Calendario
Info da proba

Catoira

31/03/2019 10:30 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO
V CARREIRA POPULAR “ROMARÍA VIKINGA 10K” DE CATOIRA


Data: domingo, 31 de marzo de 2019
Hora: a partir das 10:30 h.
Lugar: Catoira (Rúa Estación)
Distancia: de 100 m. a 10.000 m.
Organiza: Concello de Catoira.
Colaboran: Protección Civil de Catoira, Viking Bike.

CATEGORÍAS:
• Chupete F/M: Nados/as en 2015 e posteriores.
• Prebenxamíns F/M: Nados /as en 2014, 2013 e 2012.
• Benxamín F/M: Nadas/os en 2010 e 2011.
• Alevín F/M: Nadas/os en 2008 e 2009
• Infantil F/M: Nadas/os en 2006 e 2007.
• Cadete F/M: Nadas/os en 2004 e 2005.
• Xuvenil F/M: Nadas/os en 2002 e 2004.
• Xunior F/M: Nadas/os en 2.000 e 2.001.
• Promesa F/M: Nadas/os en 1997, 1998 e 1999.
• Senior F/M: Nadas/os en 1996 e anteriores.
• Veteranos/as M35 – F35: de 35 a 39 anos cumpridos o día da proba.
• Veteranos/as M40 – F40: de 40 a 44 anos cumpridos o día da proba.
• Veteranos/as M45 – F45: de 45 a 49 anos cumpridos o día da proba.
• Veteranos/as M50 – F50: de 50 a 54 anos cumpridos o día da proba.
• Superveteranos/as: ter 55 anos cumpridos o día da proba e posteriores

HORARIOS E DISTANCIAS:
• Prebenxamíns F/M: 10:30 horas - 400 m.
• Benxamín F/M: 10:30 horas - 400 m.
• Alevín F/M: 10:45 horas - 800 m.
• Infantil F/M: 11:00 horas - 2.000 m.
• Cadete F/M: 11:00 horas - 2.000 m.
• Xuvenil F/M: 11:20 horas - 10.000 m.
• Xunior F/M: 11:20 horas - 10.000 m.
• Promesa F/M: 11:20 horas - 10.000 m.
• Senior F/M: 11:20 horas - 10.000 m.
• Veteranos/as M35 – F35: 11:20 horas - 10.000 m.
• Veteranos/as M40 – F40: 11:20 horas - 10.000 m.
• Veteranos/as M45 – F45: 11:20 horas - 10.000 m.
• Veteranos/as M50 – F50: 11:20 horas - 10.000 m.
• Superveteranos/as: 11:20 horas - 10.000 m.
• Chupete F/M: 12:45 horas - 100 m.
*As carreiras terán saída e meta na Rúa da Estación.

INSCRICIÓNS:
As inscricións estarán abertas dende o venres 1 de marzo ás 12:00 horas,
ato o mércores 27 de marzo ás 23:59 a través da web de Emesports (www.emesports.
es). Nas categorías pitufo, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, a
inscrición será gratuita.
Para as categorías participantes na carreira de 10 km a inscrición terá un custo de 5
euros, incluido o aluguer do chip de cronometraxe.
Ante calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición, na web de emesports,
podédesvos dirixir ó 654 285 692 (Eme Sports) ou ao enderezo electrónico soporte@
emesports.es
Todos os participantes que completen a súa inscrición terán dereito á bolsa de corredor,
cunha gorra e unha toalla de microfibra.
* A inscrición estará limitada a 1.000 participantes.
* As inscricións sen datos obrigatorios ou fóra do prazo fixado, tanto para a
proba de 10 Km como as carreiras curtas, non serán admitidas.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS:
A retirada de dorsais e chips, levarase a cabo no Auditorio Municipal de Catoira o
sábado 30 de marzo dende ás 10:00 ata ás 13:00 horas, e o día da proba dende as
9:00 h. ata 30 minutos antes do comezo da carreira. Será obrigatorio presentar o
DNI para a súa retirada. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais
nin chips fóra dese prazo.
Os participantes das categorias escolares, ( pitufo, prebenxamín, benxamín, alevín,
infantil e cadete) tamén poderán recoller o seu dorsal no mesmo posto.

PREMIOS:
-Medallas para os participantes nas categorias: pitufo, prebenxamín, benxamín, alevín,
infantil e cadete.
- Trofeos para os 3 primeiros/as clasificados/as en tódalas categorías.
- Trofeos para os 3 primeiros/as da clasificación xeral (10 Km).
- Trofeo para o primeiro/a atleta de Catoira da categoría xeral (10 Km)
-Non haberá premios económicos.
- *Os trofeos non serán acumulativos.


PERCORRIDO:
As carreiras das categorías inferiores Terán lugar nun circuito pola propia
Rúa da Estación.
Na categoría absoluta, a saída e a meta estará colocada na Rúa da Estación.

DEREITOS DE IMAXE:
O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación
co evento no que se subscribe. Coa firma de inscrición o participante admite
que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera
formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet,
caretas, medios de comunicación etc.).
Todos os dereitos de imaxe, pertencen á organización ou ornanizador (Concello
de Catoira).

REGULAMENTO
1. O Concello de Catoira será o organizador da V Carreira Popular “Romaría
Vikinga 10K” de Catoira.
2.O Concello de Catoira, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se
fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos
ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros
que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo
ou outra mutualidade.
3. Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e
regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
4.O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
5. Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización, estando
prohibido cortalos ou dobralos. O número debe quedar en todo momento
ben visible.
6.Na carreira de 10 Km utilizarase un chip como xeito de cronometraxe electrónica,
da empresa Emesports. Este entregaráselle ao corredor, xunto co dorsal antes do
comezo da proba. O chip hai que colocalo na zapatilla, enganchándoo co
cordón. Se o chip vai colocado noutro sitio córrese o risco de que non funcione
correctamente. Ao rematar a carreira hai que quitalo e entregarllo aos encargados
de recoller os chips (na mesa de entrega de dorsais ou a chegada na linea de
meta onde se colocarán unhas caixas para a súa recollida).
¡É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP!
7. Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sen dorsal
ou a xuízo da organización cometa algunha irregularidade, será desqualificado
8.A saída da 1ª carreira será a partir das 10:30 h para as categorías inferiores e as
11:20 h para a categoría absoluta. A última carreira será a categoría Pitufo ás
12:45 h.
9.Os participantes deberán situarse na contorna saída 10 minutos antes do comezo
de cada proba.
10.Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado cada km e contará cun avituallamento
no punto intermedio.
11.A organización contará coa axuda dos organismos oficiais municipais competentes
que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido.
12.Un coche irá pechando a carreira, facendo funcións de "coche escoba" .
13.O acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou por vehículos
non autorizados será motivo de descalificación.
14.O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 1 hora e 15 minutos despois
de que se dea a saída.
15.As inscricións realizaranse nos lugares que se indican nas bases xerais e dentro
dos prazos sinalados. Todo aquel que non se axuste a estas indicacións non poderá
participar na proba.
16.Os trofeos non serán acumulativos.
17.A entrega de trofeos está prevista para as 13:15 h. no Auditorio de Catoira.
18.Os corredores poderán utilizar o pavillón municipal para asearse e ducharse
despois da carreira.
19.Ante calquera circunstancia non comentada nestas bases e regulamento, a organización
tomará as decisións oportunas.
20.Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais público que
presencie a proba, un comportamento exemplar cara aos compañeiros, público,
organización e a proba en xeral.
21.A organización resérvase todos os dereitos de imaxe desta proba.