concello e que dan nome á proba, o Miño e os seus dous afluentes, Cea e Deva. Ademais ascenderemos a un dos cumios máis senlleiros da nosa orografía: San Felipe.

Esta novidosa proba vai permitir achegarse ás beiras do rio máis importante de Galicia nun entorno único, preto das Pesqueiras con mil anos de historia, e polo curso inzado de vexetación autóctona dos seus afluentes Cea e Deva, e os seus muíños centenarios; así mesmo podemos contemplar o val do Miño, os cumios da Peneda (Portugal) e o alto de san Fins a case 600 metros sobre o nivel do mar. A dificultade é media-alta, habendo tramos con forte pendente de subida, así como tramos técnicos que implican certa experiencia.

 Trail Longo cunha distancia aproximada de 26 km e 1100 m desnivel positivo.
 Trail Curto cunha distancia aproximada de 16 km e 550m desnivel positivo

A camiseta técnica e a bolsa do corredor que se regala aos participantes será serigrafiada co logotipo da Asociación Cultural “Barca de Loimil” e do Trail ou de calquera posible patrocinio.

O límite de corredores/as a participar está establecido en 100 por cada proba.

Controis de Paso, Saída e Meta

Será realizado por persoal colaborador, persoal cualificado e crono oficial sen chip, con colaboración directa do Club federado de Carreiras por Montaña “Caminhantes do Condado”. Estarán ubicados en lugares estratéxicos e haberá tantos como estime a organización.
Duchas e Hixiene.
No Pavillón Municipal ( na mesma ubicación da saída e meta), nas inmediacións do campo de fútbol.

Para quen o solicite, previa solicitude e abono de 10 euros ademais da inscrición á
Carreira, poderá asistir a un xantar conmemorativo do 30 Aniversario da fundación da AC Barca de Loimil, e que se celebrará na Ponte de san Xoan (Arbo). Deberán de enviar un correo electrónico ao enderezo barcadeloimil@hotmail.es comunicando cantas persoas se anotan no xantar.

REQUISITOS
Ser maior de idade no día da proba. Coñecer e aceptar as condicións desta regulamento. Estar totalmente informado sobre as características do que é un Trail (carreira por montaña) con este perfil e distancia e dispoñer do coñecementos, experiencia, material e os niveis físicos e psicolóxicos necesarios para poder e superar os posibles problemas relacionados coa resistencia física, desnivel, orografía etc .

INCRICIÓN
Realizarase a través da páxina web https://championchipnorte.com/ coas condicións e prazos que figuran en devandita páxina.
A inscrición leva implícito un seguro de accidentes con vixencia durante a proba, asistencia e os abastecementos líquidos/sólidos que se establezan, tanto ao longo dos percorridos como no final.

NÚMERO DE PRAZAS
A proba está limitada a 200 participantes. Trail Longo 100 prazas e, Trail Curto 100 prazas. Unha vez esgotadas as prazas, pecharanse as inscricións. O feito de formalizar a inscrición, implica a aceptación do presente regulamento.

PRAZOS DE INSCRICIÓN
1º Prazo: do 6 de marzo de 2019 ao 30 abril as 23:59h, de 2019.
Prezos:
Trail Longo 26 km: 12 euros
Trail Curto 16 km: 10 euros
2º Prazo: do 1 de maio ao 1 de xuño as 23:59h, de 2019.
Prezos:
Trail Longo 23 km: 15 euros
Trail Curto 16 km: 12 euros

A inscrición implica :
Os abastecementos sólidos/líquidos ao longo dos percorridos e en meta final.
Dorsal e camiseta técnica conmemorativa.
Asistencia durante o transcurso e ao finalizar a proba.
Duchas e gardarroupa
Todos cantos agasallos poida conseguir a Organización

DORSAIS
A cada corredor/a entregaráselle un dorsal persoal e intransferible, que deberá levar durante toda a carreira. Será ben visible e na parte dianteira, sen dobrar nin cortar. A ausencia do dorsal sen causa xustificada supoñerá a descualificación do corredor. Por cuestións legais (coberturas de seguro dos participantes) non está permitido ningún cambio de dorsal entre corredores.
Exclusivamente por caso de forza maior e debidamente xustificada, poderá anularse unha inscrición, cun prazo mínimo de 5 días anteriores o peche das inscricións. Descontarase 5 euros da inscrición por gastos de xestión. Calquera cambio ou anulación deberase formular a través do correo electrónico barcadeloimil@hotmail.es

