Calendario
Info da proba

Cacheiras-Teo

13/04/2019 17:30 - 19:30
Regulamento CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2019 CONCELLO DE TEO
A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organizará o sábado 13 de abril de 2019 en
horario de mañá e de tarde a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2019 - Concello de Teo.
A carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperará como a pasada edición a tradición de
conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846, xa que a súa proba
absoluta e andaina discorrerán polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha
avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños
cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as
parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza
ó pé da reitoral de Bamonde e rematará no cumio de Montouto.
As probas estarán baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo e seguirán o
seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados, aínda que haberá unha soa clasificación
conxunta. O control da carreira realizarao o Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
Todas as categorías están abertas a persoas con diversidade funcional. Se ben, deben
adaptarse ás condicións existentes para cada circuíto. As persoas con discapacidade poderán
realizar a proba acompañadas sempre que o precisen.
2. CATEGORÍAS DOS/AS PARTICIPANTES
SUB 6 (PEQUES): atletas nadas/os no ano 2014 e posteriores
SUB 8 (PREBENXAMÍN): atletas nadas/os nos anos 2012 e 2013
SUB 10 (benx.) : atletas nadas/os nos anos 2010 e 2011
SUB 12 (alev.): atletas nadas/os nos anos 2008 e 2009
SUB 14 (inf.): atletas nadas/os nos anos 2006 e 2007
SUB 16 (cad.): atletas nadas/os nos anos 2004 e 2005
SUB 18 (xuv.): atletas nadas/os entre 2002 e 2003
SUB 20 (jun.)-SUB 23 (prom.): atletas nadas/os entre 1997 e 2001
SÉNIOR: atletas nadas/os en 1996 e ata máster 1
MÁSTER 1 H/M: atletas de 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 2 H/M: atletas de 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 3 H/M: atletas de 50 a 55 anos cumpridos ata o día da proba
MÁSTER 4 H/M: atletas de 56 ou máis cumpridos ata o día da proba
ANDAINA: a partir de 11 anos (nadas/os, mínimo no 2008)
3. HORARIOS E DISTANCIAS
As probas escolares celebraranse en horario de mañá no parque dos Tilos, a carón da
piscina municipal. Ningún/ha corredor/a poderá participar con axuda externa (pais, nais...).
*Salvo excepcións pactadas coa organización.
A proba absoluta celebrarase en horario de tarde e sairá desde Bamonde con meta no
cumio de Montouto (punto xeodésico).
A andaina realizarase en horario de tarde e sairá desde Bamonde con meta no cumio de
Montouto (punto xeodésico) co mesmo percorrido ca a carreira absoluta.
Os horarios e distancias das probas serán os seguintes:
CARREIRA HORA CATEGORÍAS DISTANCIA
ESCOLARES
10:30 SUB 6 (peques)
150 m aprox.
(1 volta ao circuíto vermello)
10:45 SUB 8 (prebenxamín) 300 m aprox.
(2 voltas ao circuíto vermello)
11:00 SUB 10 (benx) 1.100 m aprox.
(2 voltas ao circuíto amarelo)
11:15 SUB 12 (alev) 1.100 m aprox.
(2 voltas ao circuíto amarelo)
11:30 SUB 14 (inf.) –SUB 16 (cad.) –SUB 18 (xuv.) 2.400 m aprox. (3 voltas ao circuíto verde)
12.30 ENTREGA DE TROFEOS PROBAS ESCOLARES
ANDAINA 16:30 A partir de 11 anos (nados/as no 2008) 9000 m aprox.
ABSOLUTA
17:30 SUB 20 - SUB 23, SÉNIOR E MÁSTER 9000 m aprox.
18.45 ENTREGA DE TROFEOS PROBA ABSOLUTA
4. INSCRICIÓNS
* Todas as persoas participantes (ESCOLARES E ABSOLUTOS) nas carreiras deberán
correr cun CHIP non reutilizable.
 CARREIRAS ESCOLARES (de peques a sub 18) ata o martes 9 de abril ás 23:59 horas
no formulario de inscrición en liña presente na web www.emesports.es (única forma de
inscrición).
 CARREIRA ABSOLUTA: (Júnior sub 20, promesa sub 23, sénior e máster) ata o martes 9
de abril ás 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición).
 ANDAINA: (a partir de 11 anos). Ata o martes 9 de abril ás 23:59 horas no formulario de
inscrición en liña presente na web www.emesports.es (única forma de inscrición).