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHARLA TÉCNICA

Charla técnica terá lugar no mesmo emprazamento da entrega de dorsais o sábado 8 de xuño as 20:00h. Zona de saída dende as 7:45 h ata as 09:00h., (pechan a recollida de dorsais 15 minutos antes da saída)

Programa
Sábado, 8 de xuño Entrega dorsais das 19 h ás 21 h – Secretaria no Sindicato (Pazo-Turbela).

Domingo, 9 de xuño 8.00 h - Apertura do secretariado - Lugar de partida. Pavillón Municipal

9.30 h Partida Trail Longo (26 km) e Trail Curto ( 16 km)
11,45 h - Chegada prevista dos/as primeiros/as participantes
13.30 h - Entrega de Premios

TROFEOS E CLASIFICACIÓNS

Entregaranse premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría establecida, tanto masculinos como femininos. Os trofeos non son acumulativos, dando prioridade á categoría absoluta.
As categorías para a clasificación serán a seguintes:
Categoría Absoluta: a partir de 18 anos cumpridos o ano de referencia.
-Masculina
-Feminina
Categoría Sénior:
-Masculina de 18 a 45 anos cumpridos o ano de referencia.
-Feminina de 18 a 39 anos cumpridos o ano de referencia.
-Categoría veterana :
-Masculina a partir dos 46 anos cumpridos o ano de referencia.
-Feminina a partir dos 40 anos cumpridos o ano de referencia
A idade a ter en consideración será a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da competición. En todas as categorías será necesario para validar a clasificación ter unha participación mínima de 4 competidores. Polo que por baixo dese número non haberá protocolo de entrega de premios en devanditas categorías.
A ausencia do gañador dun trofeo no acto de entrega destes, entenderase como renuncia aos trofeos ou premios conseguidos. Toda delegación noutra persoa para a recollida dos trofeos e premios, deberá ser coñecida e autorizada pola Organización, coa suficiente antelación.

TEMPO PARA REMATAR A PROBA
Máximo Trail Longo: 4 horas dende a saída.
Máximo Trail Curto: 3 horas dende a saída.

MODIFICACIÓNS NO PERCORRIDO
A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellasen, ou por outras causas de forza maior. O importe da inscrición non sería devolto.

SEMI-AUTOSUFICIENCIA
Dado o carácter de semi-autosuficiencia da proba, cada participante deberá prever e portar a cantidade de alimentos, bebidas, sales e complementos que estime necesarios para poder completar o percorrido.
Abastecementos
A Organización disporá como apoio en diferentes puntos do percorrido avituallamentos, con bebidas e alimentos en cantidades estimadas como razoables, que se deberán consumir no mesmo lugar e depositar no lixo indicado pola organización. Dependendo das condicións ambientais, temperatura e humidade, poderanse habilitar máis puntos con abastecemento líquido.
A organización non porá vasos nos postos de abastecementos polo que cada corredor/a é responsable de levar un recipiente para beber. É obriga de cadaquén levar os seus refugallos/lixo ata a meta ou lugares sinalados .

MATERIAL ACONSELLADO E OBRIGATORIO.
Recoméndase a cada corredor/a levar o seguinte material:
• Sistema de hidratación .
• Reserva alimentaria
• Gorra ou similar, para protexerse do sol
• Cortaventos (dependendo das condicións do día da proba)
• Zapatillas de trail running axeitadas
• Teléfono móbil con batería.

ABANDONOS
Calquera corredor poderá retirarse da proba sempre que o desexe, no control máis próximo e entregando o seu dorsal ao persoal cualificado da Organización. Os participantes están obrigados a prestar auxilio aos accidentados ou a aqueles que o requiran. En caso de accidente, enfermidade ou f ferida que precise asistencia, deberase avisar ao teléfono da organización.