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DOS PRAZOS ESTABLECIDOS NIN O DÍA DA PROBA
PREZOS DE INSCRICIÓN:
- CARREIRAS ESCOLARES (nadas/os a partir do 2002): GRATUÍTA
- ANDAINA (nadas/os do 2002 ao 2008): GRATUÍTA
- CARREIRA ABSOLUTA (sub 20 – sub 23 , sénior e máster): 6,00 €
- ANDAINA (nadas/os antes do 2002 ): 3,00 €
A inscrición non se completará ata que se realice o pago no momento de rexistrarse na web
www.emesports.es.
Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 881
978 433 (Departamento de Deportes) ou no enderezo electrónico deportes@teo.gal .
RECOMÉNDASE A TODAS AS PERSOAS INSCRITAS QUE COMPROBEN A LISTAXE DE
PARTICIPANTES EN www.emesports.es ANTES DE QUE REMATE O PRAZO DE
INSCRICIÓN.
Todos/as aqueles/as participantes que non saian nas listaxes da páxina web non
poderán participar o día da carreira.
CAMISETA CONMEMORATIVA
Todas/os as/os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.
5. RECOLLIDA DE DORSAIS E CAMISETA CONMEMORATIVA
 Probas escolares: a partir das 09.00 horas no lugar de saída (a carón da piscina
municipal dos Tilos) e ata 30’ antes da súa proba.
 Proba absoluta: a partir das 15:30 horas no lugar da meta (alto de Montouto – Nave
de Augas de Teo) e ata 30’ antes do inicio da proba respectando o horario de
autobuses establecido pola organización.
 Andaina: a partir das 15:00 horas no lugar da meta (alto de Montouto – Nave de
Augas de Teo).
 Todo/a atleta que entre na liña de meta sen o seu dorsal ou sen que estea
debidamente colocado na parte anterior do corpo en toda a súa extensión será
automaticamente descualificado.
6. SERVIZO DE AUTOBUSES E DE ROUPEIRO NA PROBA ABSOLUTA E NA ANDAINA:
Unha vez recollido o dorsal os/as atletas adultos/as e participantes na andaina que o
necesiten serán trasladados en autobús ata o punto de saída.
Horario de saída dos autobuses:
Andaina: 16:15 h
Carreira absoluta: a partir das 16:15 h, o último sairá ás 17.05 h
Haberá servizo de roupeiro na liñas de saída (Bamonde) e meta (Nave de Augas de Teo).
7. TROFEOS PARA OS/AS CORREDORES/AS:
Haberá trofeo para:
› Os/as 3 primeiros/as clasificados/as en todas as categorías establecidas (homes e
mulleres).
› As 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da proba absoluta.
› O/A participante máis novo/a e o/a máis veterano/a que logre concluír a proba polos
seus propios medios e sen axudas externas.
› O primeiro equipo federado masculino e feminino clasificado na clasificación final.
› O centro escolar do Concello de Teo que achegue máis participantes que logren concluír
a proba (deberá indicarse o centro educativo na inscrición).
› O/A primeiro/a clasificado/a empadroado/a en Teo en cada categoría, homes e mulleres,
(deberá indicarse se está empadroado/a ou non no concello de Teo na inscrición), o/a
participante que non o especificara correctamente na inscrición non poderá reclamar o
trofeo.
Os trofeos non serán acumulativos, excepto os trofeos ás e ós atletas locais.
A clasificación por clubs da proba absoluta será establecida a través dos 6 primeiros/as
corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos
puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente
(imprescindible facer a inscrición como club). Haberá equipos masculinos e femininos nesta
clasificación.
Para optar ó premio ó mellor club federado da proba absoluta deberán anotarse os/as atletas
individualmente na web www.emesports.es e remitir un correo á dirección
santiago@atletismo.gal indicando os datos do club e a listaxe dos/as atletas inscritos.
Para o premio ó centro escolar do Concello de Teo que achegue máis participantes ás probas,
deberán realizar a inscrición do mesmo xeito, inscribindo os atletas individualmente na web
www.emesports.es e remitindo un correo electrónico á dirección indicada
(santiago@atletismo.gal).
8. RECLAMACIÓNS
As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes. Todo o non previsto
no presente regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA en vigor
para probas en ruta.
9. SERVIZO DE DUCHAS
Haberá servizo de duchas a disposición dos/as atletas participantes no pavillón dos Tilos.
10.DEREITOS DE IMAXE
O/a participante nas carreiras e na andaina autoriza o uso de fotografías propias sempre que
o seu uso garde relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o/a
participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos/as os/as
participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo,
foto, dvd, internet, carteis, medios de comunicación, etc.).
Todos os dereitos de imaxe pertencen á organización (Concello de Teo).